O PSdeG-PSOE de Ames presenta a súa candidatura para as eleccións municipais cunha cea mitín
O PSdeG-PSOE de Ames presenta publicamente mañá, sábado día 30 de abril, a candidatura para as vindeiras eleccións do 22 de maio cunha cea-mitin no pavillón municipal de Bertamiráns a partir das 21.00 horas.
O acto contará coa participación do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e do Secretario Xeral o PSdeG-PSOE, Manuel Pachi Vázquez, ademáis da intervención do alcalde e candidato á reelección, Carlos Fernández, que pechará as intervencións.
A continuación os participantes no mitin compartirán unha cea de confraternidade con militantes e simpatizantes dos socialistas de Ames, estando previsto rematar cun baile amenizado por un grupo musical. O custe do prato é de 20€ e a retirada de tickets pódese facer de 17:00h. a 19:00h. nas sedes electorais de O Milladoiro e Bertamiráns.
Técnicos “de elite” se incorporan á lista para coordinar os asuntos clave do goberno si os socialistas acadan a confianza do electorado
A concelleira responsable de Economía e Facenda e Xuventude pasa do sétimo ao segundo lugar da lista por dúas circunstancias explicadas por Fernández. En primeiro lugar o abandono da vida política activa do histórico concelleiro José Varela, que presta o seu nome para a suplencia, onde os socialistas soen render homenaxe aos seus militantes sobranceiros. Con él irán tamén na lista de honra Francisco Villaverde Marcos e Úrsula Seijas. O segundo motivo que sitúa a Conde nunha futura tenencia de alcaldía é o recoñecemento ao “peso levado neste mandato, onde tivo que facer un enorme esforzo na área económica”, recoñece o alcalde, e porque “fortalece a idea de continuidade”.
Conde será unha das tres mulleres nos primeiros cinco postos dos socialistas.
O número tres é para Sandra Dios, que leva cinco anos na dirección da escola infantil A Madalena de O Milladoiro. É coordinadora de Educación do concello xunto con outra compañeira dende hai ano e medio e sería a responsable deste área nun hipotético goberno municipal.
Lidia Rey está no cuarto posto e representa ao sector do comercio e a promoción económica. Fundadora da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, ACB, é outra cara nova na foto fixa da proposta de Goberno municipal..
No quinto lugar aparece unha novidade vinculada ao deporte,. Alejandro Parada, coordenador da área deportiva do Bertamiráns CF.
No sexto posto atópase José Miñones que recibe un impulso cara arriba na lista socialista. Vinculado co movemento veciñal en Aldea Nova, este profesor universitario ocupouse das áreas de Reforma Administrativa, Calidade na Administración e Sanidade.
Francisco Doval ven para encargarse de Cultura e Patrimonio Histórico. Arqueólogo e Director do Museo do Forno do Forte (Buño) é vicesecretario xeral da Agrupación Local dos socialistas de Ames.
Isabel González é unha persoa moi recoñecida no eido do Benestar Social e Igualdade. Sería a súa terceira presenza na Corporación Local.
Leonardo Pena, vinculado aos servizos sociais a través da coordinación do Servizo de Atención ao Migrante (SAMI), “supón un reforzo importante” nunha área que o goberno de Fernández ven mimando desde a súa orixe. Ocupa o posto dez.
Con anterioridade, no número nove, vai Carmen Fraga, que se incorporara ao goberno local a mediados de lexislatura para ocuparse de Relacións Parroquiais.
A maioría absoluta chegaría coa consecución dos once concelleiros. Neste posto atópase José Pazos, veciño da Ameixenda e representante das parroquias de menor tamaño.
Aínda que causaron sorpresa moitas das incorporacions anunciadas polo candidato socialista á reelección, quizá unha das máis aplaudida foi a incorporación da moza de 20 anos, Isabel Botana Zapata, veciña de Castiñeiro do Lobo e Premio Extraordinario de Esforzo e Superación da ESO da Xunta de Galicia.
A novidade da lista do PSdeG reside no propio xeito da súa confección, procurando reflectir na candidatura a realidade dun concello emerxente como é o de Ames. Carlos Fernández apostou por combinar un certo grao de continuidade con novas incorporacións que contribúen a renovar a ilusión e, deste xeito, consolidar un esqueleto de grupo municipal que garante a continuidade na xestión.
Como criterios de confección da candidatura, sinalou a necesidade de “adaptarse á necesidade sociolóxica específica de Ames”, con dous núcleos urbanos importantes e un unha poboación que maioritariamente traballa fora do concello e que, en moitos casos, só se vincula a el por determinados servizos que lles resultan de utilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario