BNG ORDES – LEGALIDADE DOS DEBATES ELECTORAIS

O BNG DEMOSTRA QUE OS DEBATES ELECTORAIS NA RADIO DURANTE A CAMPAÑA ELECTORAL SON LEGAIS

Os nacionalistas agardan que unha vez resolta esta dúbida, o alcalde acepte celebrar os debates

Ramiro Recouso Liste, responsábel local do BNG de Ordes afirmou que “ao contrario do manifestado polo alcalde no Pleno celebrado este martes, a realización de debates na Radio Municipal é totalmente legal e está amparada tanto pola lei electoral como polas instruccións da xunta electoral”

O nacionalista esgrimiu que a Instrucción 4/2011, da Xunta Electoral Central, de 24 de marzo de 2011, regula a realización de debates polos medios públicos, posibilidade contemplada na lexislación electoral.

En concreto, Ramiro Recouso afirmou que a Instrucción da XEC contempla a posibilidade de que “os medios públicos incluan debates, entrevistas e programas específicos de naturaleza electoral durante a campaña”.

Ramiro Recouso afirmou que “unha vez resolta esta dúbida legal, que era a única razón que alegou o alcalde para rexeitar a realización dos debates, agardamos que o alcalde acepte a proposta do BNG para a organización de dous debates durante a campaña electoral, xa que consideramos que os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público”.

O responsábel local do BNG afirmou que “o BNG propón que estes dous debates sexan abertos e públicos, permitindo o acceso dos veciños e veciñas de Ordes aos mesmos”.

Finalmente, Recouso anunciou que o candidato do BNG á alcaldía ordense, Gonzalo Castro, “participará en todos os debates que se organicen, para explicar aos veciños e veciñas de Ordes o proxecto de goberno que ten o BNG para o noso concello”.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Ningún comentario: