A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela informa aos mozos e mozas da súa demarcación sobre as posibilidades que ofrece un convenio de colaboración asinado entre a Fundación Incyde e a Fundación Advanced Leadership para a realización de prácticas profesionais en Estados Unidos a través do programa Iniciativa de Liderazgo Incyde.
O programa ten como obxecto contribuír ao enrequecimento profesional e cultural da mocidade ofrecéndolle a posibilidade de realizar prácticas profesionais nalgunhas das máis prestixiosas empresas e institucións, tanto públicas como privadas, con sede en Washington D.C., entre as que destacan Coca Cola, Cisco Systems, Microsoft, Congreso dos Estados Unidos ou no FMI.
A iniciativa ofrece a mozos e mozas recén licenciados ou estudantes de últimos cursos universitarios, menores de 29 anos e cun alto nivel de inglés, todas as ferramentas necesarias para desenvolver habilidades e conexións corporativas que lles permitirá manter unha vantaxe competitiva. As prácticas realizaranse durante un período de cinco meses. A data límite para a presentación de solicitudes será o 25 de abril ás 13:00 horas.
Os participantes na Iniciativa de Liderazgo Incyde aloxaranse en pisos situados no centro de Washington D.C. As residencias sitúanse en NoMa, un distrito moderno preto do Capitolio estadounidense. Vivirán en pisos de 90 metros cadrados completamente amueblados e con todos os servizos necesarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario