TEO – XORNADA DE FORMACION SOBRE VIOLENCIA DE XENERO PARA A POLICIA LOCAL

PERSOAL DA POLICÍA LOCAL RECIBE UNHA XORNADA DE FORMACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

· Persoal do Equipo de muller e menor da Garda Civil trasladáronse ó Concello esta mañá para este taller

· Trátase dunha das iniciativas derivadas da constitución da Xunta Local de Seguridade o pasado mes de marzo

29 de abril de 2011. Esta mañá realizouse no Concello unha xornada de formación sobre a violencia de xénero e o seu tratamento por parte das forzas de seguridade dirixido ó persoal da Policía Local de Teo. Persoal do Equipo de muller e menor da Comandancia da Garda Civil da Coruña desplazáronse á Ramallosa para abordar esta cuestión. TEO - FORMACION POLICIA LOCAL

Neste taller, que durou toda a mañá, tamén partiparon persoal do Centro de Información á Muller –CIM- e dos Servizos Sociais Comunitarios, xa que o atallo da problemática da violencia sexista ten que vir a través da coordinación entre os diferentes servizos e corpos de seguridade implicados, ó tratarse dunha problemática transversal.

Esta iniciativa é un dos primeiras actividades despois da creación da Xunta Local de Seguridade o pasado mes de marzo, na que se apostou por tratar o tema da violencia de xénero como prioritario.

O persoal do Equipo de Muller e Menor –EMUME- foi o encargado de explicar cuestións prácticas sobre as órdenes de protección, a realización de dilixencias nos casos de violencia de xénero, os protocolos habituais, ou as características do sistema Viogen, unha plataforma na que está volcada a informacións sobre vítimas e agresores de casos de violencia de xénero de toda España e unha das ferramentas fundamentais para as forzas de seguridade nesta materia.

Ningún comentario: