FRADES – VIAXE A BRACALANDIA

UN TOTAL DE 55 VECIÑOS E VECIÑAS DE FRADES VIAXARON ATA O PARQUE DE ATRACCIÓNS BRACALANDIA (PORTUGAL)
25 de abril de 2011.- Un total de 55 veciños e veciñas de Frades participaron este Xoves Santo nunha viaxe organizada polo Concello de Frades ao parque de atraccións Bracalandia (en Penafiel, Portugal). Unha viaxe na que participaron dende cativos de dous anos ata numerosos adultos, pois os menores de 14 anos tiñan que ir acompañados por un adulto. Iso motivou que na viaxe participaran moitas familias de Frades.
A expedición partiu de Frades ás 6:45 horas do Xoves Santo e regresou a iso das 22:30 horas. O tempo non acompañou á ida, pero a expedición disfrutou dunha boa tarde no parque de atracción luso, onde tivo lugar o xantar (que corría por conta do viaxeiro). O Concello de Frades subvencionou a viaxe dos menores de 5 anos, que non tiveron que pagar nada, e ofreceu importantes descontos para as familias numerosas. Así, os prezos de 12 euros (de 5 a 12 anos) e 15 euros (maiores de 12 anos), reducíanse a 8 euros (no caso do segundo irmán) e a 6 euros (terceiro irmán e sucesivos). Ademais, seguindo a súa política de incentivar o empadroamento no municipio, os veciños non empadroados tiveron que aboar unha cuota única de 25 euros.
Durante a tarde, os fradenses tiveron ocasión de disfrutar das distintas atraccións destes parque, dende as máis tradicionais (noria, coches de choque, elefantes voadores ou a mina encantada) ata zonas temáticas adicadas ao Antigo Oeste (onde puideron pintarse de indios e subir ao tren), aos piratas (onde puideron subirse a un antigo galeón ou facer un itinerario en canoas) ou aos dinosaurios (que chamaron a atención dos máis pequenos).
Próxima viaxe
Para o vindeiro sábado 30 de abril o Concello de Frades ten programada unha nova viaxe, nesta ocasión para coñecer Santa Tegra (na Guarda) e a vila de Fortaleza (Portugal). Ata o 20 Os interesados en participar deben dirixirse ao Concello de Frades ou ben ao teléfono 981 695 567. O prezo é de 3 euros, no caso das persoas empadronadas, e 5 euros para os non empadroados.
FRADES BRACALANDIA 1

Ningún comentario: