A Fundación Eugenio Granell realiza hoxe o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, na Alameda de Santiago de Compostela ás 11.30 horas.
Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.
Para a realización do acto contaremos, como tódolos anos, coa colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
No acto intervirán Branca Novoneyra, Concelleira responsable de acción cultural con competencias en cultura, Mercedes Rosón, membro do Padroado da Fundación Eugenio Granell, Antonio González Millán, Director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, e Xoan Xosé Fernández Abella, escritor e amigo do Museo Valle-Inclán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario