A Concellería de Cultura de Silleda vén de programar a primeira das charlas dentro do Programa Avelaíña, a iniciativa dirixida ao público infantil do municipio. Será o sábado día 27 deste mes baixo o lema ‘O que come hoxe determinará o seu futuro’. Clara Torres Campos, Lcda. Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e asesora nutricional será a encargada de impartir esta actividade.
A charla celebrarase na Casa da Xuventude de Silleda ás 11:00 h, cunha duración de hora e media. Esta actividade está dirixida principalmente aos país e nais, así como a educadores/as, aínda que tamén pode asistir calquera persoa interesada.
É gratuito e para asistir hai que anotarse chamando ao Concello de Silleda (986 580000) ou ben na propia Casa da Xuventude.
Abordaranse varios temas relacionados coa alimentación de nenos e nenas de 0 a 7 anos. De feito, a charla constará de cinco bloques que se corresponden cos seguintes temas: ‘Alimentación do neno escolar’, ‘a importancia do almorzo’, ‘merendas saudables’, ‘o problema do azucre invisible e como resolvelo’, e outro bloque denominado ‘os pais, o cole e o entorno’.
Charla sobre Primeiros Auxilios, a seguinte cita
Dende a Concellería de Cultura xa se está a programar a seguinte charla informativa do programa, unha actividade sobre Primeiros Auxilios en idade infantil que se celebrará en Bandeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario