Os benxamíns do Xuventude Oroso campións do Isal Cup 2016

Concello de Oroso felicita aos rapaces do Xuventude Oroso benxamín, que veñen de proclamarse campións do Isla Cup 2016, un prestixioso torneo nacional de fúbol 7 que se disputou durante a pasada Semana Santa na localidade de Isla (Cantabria). O equipo orosán amosou unha gran superioridade sobre os seus rivais, gañando os seus 8 partidos e copando tamén os premios individuais ao mellor xogador (Mario Prado) e ao mellor porteiro (Yeray Vázquez).


O Xuventude Oroso participou canda outros 27 equipos de toda España (Cantabria, Vizcaya, Madrid, Valladolid, Salamanca, Palencia, Guipúzcoa, A Coruña, Álava e Navarra) neste torneo cántabro, celebrado do 24 ao 27 de marzo. Así, na liguiña da primeira fase derrotaron ao CD Solokoetxe (2-1), ao CD Amistad Sniace (2-0) e ao CD Galdakao (2-0). Na segunda fase, fixeron o propio co CD Mergar Camelot (1-0), o Busturia KT (5-1) e o CD Parquesol (3-0).

Nas semifinais, os benxamíns orosáns derrotaron pola mínima ao Colegio Vallmont (1-0) e venceron na final ao equipo local do Basander por 2 goles a 1. Deste modo, os orosáns gañaron todos os partidos, sendo o equipo máis goleador (19 tantos) e o menos goleado (3 goles).

Ningún comentario: