PP ARZUA – UN FALLO XUDICIAL CONFIRMA QUE XAQUIN GARCIA NON SE PODE PRESENTAR COMO CANDIDATO

Un novo fallo xudicial confirma que Xaquín García non poderá presentarse como candidato ás Eleccións do 22 de maio

· Os populares esixen ós máximos dirixentes do BNG que expliquen por qué pretendían “colar ós veciños, pola porta de atrás” un candidato que non pode ser elixido porque está inhabilitado por non cumprir unha sentencia

Arzúa, 28 de abril de 2011. O PP informa que o Xulgado Contencioso Administrativo Nº1 de Santiago confirma que o actual alcalde de Arzúa non poderá presentarse como candidato por estar condenado a unha pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público. O PP destaca que o xulgado rexeitou os dous recursos interpostos polo actual rexedor de Arzúa, Xaquín García e o presentado polo BNG.

Os populares recalcan que, unha vez máis, a Xustiza confirma a decisión da Xunta Electoral que determinou que non poder se-lo candidato nacionalista polo que instan ao BNG a deixar de “buscar xustificacións e escusas ante o feito de que o candidato que pretendían levar en Arzúa, o actual rexedor, está condenado e non pode ser elixido mentres non teña cumprido integramente o seu período de inhabilitación”. Neste senso, os populares remarcan que non é o PP, senón un xuíz quen inhabilita ó actual alcalde de Arzúa.

O PP considera que agora, os máximos dirixentes dos BNG, teñen a obriga de explicar ós veciños de Arzúa por qué pretendían levar un candidato inelixible, condenado por unha sentencia. Neste senso, os populares recalcan que foi o recurso interposto polo PP na Xunta Electoral o que destapou este intento de colar a tódolos cidadáns, pola porta de atrás como candidato ó actual alcalde a pesar de que a nova Lei Electoral recollía expresamente que persoas inhabilitadas, como é este caso, non poden ser candidatos. Para o PP é moi grave este intento do BNG de manter a alcaldía en Arzúa a calquera prezo, incumprindo de forma tan evidente a Lei.

O PP lembra que no artigo 6.2 da LOREX (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral) figura que todos aqueles condenados por sentencia, anque esta non sexa firme, por delictos contra a Administración Pública, son inelixibles. Os populares recordan que ese é o caso do actual alcalde de Arzúa porque a sentencia non foi cumprida. Os populares recordan que a Xunta Electoral Central xa ten precisado que, salvo que a pena fose integramente cumprida, non cabe que unha persoa que estea incursa en causa de inelixibilidade poida presentarse como candidato. Así, no Acordo da Xunta Electoral Central de 4 de febreiro de 1999 recóllese que: “A persoa á que condena a sentencia podería ser candidato se o día da presentación da candidatura tivera cumprido integramente as penas de prisión e de inhabilitación que lle impón a sentencia”.

Ningún comentario: