A cantautora alemá afincada en Asturias, Fee Reega, e o grupo power-pop Thee Operatorsserán dous dos protagonistas do festival Primos Hermanos, que terá lugar este sábado 20 de febreiro en Santiago de Compostela.
O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, completa o seu cartel conformado exclusivamente por artistas asturianos coa participación da banda soul-rock Autotan, o grupo de garage Bobkat'65, e o cabaré vangardista de Rodrigo Cuevas.
Todas as actuacións se distribuirán nos locais composteláns do Embora (Rodrigo Cuevas), a Casa das Crechas (Autotan e Fee Reega) e o Cachán Clube (Bobkat'65 eThee Operators). Tamén se celebrará un xantar de confraternidade galego-asturiana no restaurante Resas.
Os abonos para poder asistir a todos os concertos xa están esgotados dende fai máis de un mes, pero ainda hai dispoñibles entradas soltas para os concertos no Cachán Clube. Picanesta ligazón para mercalos.
Do mesmo xeito, as reservas para o xantar de irmandamento no Restaurante Resas están esgotadas, pero ainda te podes apuntar ao duelo de Cantigas vs Tonadas que hai preparado para a sobremesa, no que aprendices de trobadores, xograres frustrados e tenores tabernarios están convocados a participar. Ben a valente título individual, ou protexido dentro dun confortable grupo, podes apuntarte a través desta ligazón.
O festival terá unha segunda cita o próximo 5 de marzo en Oviedo que, nesta ocasión, estará protagonizada por artistas e grupos galegos. En concreto, desprazaranse á comunidade veciña diola, Os amigos dos músicos, Músculo!, Malandrómeda e Lengorón. Na capital ovetense contarase coa colaboración dos locais La Lata de Zinc e La Salvaje e as entradas ou abonos pódense mercar aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario