APIT - Celebración do Día Inernacional do Guía de Turismo

Con motivo da Celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o vindeiro 21 de febreiro a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT) organiza unha serie de visitas gratuítas en varias cidades de Galicia. Este día, que se celebra dende o ano 1990 en todo o mundo pretende por un lado recordar a importante labor que desempeñan os Guías de Turismo como parte fundamental do sector turístico e por outra banda potenciar e dignificar o recoñecemento que merece esta profesión regulada pola lexislación vixente.

As visitas terán lugar nos seguintes lugares e horarios:

Santiago de Compostela - (visita á Cidade histórica) 12:00h. Saída da Praza das Praterías
A Coruña - ( visita á Cidade Vella) 12:00h. Saída da Praza de María Pita
Ferrol - ( Ruta do Modernismo) 12:00h. Saída da Oficina de Turismo do Porto de Curuxeiras
Ourense - ( Visita nocturna) 20:00h Saída da Oficina Municipal de turismo ( Xardíns do Padre Feijoo)

Non é preciso facer reserva previa, grupos de ata 50 participantes irán saíndo de cada un dos puntos de encontro acompañados de diferentes guías especializados de Galicia que lle mostrarán os encantos das mencionadas cidades.
Tras cada visita solicitarase un donativo que irá integramente destinado ás Cociñas Económicas de cada unha das localidades, en recoñecemento da importante labor que desenvolven.

Ningún comentario: