PSOE O PINO – PRIMERAS DECLARACIONES DA CANDIDATA

Begoña Pampin mostrase moi contenta por ser a primeira muller candidata a alcaldesa no concello de O Pino

 

“Estou moi contenta de que os meus compañeiros me elixiran candidata. Primeiro, porque é a primeira vez que en O Pino se presenta unha muller como cabeza de cartel e, segundo, porque representoa un gran equipo, mestura de compañeiros que xa estaban con outras incorporacións de xente nova.

Despois doutros catro anos baixo o mandato do grupo popular con Manuel Taboada á fronte observamos que todo segue igual e incluso peor, pois o inmobilismo e a compracencia invadiron a Casa do Concello. Proba palpable disto é o feito de que só se publicara unha edición da revista que dende o Goberno Local crearan para enxalzar os méritos propios e que en teoría sairía cada tres meses.

No ano 2007, Taboada sacou un manifesto en prensa onde lanzaba doce compromisos electorais. Pois ben, o resultado é revelador: cumpriu dous, outros dous están incompletos e eludiu oito promesas. Das que non cumpriudestacan dúas:a consecucióndo pleno emprego en O Pino e o remate da construción do Polígono Industrial. A este último respecto asáltanos unha dúbida a maiores: seMartinsa-Fadesa non pode executar as obrasdebido ás dificultades económico-financeiras que atravesa, por que non se lle rescinde o contrato e se buscan alternativas?

Por outra banda, unha mostra do atraso que sofre o noso Concello atopa un dos seus maiores exemplos no feito de que aínda non exista rede de internet en dez das trece parroquias.

Un dos compromisos que levou a bo termo foi o da construción do Polideportivo. Iso si: grazasao plan do Goberno Central. Porén, non está rematado aínda.Esa é a única razón que atopamos ao feito de que non estea aberto ao público.Como estas, poderíamosenunciarmáis diferenzas nos servizos mínimos con respecto a concellos limítrofes.

Para o meu grupo, o noso marabilloso Concello ofrece un feixe de posibilidades -non podemos esquecernos de que o Pino está na entrada de Santiago- e, sen embargo, a nosa poboación vai diminuíndo de forma vertixinosa cada ano. Para atallar esta problemáticas, dende a Agrupación Socialista comprometémonoscun programa realista e queremos que a xente participe. Todas as veciñas e veciños deben confiar en que se pode sacar adiante sen ningún tipo de dúbida. En síntese:

- Rendibilizar os ingresos correntes facendo un axuste orzamentario referido principalmente ás dedicacións exclusivas -actualmente catro-,coche oficial, persoal en exceso,etc.

- Desenvolvemento dos servizos básicos, centro de día para os nosos maiores, biblioteca para os nenos, envorcarnos coa educación colaborando estreitamente coCPI Camiño de Santiago, etc.

- Acceso as novas tecnoloxías. O obxectivo é que todos os veciños de O Pino teñan internet no seu fogar. Somos o primeiro grupo do Concello con presenza nas redes sociais (Facebook e Twitter).

- Promoción económica e do emprego, con iniciativas reais e eficaces que nos permitan aproveitar o gran potencial de O Pino.

Cremos necesaria a colaboración cos concellos limítrofes, impulsando o turismo e aproveitando o potencial que ofrece o Camiño de Santiago, dada a proximidade do noso Concello con Santiago de Compostela.

Aproveito estas liñas para agradecera todas as veciñas e veciños de O Pino a súa confianza.Elaboramos un programa con moitas e importantes innovacións e nos comprometemos a levalo a cabo. Seao cabo de catro anos non cumprimos, está nas vosas mans despedirnos.

Grazas e un agarimoso saúdo para todos.”

 

Ningún comentario: