Paco X Ames - Moción sobre o transporte metropolitano

Pacto X Ames presentou unha iniciativa para o pleno de febreiro encamiñada a mellorar o transporte metropolitano. O voceiro dos independentes Ramón García Argibay sinalou que “este servizo non tivo unha evolución de acorde cos tempos, non se realizaron as melloras que a todos nos gustaría e non se está prestando un bo servizo, tanto no seu funcionamento, como en información, o servizo non está en concordancia coa poboación usuaria do mesmo”

Dende a entrada en funcionamento do Transporte Metropolitano observáronse carencias que deberían solucionarse a través da comisión de seguimento, cuestións como a ausencia de información ao usuario son aspectos que deberían estar xa en funcionamento.

A páxina web ten moito que desexar. A información que aporta é difícil de buscar, escasa e non está na liña dun portal web moderno, non está preparado para utilizar coas novas tecnoloxías móbiles, non é accesible e carece de información práctica e útil.

Dende Pacto X Ames fan especial fincapé á grave falla de información aos usuarios nas paradas, carecen de total información en canto á frecuencia dos horarios, aos posibles retrasos ou incidencias acaecidas, e limítanse a ser un lugar de espera onde as veces a paciencia convértese na mellor aliada.

Outro aspecto importante que destacan dende Pacto X Ames é que esquécese das persoas con mobilidade reducida xa que non se aporta ningunha información específica. De igual xeito, a web do concello, tampouco é un exemplo de información cara o usuario do Transporte Metropolitano.

Na moción faise referencia á conveniencia de potenciar o transporte público xa que redundaría tamén na mellora do medio ambiente e sería unha medida para loitar contra o cambio climático.

O número de usuarios de Ames que utilizaron o transporte metropolitano superou o millón de pasaxeiros nos últimos 3 anos. Cuestión indicativa que de destinar máis recursos, o número de pasaxeiros crecería aínda máis.

Como consecuencia do anterior, a achega que fai Ames e de 118.000€ no 2015, a máis cuantiosa de todos os concellos e polo tanto, as persoas que utilizan este servizo merecen un trato máis eficaz, un trato que mitigue as graves eivas, xa que estes cartos saen dos orzamentos municipais e polo tanto de todas as persoas que vivimos en Ames.

O que somete Pacto X Ames para a aprobación no vindeiro pleno do mes de febreiro é:

Instar a Xunta de Galicia a reunir á Comisión de Seguimento do Plan do Transporte Metropolitano de Santiago co fin de estudar, como mínimo as seguintes cuestións:

a.       Iniciar un plan progresivo de instalación de paneis informativos nas paradas de tal xeito que se vaian cubrindo en primeiro lugar as de maior recollida de pasaxeiros, co obxectivo de que se poida ver, en tempo real  as rutas e o tempo aproximado de espera, así como calquera outra información ou incidencia que sexa de interese para os usuarios.
b.      Confeccionar un portal web onde se poidan consultar todos os horarios, as liñas existentes e as rutas que fan os autobuses.
c.       Confeccionar dentro dese portal web, un sistema informativo en tempo real e adaptado a dispositivos móbiles,  co fin de que os usuarios poidan consultar os horarios, por onde discorre o autobús e o tempo estimado de espera  á parada onde se pretende subir ao autobús.
d.      Facilitar información axeitada para as persoas con mobilidade reducida, previa consulta cos colectivos implicados.

2.       Instar ao Concello de Ames a Reunir o grupo de traballo creado en maio de 2015 conformado polos concello de Ames, Brión, Teo e a Xunta de Galicia para analizar de forma específica as melloras a implantar para:
a.       Mellorar as frecuencias
b.      Ampliar os horario nocturno tanto en horario laborable como en fins de semana.
c.       Resolver as carencias de transporte que hai entre os núcleos de Milladoiro e Bertamiráns e a súa zona de influencia.

d.      A posibilidade de Implantar novas liñas como por exemplo unha directa ao Pol. Do Tambre e Costa Vella.

Ningún comentario: