O partido popular de Boqueixón está a ultimar as propostas electorais coas Adolfo Gacio tentará repetir o seu mandato á fronte do Concello de Boqueixón.
Unha das novidades da lista deste ano é Antonio González, empresario da parroquia de Oural e que entra na lista no número tres. Precisamente Antonio González xunto co equipo da parroquia de Oural, os actuais concelleiros Adela Redondo e José María Fernandez, veñen de presentarlle ó candidato do PP as propostas que como representantes de Oural recollen para a súa parroquia.
Dentro do documento presentado hai dúas importantes propostas, por unha banda a solicitude da construción dun tanatorio municipal na localidade de Camporrapado, un equipamento moi demandado pola poboación de Boqueixón e se realizaría aproveitando os terreos municipais no entorno da casa da cultura.
A outra proposta do equipo de Oural é a creación dun P.A.I. un Punto de Atención a Infancia no lugar de Camporrapado. Este equipamento educativo ten como función o coidado e o inicio da educación dos rapaces de entre 0 a 3 anos, ampliando así as praza de educación inicial do concello e facilitándolle o acceso a este equipamento ós habitantes da zona sur do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario