Psoe Teo - o Psoe quere saber que sucederá coa depuradora de Calo

O PsdeG TEO QUERE SABER CAL VAI SER O FUTURO DA DEPURADORA DE CALO
Unha vez que o PSdeG de Teo tivo coñecemento, pola prensa, da sentencia dun Xulgado Contencioso administrativo que condena ao Concello ao pagamento de 184.616 euros polo non pagamento de facturas desde o ano 2003, correspondentes ao funcionamento da EDAR de Calo, a información dada polo equipo de goberno de Martiño Noriega parece cando menosincompleta. 

De aí a necesidade de realizar unha pregunta no Pleno de forma que se explique de forma pública todas as cuestións relacionadas con esta infraestructura.
En primeiro lugar, na nova sinalábase que conforme as declaracións do Alcalde, “ahora le corresponde a los técnicos del Concello comprobar si la cifra que reclama Espina y Delfín se ajusta a los cálculos municipales”. 


Esta afirmación provoca a dúbida de se esa comprobación non debería ter sido feita antes ou durante o procedemento xudicial, a fin de poder presentar as alegacións necesarias durante dito procedemento.
Así mesmo, preguntarase polas posibilidades de actuación, no caso de que dos cálculos municipais –dos que reiteramos a nosa perplexidade polo momento nas que se están a producir- se derive que a cantidade reclamada por Espina y Delfin, SL, e que un Xulgado do Contencioso Administrativo obriga ao Concello de Teo a pagar, non sexa a correcta.

Finalmente, e quizais a cuestión mais relevante, o PSdeG de Teo interesarase polo procedemento de regularización da situación da Depuradora de Calo, que como sinalouse na prensa, atópase nunha situación ilegal desde o ano 2004.
No contrato actual do Concello de Teo coa empresa Aquagest, SA, inclúese a xestión desta EDAR, dando servizo a dous concellos, como o de Teo e de Ames. 

Mentres, na web da Xunta de Galicia, de Augas de Galicia, sinálase que o explotador actual é Espina y Delfín, SL.
A concelleira do PSdeG de Teo, Uxía Lemus, preguntará cómo pensa o equipo de goberno de Martiño Noriega solucionar este tema, se primando a existencia do contrato con Aquagest, SA ou procedendo a unha nova licitación.

E tendo en conta que a EDAR tamén da servizo ao Concello de Ames, o PSdeG pide tamén que se informe sobre a existencia ou non de conversas ou negociacións sobre este tema co Concello de Ames, unha vez coñecida a sentencia xudicial. Polo tanto, unha vez coñecida a existencia dun fallo xudicial, o PSdeG de Teo, con esta iniciativa, busca unha información máis precisa e pública das futuras actuacións do Concello de Teo no funcionamento da EDAR de Calo, de tanta

Ningún comentario: