BNG AMES – APARCADOIRO MILLADOIRO

Olalla Alvite: “Co proxecto do aparcamento no Milladoiro, o alcalde deixa claro que a súa estratexia é vender no último minuto o que non ten”

O BNG denuncia que o problema da falta de aparcamento só se converte en urxente polas presas electoralistas

Ames (26.04.11) O BNG lembra que durante esta lexislatura “foron moitas as propostas que fixemos para dotar de prazas de aparcamento ao Milladoiro”, sen embargo, “o goberno local parece que só se da conta desta necesidade a un mes das eleccións”. O alcalde Carlos Fernández “deixa clara cal é a súa estratexia: vender no último minuto o que non se ten. Agora o proxecto dun aparcadoiro no Milladoiro: unha iniciativa útil, sobre todo, para facer que se fai sen facer nada”.

A concelleira do BNG, Olalla Alvite descata que “ao longo da lexislatura foron moitas as solucións propostas polo Bloque: propuxemos a habilitación como aparcamento provisional da parcela situada frente ao Centro de Saúde, así como as parcelas baleiras do S-14, propuxemos xestións para ter acceso ao aparcamento do Supercor, demandamos a axilización da urbanización da Rúa Abaixo que contempla a dotación de 47 prazas, entre outras”.

Sen embargo, “as nosas iniciativas foron sistematicamente aparcadas polo alcalde, o probema non é novo, só cando lle entran as presas electoralistas, a carencia de prazas de aparcamento no núcleo urbano máis grande do Concello pasa a ser urxente e prioritaria”.

Cando comezaron as obras de reurbanización da rúa Anxeriz, “advertimos que este proxecto xunto coa da rúa Travesa suporía a eliminación de 108 prazas de aparcamento no centro do Milladoiro, no seu momento, o BNG insistiu na necesidade de habilitar novas zonas para non prexudicar ao pequeno comercio”, sen embargo non se fixo nada nestes catro anos. “O alcalde agarda a que se pite o final do partido para amagar cun proxecto que chega tarde, mal e arrastro, sen credibilidade”.

Sen embargo, para o BNG “o máis grave non é que o alcalde non teña escoitado as nosas reiteradas propostas, o especialmente grave é que fai caso omiso das necesidades dos cidadáns até que o seu capricho lle indica que é o momento atendelas”

Ningún comentario: