BRION – CHARLA SOBRE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

O CENTRO SOCIAL POLIVALENTE ACOLLE ESTE

LUNS UNHA CHARLA SOBRE CÓMO CONSEGUIR O

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE SOCIOSANITARIO

23 de abril de 2011. O centro social polivalente de Brión acollerá este luns 25 de abril, ás 20:30 horas, unha charla informativa sobre como conseguir o certificado de profesionalidade sociosanitario. Trátase dun certificado que dende xaneiro deste ano é preciso ter para a atención sociosanitaria a persoas no domicilio e que, a partir de xaneiro de 2015, tamén será esixido para a atención a dependentes no fogar.

Durante a charla, os poñentes explicarán os requisitos para solicitar estes certificados, os lugares e prazos para presentar a documentación precisa e os puntos de información dispoñibles para as persoas interesadas en conseguilo. Ademais, respostarán ás dúbidas dos veciños e veciñas de Brión. A charla terá lugar ás 20:30 horas no centro social polivalente de Pedrouzos e a entrada é totalmente libre e gratuíta

Ningún comentario: