PP MELIDE – DEBEDA DO CONCELLO

O PP informa de que os datos da Conta Xeral do 2010 arroxan que o Concello ten un débeda de preto de 4 millóns de euros

· Ánxeles Vázquez afirma que ó longo do 2010 por parte de intervención se realizaron 78 informes de reparo

· O PP considera inadmisible que a carga financeira por habitante se multiplicara por catro

Melide, 28 de abril de 2010. A voceira popular do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, informa de que os datos que se desprenden da Conta Xeral de 2010, que serán debatidos o vindeiro seis de maio na comisión especial de contas, fixan unha débeda de 3.890.295,39 euros. Para os populares, Cea non debe escudarse máis en mentiras e en intentar terxiversar a verdadeira realidade económica do concello e ínstaa a que dea explicacións públicas de inmediato. Neste senso, Vázquez informa de que, tras comproba-los informes de Intervención, o concello ten sen recoñecer, con data 31 de decembro de 2010, 1.398.091, 31 euros, ós que hai que engadir 2.492.204,08 euros en préstamos bancarios.

A voceira do PP afirma que dos indicadores dados pola intervención municipal despréndese que para salva-la débeda actual cada habitante de Melide tería que aportar preto de 500 euros, e é que tal e como lamenta Vázquez é inadmisible que a carga financeira por habitante se multiplicara por catro. Os populares subliñan importancia de reorganiza-la economía así como da parte administrativa ó non ser posible que se acumulen nun mesmo período de ata 78 informes de reparo por parte do departamento de intervención.

Ningún comentario: