CIPA Padrón - a CIPA solicitará no pleno bonificacións fiscáis e novas tasas

Eloy Rodríguez Carbia, portavoz do grupo político C.I.Pa, presenta á consideración da Corporación municipal a seguinte MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Considerando o actual estado de crise económica: incremento do paro, recortes nas prestacións de desemprego, diminución de ingresos, perda do poder adquisitivo incremento de prezos, incremento do ive, incremento do IRPF, conxelación salarial, supresión da paga extraordinaria. Medidas todas elas que repercute tan negativamente na maioría das unidades familiares debido aos recortes económicos tomadas polo goberno central e autonómico que agreden sobremaneira o conxunto dos veciños/as. Coa finalidade de evitar que esta situación se traduza nunha maior carga impositiva para os contribuíntes padroneses.

Proponse a adopción do seguinte ACORDO DE RESOLUCIÓN:
Fraccionamento do pago do IBI en tres prazos. 20 %, 30% e 50 % a satisfacer respectivamente o 20 de xullo, 20 de setembro e 20 de novembro, ou o inmediato hábil posterior a estos si fora inhábil. Dito fraccionamento estará exento da prestación de garantías.

Conxelación da base liquidable e do tipo impositivo do IBI sobre os terreos e propiedades de urbana do Concello.

Modificación de ordenanzas fiscais, establecemento de exencións e bonificacións fiscais para as taxas de auga e recollida de lixo en función dos ingresos relacionados no (S.M.I).

.Ingresos anuais inferiores o S.M.I. : 100%. Estarán exentos de pagar auga e recollida de lixo.

. Ingresos anuais, menores ou iguais que 1,05 do S.M.I. : reducción do 75 %. Pagarán o 25 %

. Ingresos anuais menores ou iguais que 1,10 do S.M.I.: redución do 50 %. Pagarán o 50 %.

. Ingresos anuais menores ou iguais que 1,15 do S.M.I.: redución do 25 % . Pagarán o 75 %.

. Conxelación da taxa de mercado de abastos.

Co obxecto de evitar una merma recaudatoria do Concello proponse unha serie de medidas complementarias, destinadas a compensar esta rebaixa.

Taxa aos caixeiros automáticos das entidades bancarias radicadas na Vila.

Taxa ás empresas privadas: telefonía e TV pola instalación de antenas de remisión en todo o termo municipal.

Incremento de taxa por solicitude de licenza urbanísticas: servizos bancarios, telefonía e electricidade.

Taxa por informes de sinistros de tráfico da Policía Local, ás compañías aseguradoras.

Taxa por instalación de vallas publicitarias en terreos privados ou públicos.compensatorias sobre taxas. 

Ningún comentario: