Casa das Crechas - Concerto de Caxade

Mañá xoves a Casa das Crechas acolle un concerto de Caxade, o novo proxecto persoal de Alonso Caxade, a última revelación da música galega, que foi finalista dos Premios Galegos da Música 2013 e Premio Música Xove 2012, ademais de nominado aos Premios Opinión 2013. 

Trátase de folc-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela cun discurso metafórico e reivindicativo

cun arrecendo de surrealismo posmodernista que encaixa coas demandas da sociedade actual. 

CAXADE é neste momento unha banda musical, mais naceu no último trimestre do ano 2012 como un proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das vídeo-creacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo

Seoane, Íria Pinheiro e Tânia Ameneiro), un universo surreal de personaxes creados polo propio autor.

Foi nominado aos "Premios Mestre Mateo", aos "Premios Opinión", aos "Premios Galegos da Música" e gañou o "Certame Música Xove". A finais novembro de 2013 editou no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro traballo discográfico "A Dança dos Moscas".

Caxade son: 
Alonso Caxade, voz e acordeón
Manuel Paino, trompeta e carillón
Manuel Espiño, bombardino
Xosé Tunhas, batería

Ningún comentario: