O luns 10 de novembro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, a conferencia «Crise do Xornalismo e novos formatos», que estará impartida por D. Jesús Maraña, Director de Infolibre e ex-Director do diarioPúblico.
Jesús Maraña Marcos é Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Iniciou a sú andadura profesional no diario Informaciones de Madrid e máis tarde pasou a traballar como reporteiro no Diario Ya. Continuou en distintas revistas e semanarios dende 1985 no Grupo Zeta como redactor da Revista Tiempo e cofundador da Revista Tribuna en 1988. O seu regreso ao xornalismo diario produciuse en 1995 no diario El Mundo como redactor xefe. En 1999 incorporouse a Interviú, sendo nomeado director da publicación. En 2002 asumiu a dirección do conxunto das revistas do Grupo Zeta e dende 2005 fíxose cargo da dirección da revista Tiempo de Hoy. Dende 2007 foi subdirector do xornal Público ata 2010, ano en que se converte en director tras o nomeamento como Secretario de Estado de Comunicación de Félix Monteira, anterior director. Maraña foi Director de Público ata que deixou de publicarse en papel no ano 2012. Noutros medios de comunicación destaca a súa incursión tanto en radio como en televisión en varias etapas. A primeira, ao principio da súa carreira, en Televisión Española no programa “Si yo fuera presidente” e máis tarde no programa “Hora Cero” en Antena 3 con Jesús Hermida. A segunda etapa, en novembro de 2001, participando na tertulia da emisora Onda Cero “La Brújula”. Dende 2005 participa asiduamente nas tertulias políticas “Madrid opina” de Telemadrid e “Al rojo vivo” de La Sexta e ten participado nos programas de RTVE “Los desayunos de TVE”, “59 segundos” e “En días como hoy” en Radio Nacional de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario