O Consello de Goberno da USC deu o seu visto bo ao nomeamento de CrispianScully, Enric Trillas, Giorgio Franceschetti e Jean-Michel Uhaldeborde como doutores honoris causa pola USC. A concesión desta mención honorífica terá agora que ser ratificada polo Claustro universitario.
Médico, bioquímico e odontólogo, CrispianScullyé unha das persoas máis cualificadas e de maior prestixio mundial no ámbito da odontoloxía en pacientes especiais e da medicina oral. Propostopolo Departamento de Estomatoloxía da USC, destaca a súa xestión á fronte do Eastman Dental Institute, a única institución de Europa dedicada á investigación e docencia exclusivamente para posgraduados, que converteu nun centro internacional de excelencia investigadora.
Pola súa banda, o matemático e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia ArtificialEnric Trillas, investigador emérito do European Centre for SoftComputing, é propostopolo Departamento de Electrónica e Computación“pola súa indubidable valía científica e docente e a súa constante dispoñibilidade a colaborar coa USC en todas cantas iniciativas se lle teñen proposto”.
Se o Claustro así o aproba, o profesor da Universidade de Nápoles (Italia)GiorgioFranceschetti será tamén nomeado honoris causa, neste caso a proposta do departamento de Física Aplicada. Autoridade recoñecida internacionalmente no campo da teoría electromagnética básica e aplicada, a relación do profesor italiano coa USC comezou nos anos 90 cunha estreita colaboración co grupo de Sistemas Radiantes co que traballa en grupos de investigación de carácter nacional eautonómico.
O catedrático de Economía da Université de Pau et des Pays de l’Adour (Francia)Jean-MichelUhaldeborde é proposto polo Departamento de Economía Aplicada da USC, co que iniciou nos anos 80 unha relación investigadora coa USC, concretamente coa sección de Facenda Pública. O profesor francés é especialista no campo da economía e as políticas públicas, particularmente nas que se refiren ao desenvolvemento local e o seu financiamento, sendo considerado hoxe unha referencia europea na materia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario