As obras finalistas do certame Xuventude Crea 2014 na modalidade de artes plásticas, que convoca a Consellaría de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, exporanse ata o 15 de decembro na Igrexa da Universidade. A mostra inaugúrase este xoves 13 ás 11.30 horas nun acto no que participan o reitor da USC, Juan Viaño, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.
Nesta ocasión, das 70 obras presentadas seleccionáronse para a final un total de 23 (5 na modalidade de escultura, 8 na de fotografía e 10 na de pintura). Ademais expóñense os nove traballos presentados na especialidade de carteis, dedicada á Conmemoración dos 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Todas as obras pertencen a artistas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30.
A exposición poderá visitarse de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario