O TSXG anula o orzamento municipal do ano 2010 ao admitir a trámite o recurso dunha empresa acreedora
Indeza presentou unha demanda porque o documento económico feito polo goberno non adscrito non contemplaba partidas para abonar os 300.000 euros que se lle adeudaban, en virtude dun acordo
-“Aínda que o orzamento está xa executado, este fallo xudicial demostra que aquel orzamento estaba totalmente desvirtuado”, sinala a alcaldesa e responsable de Facenda, Paula Fernández Pena
-A alcaldesa incide en que o anterior goberno coa súa decisión “acabou lamentablemente con todos os esforzos feitos para descontar os inteses”. A débeda corresponde á obra da avenida do Parque, na que os intereses superaban o principal do adeudado
A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de decarar nulo o acordo do Concello de Silleda do 27 de maio de 2010 polo que se aprobou de xeito definitivo o orzamento municipal dese exercicio.
O fallo xudicial chega logo de que a empresa Indeza Edificación y Obra Civil S.L. presentara unha demanda contra o orzamento de 2010 por non incluir crédito suficiente para abonarlle a súa débeda.
“Aínda que o orzamento está xa executado, este fallo xudicial demostra que aquel orzamento estaba totalmente desvirtuado”, sinala a alcaldesa e responsable de Facenda, Paula Fernández Pena, lembrando que no momento da súa aprobación xa advertira ao goberno non adscrito “que o orzamento era un despropósito”. “Ademais de non contemplar partidas para gastos correntes e servizos básicos tampouco se reservaron partidas para pagar acordos contraídos, coma neste caso”, engade.
Segundo recolle a sentenza nos fundamentos xurídicos, o orzamento no seu estado de gasto deben de incluir “coa debida especificación os créditos necesarios para atender o cumprimento das obrigas”.
Os servizos técnicos e xurídicos do Concello xa están a estudar este novo fallo xudicial que impugna o orzamento de 2010, para determinar as consecuencias que pode ter, pese a que o exercicio xa está executado.
Antecedentes e paralización de intereses frustrada
Unha sentenza anterior xa condenou ao Concello a pagar a Indeza, á que se lle debían as obras da avenida do Parque, realizadas a finais dos anos 90. No ano 2008, con Paula Fernández no goberno, firmouse un acordo coa empresa Indeza, o maior acreedor que tiña o Concello de Silleda para zanxar esta débeda histórica, logo da sentenza na que se advertía incluso da posibilidade de embargo de bens municipais. A esta empresa constructora adeudábanselle 855.0000 euros, a maior parte correspondente a intereses de demora. A empresa, co acordo de 2008, renunciou a cobrar parte dos intereses quedando a débeda ao final en 790.000 euros. O acordo establecía que se abonaría a cantidade en varios plazos, logo de pagar unha primeira cantidade importante cunha operación de tesourería.
“A esa situación cegamos pola inoperancia de anteriores gobernos do PP, e como desmostra esta nova sentenza, o executivo de Ofelia Rey volveu botar por terra todo o traballo que fixeramos para conseguir paralizar os intereses”, afirma a alcaldesa.
“Cando se aprobou o orzamento xa denunciamos dende a oposición que se estaban a incumplir acordos moi importantes coma este para zanxar débedas”, sinala Paula Fernández, que advirte que “con aquel convenio conseguimos que se paralizaran intereses, cando agora esta sentenza nos obriga a asumir os 300.000 euros que reclama Indeza máis os intereses xudiciais”, engade.
“O goberno non adscrito de Ofelia Rey e os concelleiros do PP non só non tivo en conta o pago destas cantidades, senon que incumpriron manifestamente o acordo, coma se non existira”, engade “e lamentablemente todos os esforzos realizados.
Por último, Paula Fernández incide en que este fallo xudicial vén “aumentar a lista de despropósitos na xestión económica deste Concello durante os anos de goberno do PP” que “agora nos obrigan aos que temos a responsabilidade de gobernar a tomar medidas drásticas coma o apagado de farolas, recollida no plan de axuste”, remata. “E aínda por riba os responsables da desfeita teñen a cara de criticarnos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario