Pacto por Ames alégrase de que Santiago Amor rectifique e traslade a ministra de fomento a nosa proposta do túnel do Milladoiro a pesar de cualificala como extemporánea no pleno de maio tal e como reflicta a acta “eu coincido ao mellor en que esta moción é un pouco extemporánea”.
Xa son moitas as veces que o goberno do PP retrasa as propostas de PxA e logo as publica como súas.
Pacto por Ames tamén pídelle aos socialistas de Ames que deixen de xogar a dúas bandas con un tema vital para a seguridade e a socialización das persoas do Milladoiro e non fagan propostas de cara a galería.
Chama a atención que despois de 6 meses de aprobar a moción presentada polos concelleiros de PxA onde o voceiro do PP cualificou esta iniciativa como “Eu creo que tal como se plantea a moción tamén considero que é extemporánea.” Tal e como figura na acta plenaria de maio. Agora esa mesma proposta é defendida ante a ministra de fomento como unha “necesidade imperiosa” polo mesmo goberno que a cualificaba de extemporánea cando a presentaron os concelleiros de PxA en sede plenaria fai xa 6 meses e con tempo suficiente para que o estudo fora incluído nos orzamentos do estado que unha vez máis, volven a esquecerse de Ames e non destinan a nosa localidade nin un só euro.
Dende PxA consideramos que non é suficiente un contacto esporádico coa ministra para entregarlle unha iniciativa tan importante para o Milladoiro si o obxectivo é unicamente saír na foto, o verdadeira importancia está no traballo de despacho para fixar orzamentos e prazos para que esta iniciativa se faga realidade, cuestión esta que non se resolve nunha conversa de un minuto nun acto protocolario.
Xa son moitas as veces que o goberno do PP retrasa as propostas de PxA e logo as publica como súas. Así aconteceu co curso de monitor de fútbol base ou co plan sectorial ou coa iniciativa para rebaixar o IBI etc. Dende PxA alegrámonos que as nosas propostas se teñan en conta porque demostra que a política en positivo redunda en beneficio das persoas que vivimos en Ames.
De igual xeito, PxA pídenlle aos socialistas de Ames que deixen de xogar a dúas bandas cun tema tan importante para O Milladoiro. Chama a atención que no pleno de maio tamén cualificaron a moción de PxA dun xeito similar, cando manifestaron textualmente tal e como figura na acta do pleno de maio que “nós o que creemos é que é unha moción un pouco feita de cara a galería, é unha moción mais para saír nos medios” e 5 meses despois da proposta de PxA, en concreto o 21 outubro os socialistas apresuráronse a copiar a moción de PxA e presentar unhas preguntas e unha emenda no congreso, a todas luces insuficientes, e para pasar o trámite, demostrando que as súas propostas son de cara a galería e a rebufo das propostas que presentan os concelleiros de PxA, do mesmo xeito que fixeron co centro de saúde do Milladoiro, o paseo fluvial de Bertamiráns ou as carencias do rural ou o cemiterio, entre outras. A bagaxe dos socialistas de Ames en canto as propostas para o noso concello tanto no Congreso como no Parlamento de Galicia son simbólicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario