A Casa das Crechas presenta a programación para o mes de abril

Xa está aquí a programación dun abril bastante brasileiro, con concertos dos cantantes Kleber Albuquerque, que comeza a súa primeira xira por Europa, e Leo Minax, un cantautor brazuca residente en Madrid. 

Tamén o grupo folc Coanhadeira presentará aquí o seu último disco, ‘Bicos con luvas’, e regresan todos os mércores as foliadas coa Banda das Crechas, e todos os domingos o jazz de Sumrrá. E a cita cos libros e cos viños galegos apadriñados por Vide, Vide. 

PROGRAMACIÓN DO MES DE ABRIL 2016

Sábado 2 21h 5€ 

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Domingos 3, 10, 17 e 24 20h 3€

DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ

O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.

Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

Martes 5 21h 

CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS

Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.

Mércores 6, 13, 20 e 27 22.30h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 7 ás 21h 5€

COANHADEIRA

Concerto presentación de ‘Bicos con luvas’. 

Nalgúns lugares da Galiza, as coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Con esta idea xorde Coanhadeira no ano 2006, unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).

Xoves 21 21h 6€

LEO MINAX + CONVIDADOS

Este artista brasileiro presenta o seu último traballo, ‘Lo que no estaba escrito’, o sétimo publicado en España por este músico inquedo que ten colaborado con moitos artistas ao longo da súa carreira. Presentará as súas cancións en formato acústico (voz e guitarra), tal e como foron concebidas. Subirán ao escenario con el Fred Martins e Narf.

Ningún comentario: