MELIDE – OBRAS DE SANEAMENTO

As obras que o Concello de Melide está executando na parroquia de San Salvador para despregar a rede de abastecemento de augas van a bo ritmo e agárdase que poidan estar rematadas nos primeiros meses do verán.

O Concello de Melide deseñou un proxecto que permitirá solucionar os graves problemas de abastecemento de auga que se dan tanto na parroquia de San Salvador como nalgún núcleo da de Furelos. Así, ao remate das obras, seis lugares de San Salvador (O Feal, Andeán, Eirexe, Goxán pequeno e Goxán grande e Candieira) e Petos en Furelos, contarán cun novo sistema de canalización de auga nun treito total de máis de catro mil metros.

O concelleiro de Medio ambiente, Manuel Prado, achegouse á zona para coñecer o avance das obras, que tiñan un prazo de execución previsto de tres meses. Prado quixo destacar que “este goberno está realizando un importante esforzo en proxectos de infraestrutura básica, como as redes de saneamento ou de abastecemento de augas, que eran unha das principais eivas deste concello hai catro anos”.

Nestes momentos, o equipo de goberno está a piques de adxudicar o abastecemento de aguas a Vitiriz, e a rede de saneamento a Zaramil.

Melide ultima as obras da traída de auga na parroquia de San Salvador

· A nova rede de abastecemento dará servizo a sete lugares, e conta cun presuposto de 110.000 €

Ningún comentario: