Amosando publicacións coa etiqueta FEDERACION DE BANDAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FEDERACION DE BANDAS. Amosar todas as publicacións

Federación de Bandas - A Banda de Silleda gaña na sección primeira do IX Certame Galego

A Banda de Música Municipal de Silleda proclamouse gañadora da sección primeira (bandas de máis de 70 músicos) do IX Certame Galego de Bandas de Música. Mentres que pola mañá, a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumiaimpúxose na sección segunda (bandas de 51 a 70 compoñentes).O evento foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP), co apoio económico da Conselleiría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de AGADIC, no Auditorio de Galicia. ABanda de Música Municipal de Silleda, dirixida por Rafa Agulló venceu na sección primeira con437 puntos. O segundo posto foi para aBanda da Escola Municipal de Música de Oleiros, con 432 puntos, e o terceiro para a Banda de Música Municipal de Valga, con 384 puntos. que ademais foi recoñecida co premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega. 

Pola súa banda, a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, baixo a batuta de Víctor Manuel Fernández, resultou gañadora, este mediodía, na sección segunda tras acadar 406 puntos, en segunda posición rematou a Banda de Música Xuvenil de Barro con 401 puntos e en terceira a Banda de Música de Vilatuxe con 368 puntos, fora do podio quedou a Banda Municipal de Música de Outeiro-Rábade-Bergonte, que sen embargo foi recoñecida co premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega. Na sección primeira, a gañadora será recompensada con 2000 €, a segunda clasificada recibirá 1200 € e a terceira 700€. Mentres que na sección segunda os premios ascenden a 1800 € para a banda vencedora, 1100 € para a segunda e 600 € para a terceira.Os premios á interpretación dunha obra de temática galega, con utilización de recursos musicais propios de Galiciaestán dotados con 1000 € na sección primeira e 800 € na sección segunda.

O xurado internacional composto por Franco Cesarini, Juan Durán e Andrés Valero-Castells, anunciou o seu veredicto ás 21 h. tras valorar afinación, planos sonoros, calidade sonora,técnica, dinámicas, articulación, musicalidade e interpretación xeral da obra, de cada unha das bandas participantes. As 7 bandas interpretaron un pasodobre (non competitivo), unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio:Esbozos Sinfónicos de X. Carlos Seráns para as da sección primeira, e Noite de defuntos de Antón Alcalde para as da segunda. A obra libre defendida pola Banda de Música Municipal de Silleda foi Symphony Nº6, de Andrew Boysen Jr., e o pasodobre Enrique López, de Antón Alcalde. Mentres que a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia optou pola obraAngels in the Architecture de Frank Ticheli, e o pasodobre Bagaxes, de Carlos Rodríguez Torres.

Por outra banda, o xurado internacional tamen outorgou os premios do VIII Concurso Galego de Composición. O premio de composición na Sección Terceira foi para ‘Olimpo dos Celtas’ de Santiago Barreira, na Segunda para ‘As lúas’ de Juan Pérez, e na Primeira, foi declarado deserto, habendo únicamente un finalista. As dúas composicións gañadoras serán as obras obrigadas das seccións terceira e segunda o vindeiro ano, no X Certame Galego de Bandas de Música.

Acto de clausura

Ao rematar o Certame fíxose entrega dos premios ás bandas galardoadas. Durante este acto estiveron presentes o presidente da FGBMP, Armando Morales, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, Román Rodríguez,conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o secretario xeral de Política Lingüística,Valentín García, e o Director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil. Na súa intervención, Morales, agradeceu o apoio das institucións e sobre todo de AGADIC. Rodríguez, pola súa banda, destacou que “temos que estar moi orgullosos das nosas bandas” por catro motivos: polo seu nivel musical, pola labor educadora e formativa que fan, en terceiro lugar pola identificación entre as bandas e o seu territorio, e en cuarto lugar os valores que transmiten as bandas aos mozos. En último lugar, Noriega, destacou que o Certame permite as bandas rendir contas do bo traballo feito ao longo do ano, e deu as “grazas por facer música popular” ás bandas participantes.

Dende a FGBMP retransmitíronse as dúas xornadas de competición a través de streaming e das redes sociais, nas que centos de cidadáns compartiron o seu amor pola música galega. Péchase así un Certame que por noveno ano consecutivo achegou a música á cidadanía e renovou o seu compromiso coa cultura galega e coa formación de novos músicos.

Federación de Bandas - IX Certame Galego de Bandas de Música

Na noite de onte a Banda de Música Municipal de Padrónproclamouse gañadora da sección terceira do IX Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP) co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de AGADIC no Auditorio de Galicia. A Banda de Música Municipal de Padrón, dirixida por Braulio Cao venceu na sección terceira (bandas con ata 50 músicos) con412 puntos, en segundo lugar quedou a Banda de Música do Municipio de Arbo con 369 puntos, e completou o podio a Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia con 361 puntos. As outras bandas que deleitaron ao numeroso público asistente forona Banda de Música Xuvenil de Torroso (premio á mellor interpretación dunha obra de temática ou autoría galega) e a Banda de Música Popular de Moaña “Airiños do Morrazo”.O primeiro premio está dotado con 1200 €, o segundo con 800 € e o terceiro con 500 €.

O xurado internacional composto porFranco Cesarini, Juan Durán e Andrés Valero-Castells, anunciou o seu veredicto ás 20:30 h. tras valorar afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes. As cinco bandas interpretaron un pasodobre, unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio,Como unha espada, de Manuel Mª Veiga. A obra libre defendida pola Banda de Música Municipal de Padrón foi Armenian Dances, de Alfred Reed,e o pasodobre,Enrique Melio, de Simón Couceiro. 

O segundo día de competición

Hoxe continuará a competición coas catro bandas que participarán na sección segunda (de 51 a 70 músicos) e máis coas tres que o farán na primeira (bandas con máis de 71 compoñentes). A xornada arrancará ás 10.30 h. coas bandas da Sección Segunda.En primeiro lugar actuará a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, seguida pola Banda de Música de Vilatuxe (11.20 h.), a Banda de Música Xuvenil de Barro (12.10 h.), e pechando a sección, a Banda de Música Municipal de Outeiro, Rábade & Begonte ás 13.00 h. Pola súa banda, a competición na sección primeira comezará ás 16.30 h. coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga, continuará coa participación da Banda de Música Municipal de Silleda (17.30 h.) e rematará coa presencia na Sala Brage da Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros, ás 18.30 h. A partir das 19:45 h. terá lugar o acto de clausura do Certame.

Toda a xornada foi retransmitida polas redes sociais, nas que centos de persoas participaron activamente ao longo de todo o día, facilitando que todo aquel que non puidera achegarse ata o Auditorio de Galicia estivera plenamente informado. A FGBMP renova así un ano máis o seu compromiso coa cultura galega.

Federación de Bandas - Concerto este domingo en Compostela da Banda Sinfónica da Federación

Ciclo "Música no Camiño"
O ciclo de concertos "Música no Camiño" é posible grazas ao convenio da Federación Galega de Bandas de Música Populares coa Axencia de Turismo de Galicia para facer visible o traballo e calidade das bandas de música galegas entre os peregrinos que visitan a cidade de Compostela. Este ciclo está composto por 24 concertos de bandas de música populares galegas realizados os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro ás 13.00 na Praza da Inmaculada.

Para iniciar este segundo ciclo, programouse a actuación da Banda Sinfónica da Federación cun concerto este domingo día 30 de agosto ás 20.00 h. na Praza da Quintana

Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) creou no ano 2000 o proxecto dunha gran agrupación bandística que representase artisticamente á entidade, e pola que levan pasado centos de músicos ao longo destes anos. A Banda Sinfónica da Federación Galega está formada por músicos de diferentes bandas de música federadas cun vínculo común: o amor pola música, a ilusión e o altruísmo.

No concerto deste domingo actuará unha plantilla duns 70 compoñentes, cunha media de idade de 23 anos. Para preparar a actuación, a banda realizará un encontro nas intalacións do Auditorio de Galicia, con ensaios sábado e domingo.

O programa a interpretar está formado íntegramente por obras compostas por Xosé Carlos Seráns, director actual da Banda Sinfónica, e que nesta actuación pecha un ciclo de dez anos como director da banda. Neste concerto terá lugar tamén a estrea do pasodobre "Angrois" de Xosé Carlos Seráns.

Xosé Carlos Seráns - Director da Banda Sinfónica da FGBMP
Tuba na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, foi director titular da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela de 2009 a 2013. É impulsor de numerosos proxectos: Escola de Música Municipal de Catoira, Cuarteto de Tubas Euphonium, Grupo de Metais de Galicia, Solfa, Asociación Cultural-Musical, Musigalizando, campamento musical.

É autor de numerosas obras e arranxos orquestrais para banda de música e diversos grupos instrumentais, entre os que cabe salientar as súas composicións para coro e banda de música sobre poemas de destacados poetas galegosasí como adaptacións para banda sinfónica e coro e realiza numerosas estreas de composicións propias e de compositores galegos.

Forma parte dos xurados de diferentes certames de bandas e consursos de composición. Está en posesión do título de Dirección de Orquestra polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Federación de Bandas - Comeza en Santiago Música no Camiño

A Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Axencia de Turismo de Galicia colaboran a través dun convenio para a realización dun ciclo de actuacións de bandas de música populares na Praza da Inmaculada en Santiago de Compostela durante os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro.

Estes concertos constituirán un agradecemento aos numerosos peregrinos que veñen a Santiago de Compostela como etapa final do Camiño e con isto contribuirán tamén á divulgación, defensa e promoción das Bandas de Música Populares Galegas; e supón unha continuación do proxecto iniciado en anos pasados.

O horario de actuación será unha vez rematada a Misa do Peregrino, comezando ás 13.00 h. aproximadamente e dunha duración estimada de sesenta minutos. As bandas interpretarán como mínimo a metade do seu programa con obras de autoría ou temática galega.

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) é unha unidade asociativa creada en 1985 para dar resposta ás necesidades comúns das bandas galegas. En torno a ela concéntranse 88 bandas populares e máis de 5900 músicos federados.

A FGBMP actúa como centro para o desenvolvemento e administración de información, promoción educativa e divulgativa da labor das bandas, así como de organización de cursos, festivais, certames ou intercambios entre bandas de características similares, tanto galegas coma estranxeiras.

Este domingo día 5 de abril o primeiro concerto deste ciclo correrá a cargo da Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales. Poden obter máis información sobre a banda neste enlace.

Federación de Bandas - gañadores nas sección segunda e primeira do VIII Certame Galego

A Banda de Música Cultural de Teo gaña na sección primeira, e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo na sección segunda do VIII Certame Galego de Bandas de Música

- Na sección primeira Teo imponse con 281 puntos, mentres que Xinzo acada o primeiro posto na segunda sección con 318 puntos 
A Banda de teo na súa actuación

- Na xornada de onte a Unión Musical de Cabral vencera na sección terceira

Esta noite a Banda de Música Cultural de Teo e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo proclamáronse gañadoras das seccións primeira (bandas de máis de 70 músicos) e segunda (bandas de 51 a 70 compoñentes), respectivamente, do VIII Certame Galego de Bandas de Música. O evento foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP), co patrocinio de AGADIC, no Auditorio de Galicia. A Banda de Música Cultural de Teo, dirixida por Álvaro Varela venceu na sección primeira con 281 puntos, fronte aos 274 puntos acadados pola outra participante, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, que ademais foi recoñecida co premio á interpretación dunha obra de temática galega. Pola súa banda, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz, resultou gañadora na sección segunda tras acadar 318 puntos, en segunda posición rematou a Banda de Música Municipal de Agolada con 309 puntos e en terceira a Xove Banda de Narón con 299 puntos, fora do podio quedou a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, que sen embargo foi recoñecida co premio de temática galega. Na sección primeira, a gañadora será recompensada con 2000 € e a segunda clasificada recibirá 1200 €. Mentres que na sección segunda os premios ascenden a 1800 € para a banda vencedora, 1100 € para a segunda e 600 € para a terceira. Os premios á interpretación dunha obra de temática galega, con utilización de recursos musicais propios de Galicia están dotados con 1000 € na sección primeira e 800 € na sección segunda.

O xurado composto por Indalecio Fernández Groba, Francisco Ferreira, Sixto Herrero, Rafael Rosell e Xosé Carlos Seráns, anunciou o seu veredicto ás 22.30 h. tras valorar afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes. As 6 bandas interpretaron un pasodobre (non competitivo), unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio: Na Galiza, de Paulino Pereiro para as da sección primeira, e Aires do Norte de Jaime Ismael Enguídanos para as da segunda. A obra libre defendida pola Banda de Música Cultural de Teo foi Libertadores, de Oscar Navarro, e o pasodobre Soñar en Xirimbao, de Ángel Luis Fernández. Mentres que a Banda de Música Xuvenil de Xinzo optou pola obra Terra de Reis de Pere Sanz, e o pasodobre La Paloma del Barrio, de Soutullo e Andreu.

Entrega de premios

Ao rematar o Certame fíxose entrega dos premios ás bandas galardoadas, así como ao compositor galardoado no VII Concurso Galego de Composición. Nesta edición resultou finalista na terceira sección, Manuel María Veiga Lombardía, grazas a súa obra Como unha espada. Durante este acto estiveron presentes o presidente da FGBMP, Armando Morales, o director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, a concelleira de Santiago e senadora, María Jesús Sáinz, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o Director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil. Na súa intervención, Morales, pediu ás institucións que axudaran a facilitar a importantísima labor das bandas, agradeceu o apoio da Xunta de Galicia e sobre todo do AGADIC. Así mesmo, pediu axuda ás institucións para facilitar a xestión das numerosas escolas de música que hai en Galicia e continuidade para o Certame a longo prazo. Sáinz, pola súa banda, destacou que “en Galicia temos grandes bandas, porque temos grandes pobos”. E en último lugar, Valentín García, animou aos pais dos músicos, para que seguiran impulsando a formación musical.

Dende a FGBMP retransmitíronse as dúas xornadas de competición a través das redes sociais, nas que centos de cidadáns compartiron o seu amor pola música galega. Péchase así un Certame que por oitavo ano consecutivo achegou a música á cidadanía e renovou o seu compromiso coa cultura galega e coa formación de novos músicos.

Federación de Bandas - A Unión Musical de Cabral vence na sección terceira do VIII Certame Galego de Bandas de Música

- Cabral imponse con 275 puntos, mentres que en segunda posición rematou a Banda de Música Municipal de Silleda e en terceira a Banda da Escola de Música de Rianxo 

- Centos de galegos encheron Sala Brage do Auditorio de Galicia ao longo da xornada

Esta noite a Unión Musical de Cabral proclamouse gañadora da sección terceira do VIII Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP) co patrocinio de AGADIC no Auditorio de Galicia. A Unión Musical de Cabral, dirixida por Eduardo González López venceu na sección terceira (bandas con ata 50 músicos) con 275 puntos, en segundo lugar quedou a Banda de Música Municipal de Silleda con 271 puntos, e completou o podio a Banda da Escola de Música de Rianxo con 259 puntos. As outras bandas que deleitaron ao numeroso público asistente foron a Banda de Música A Lira de Ribadavia e a Banda de Música de Solfa. O primeiro premio está dotado con 1200 €, o segundo con 800 € e o terceiro con 500 €.

O xurado composto por Indalecio Fernández Groba, Francisco Ferreira, Sixto Herrero, Rafael Rosell e Xosé Carlos Seráns, anunciou o seu veredicto ás 21.00 h. tras valorar afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes. As cinco bandas interpretaron un pasodobre, unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio, Festa na Tolda de Gustavo Freire. A obra libre defendida pola Unión Musical de Cabral foi 200. Tercera Suite para Banda, de Victoriano Valencia, e o pasodobre Bagaxes, de Carlos Rodríguez Torres. 

Mañá continuará a competición coas catro bandas que participarán na sección segunda (de 51 a 70 músicos) e máis coas dúas que o farán na primeira (bandas con máis de 71 compoñentes). A xornada arrancará ás 16.30 h. coa actuación da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, en segundo lugar actuará a Banda de Música Xuvenil de Xinco (17.20 h.), en terceiro a Xove Banda de Narón (18.10 h.), e en cuarto a Banda de Música Municipal de Agolada (19.00 h.). Mentres que ás 20.05 h. será o turno das bandas da sección primeira, comezando a Banda de Música Cultural de Teo e pechando a competición a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis ás 21.05 h.. O veredicto do xurado darase a coñecer ás 22.30 h. durante o acto de clausura, no que se fará entrega dos premios do Certame así como o do VII Concurso de Composición.

Toda a xornada foi retransmitida polas redes sociais, nas que centos de persoas participaron activamente ao longo de todo o día, facilitando que todo aquel que non puidera achegarse ata o Auditorio de Galicia estivera plenamente informado. A FGBMP renova así un ano máis o seu compromiso coa cultura galega, e a función do Certame de Bandas como punto de encontro entre, en palabras do presidente da FGBMP, Armando Morales, “diversas xeracións de músicos” e cidadáns.

Federación de Bandas - VIII Certame galego en Santiago



- O Certame divídese en tres seccións competitivas en función do número de membros das bandas, a terceira celebrarase o sábado, mentres que a primeira e a segunda terán lugar o domingo

- Máis de 500 músicos de toda Galicia encherán durante dous intensos días o auditorio de Galicia

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza por oitavo ano consecutivo, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela hoxe, sábado 15, e o domingo 16.

O Certame reunirá a 11 bandas de música, escollidas por sorteo, que competirán entre si en tres seccións, cinco bandas na terceira, catro na segunda e dúas na primeira, en función do número de músicos que as conforman. A terceira sección está formada por bandas con ata 50 músicos, a segunda por bandas de entre 51 e 70 e a primeira por aquelas bandas que contan con máis de 71 membros. 

As 11 bandas tocarán unha obra de elección libre, un pasodobre e unha obra de carácter obrigatorio, Na Galiza de Paulino Pereiro para as bandas da primeira sección, Aires do Norte de Jaime Ismael Enguídanos para as da segunda e Festa na Tolda de Gustavo Freire para as da sección terceira. As 11 actuacións serán valoradas por un xurado composto por cinco profesionais de contrastada traxectoria no mundo da música popular que determinará o podio en cada unha das seccións. O xurado valorará afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes, tanto na obra de carácter obrigatorio como na libre, dando a coñecer o seu veredicto nas seccións terceira e segunda ao rematar a xornada do sábado e o da primeira ao remate da competición o domingo.



Horarios e participantes

O Certame comezará o sábado ás 17 h. coa actuación da primeira participante da sección terceira, Banda de Música Municipal de Silleda, á cal seguirá a Banda de Música A Lira de Ribadavia (17.40 h.), a Banda da Escola de Música de Rianxo (18.20 h.), a Unión Musical de Cabral (19.00 h.) e en último lugar participará a Banda Asociación Cultural e Musical Solfa xa ás 19.40 h. En torno ás 20.30 h. darse a coñecer o veredicto do xurado.

Xa o domingo, o concurso na sección segunda comezará ás 16.30 h. coa actuación da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, seguida pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo (17.20 h.), a Xove Banda de Narón (18.10 h.), e pechando a sección, a Banda de Música Municipal de Agolada ás 19.00 h. A competición na sección primeira, comezará ás 20.05 h. coa actuación da Banda de Música Cultural de Teo e rematará coa presencia na Sala Brage da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, ás 21.05 h. A partir das 22.30 h. terá lugar o acto de clausura no que se dará a coñecer o veredicto do xurado. Ademáis faranse entrega dos premios do Certame así como os do VII Concurso Galego de Composición. No tocante a este último, o presidente da FGBMP, Armando Morales, sostén que é fundamental para a nosa cultura polo “legado artístico-musical” que produce ao fomentar a aparición de novos compositores.



En último lugar, dende a FGBMP lémbrase que se fará unha ampla cobertura de todo o que pase no Certame nas redes sociais para achegar o evento a todas aquelas persoas interesadas que non poidan acudir durante a fin de semana o Auditorio de Galicia.

Federación Galega de Bandas - Campús musical no conservatorio de Santiago

A Federación Galega de Bandas de Música Populares inicia hoxe a sexta edición do seu Campus Musical. Este curso, que é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, xuntará a 120 alumn@s de toda Galicia durante cinco días no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Toda a información do Campus está dispoñible premendo aquí.

As clases impartiranse en horario de mañán e tarde e paralelamente realizaranse outras actividades como un taller de mantemento e reparación básica de clarinete, e aulas extraordinarias de saxo moderno, improvisación, jazz e percusión latina.

Todos os días ao rematar as clases terán lugar concertos gratuitos abertos ao público en xeral no Auditorio do CMUS (ver folleto publicitario adxunto).

As especialidades que se imparten e os profesores son: clarinete (Luis Miguel Méndez e Darío Mariño), composición e dirección(Andrés Valero Castells), contrabaixo ( Risto Vuolanne), fagot (Alex Salgueiro), frauta (Iago Lariño), óboe (David Villa ), percusión (Diego Ventoso), piano acompañante (Juan Manuel Varela Louro), saxofón (Marcos Mariño), trombón (Pétur Eiriksson), trompa (Benjamín Iglesias), trompeta (John Aigi), tuba-bombardino (José Manuel Redondo) e violoncello (Cristina Nogueira). Pode descargar o currículum de cada profesor neste enlace da nosa páxina web.

Federación galega de Bandas - A banda de Salcedo gaña na sección primeira

A Banda de Música de Salcedo gaña na sección primeira do VII Certame Galego de Bandas de Música
- En segundo lugar rematou a Banda de Música de Bandeira, quedando en terceira posición a de Valga
- Na xornada de onte as bandas de Ribadulla e Vilatuxe proclamáranse gañadoras na segunda e terceira sección respectivamente

Federación Galega de Bandas - VII edición do certame galego de bandas en Santiago

O VII Certame Galego de Bandas de Música celebrarase os vindeiros días 16 e 17 en Santiago
- 15 bandas procedentes de toda Galicia competirán dividas en tres seccións 
- Máis dun millar de músicos galegos daranse cita un ano máis no Auditorio de Galicia

Federación deBandas - VI Certame de Bandas no Auditorio de Galicia

A Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza por sexto ano consecutivo o  VI Certame Galego de Bandas de Música celebrarase desde hoxe ata o domingo no Auditorio de Galicia
 No evento participarán 14 bandas e máis de 1000 músicos de toda a Comunidade galega