Pacto X Ames - Proposta de sanción económica para a empresa das escolas deportivas

Unha sanción de 4.500 Euros á empresa concesionaria das escolas deportivas municipais do concello de Ames, é a proposta derivada das numerosas irregularidades cometidas consecuencia da falla de criterio político.

O responsable do contrato a efectos de imposición de penalidades, e a Secretaría Xeral, avalan a proposta de imposición dos 4.500 euros a Eulen que ten 15 días hábiles para alegar. Unha vez máis, volve a quedar patente a ineficacia e a falta de traballo do goberno popular.

Tal e como reflicte a Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 6 de novembro no punto oitavo. “Proposta de imposición de penalidades á empresa adxudicataria do servizo de escolas deportivas municipais do concello de Ames”proponse unha sanción de 4.500 euros a Eulen polos incumprimentos acreditados de contrato.

O informe de Secretaría Xeral con data 31 de outubro de 2014 considera que “si ben no hai causa de resolución do contrato, si hai causa para imposición de penalidades”. Esta penalización non poderá superar o 10% do presuposto do contrato. Agora a empresa dispón de 15 días hábiles para presentar alegacións.

Tres meses sen o coordinador deportivo establecido en contrato, actividades de ballet que tiveron que ser suspendidas no Milladoiro, o incumprimento na realización dos partes mensuais de actividades, a ausencia de enquisas de satisfacción do servizo, en definitiva, incumprimentos reiterados do estipulado no contrato que xa foran denunciados por Pacto xAmes e o resto da oposición tanto publicamente como en comisións informativas, volven a deixar en evidencia ao goberno de Santiago Amor que negou en reiteradas ocasións que houbera algún tipo de problema nas escolas deportivas.

Despois de que o 24 de xullo de 2014 se presentaran as conclusión na reunión da comisión informativa sobre as escolas deportivas, o tempo volve demostrar a ineficacia e a falta de traballo do goberno de Ames que provoca constantes distorsións nas actividades de Ames, esta vez polo tema das escolas deportivas.

Ningún comentario: