BNG Oroso - O BNG consegue o compromiso para a pasarela CEIP Sigüeiro - Pavillón Juanito Amigo

O BNG de Oroso condicionou o apoio aos orzamentos á que o Alcalde asumira os seguintes compromisos.

1º.- Construción dunha pasarela entre o CEIP Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo.

2º.- Peche da pista cuberta do CEIP Oroso para convertelo nun pavillón.

Desde o BNG de Oroso somos conscientes que ambas obras non corresponderían ao Concello, pero a veciñanza, e sobre todo as nosas crianzas non poden esperar máis, e precisan solucións XA!

O alcalde veu como positivas as nosas peticións e só lle pediu ao Concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pérez Penas, que lle deixara pelexalas coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e de non facelas a mesma, o Concello realizaría as citadas obras.

Desde o BNG entendemos e compartimos a petición pero estaremos vixilantes para que os compromisos acadados se cumpran nesta lexislatura e non aceptaremos ningunha desculpa.

Recordamos, pola parte das inversións, que hai dúas rúas, Cultura e Deportes, que non teñen beirarrúas en parte do seu trazado, e que estaría ben darlle solución.

Solicitamos tamén que todos os gastos do Concello superiores a 1.200 euros foran publicados na web do Concello, petición á que non tivemos resposta.

Os orzamentos son, no seu conxunto, continuistas e aceptábeis, non somos un Concello excesivamente endebedado e agrádanos que en vez de amortizar débeda se dediquen recursos á veciñanza, pola nosa parte faríamos un maior esforzo en canto á emerxencia social.

Ningún comentario: