Desde o 1 de abril elimínanse as prazas de ORA da rúa García Blanco

En execución do acordo da Xunta de Goberno Local de 26 de febreiro de 2016, o 1 de abril farase efectiva a supresión de 18 prazas de aparcamento da ORA na rúa García Blanco.


A decisión responde a razóns de seguridade viaria, posto que os coches estacionados obrigaban aos vehículos dos Bombeiros a subir á beirarrúa esquerda da rúa para poder circular. O mesmo tiñan que facer os furgóns, os camións do lixo e outros vehículos de grandes dimensións.

Ningún comentario: