O último ano foi moi convulso para moitos traballadores e traballadoras de Ordes. Empregados da empresa téxtil Deus sofren atrasos no pagamento das súas nóminas, numerosos traballadores de Viriato tiveron que enfrontarse a un ERE, os traballadores de POMPRE seguen a día de hoxe coa súa longa loita.
O último caso é o dos traballadores da empresa Transportes Pellejero e Hijos SL, expostos á perda de 68 postos de traballo e a un empeoramento das condicións laborais e salariais.
Desde o BNG de Ordes, transmitimos o noso apoio a tódolos traballadores e traballadoras na súa loita, especialmente aos das empresas Deus, Viriato, POMPRE e Transportes Pellejero e Hijos SL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario