O BNG de A Baña vén de presentar no concello dúas mocións a través das que demanda –nun caso- que “non” se esixa a veciños e veciñas que fosen obxecto da regularización catastral, os importes do IBI máis os intereses de demora que se deixasen de ingresar pola edificación agora regularizada durante os exercicios non prescritos (2012-2015).
O BNG de A Baña lembra que Ministerio de Facenda impulsou o denominado Procedemento de Regulación Catastral 2013-2016 que establece un proceso de regularización, no caso de que existan inmóbeis e alteracións construtivas realizadas sen declarar ao catastro, co pago dunha taxa de 60€ por cada inmóbel urbano ou parcela que se inscriba.
Esta regulación implicará ademais un aumento do valor catastral do inmóbel revisado e incrementará a base impoñíbel de tributos como o IBI. Xunto a isto, o concello poderá esixir calcular de novo a cota a pagar polo IBI dos últimos catro anos e reclamar a diferenza resultante cos correspondentes intereses de demora.
Diante disto desde o BNG de A Baña presenta unha moción na que demanda do concello que non esixa a veciños/as que fosen obxecto da regularización catastral, os importes do IBI máis os intereses de demora que se deixasen de ingresar pola edificación agora regularizada durante os exercicios non prescritos.
O BNG Pide tamén que se modifique a ordenanza reguladora do IBI, para que teña vixencia en 2016 e a revisión do tipo de gravame municipal a aplicar no IBI rebaixando, con carácter xeral, os tipos aplicados entre os anos 2012-2015 pola aplicación da normativa básica estatal imposta polo goberno central.
De forma específica, solicitase que se introduzan bonificacións dirixidas a persoas e familias con ingresos e rendas baixas, para adaptalo ás posibilidades e necesidades que teñen os veciños e veciñas de A Baña e aqueles que teñen unha actividade agrícola e/ou gandeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario