Noia - Curtacativa chegará a 1000 escolares dentro da XIII Mostra de Curtametraxes

A XIII Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, que se celebrará dende o 26 de novembro ao 2 de decembro retoma a acGvidade tras un ano de parón e volve a ofrecer no seu programa de acGvidades o ciclo de proxeccións CURTACATIVA.Deste xeito e dende o martes 27, durante as mañás, o salón de actos da Sociedade Liceo albergará as proxeccións das curtas animación para todos os colexios e insGtutos de educación secundaria da zona. Ao redor duns 1.000 escolares desfrutarán desta acGvidade paralela ás proxeccións principais do fesval.

Por outra banda, este ano a Mostra contará con outras novidades como:

• PROXECCIÓNS CINEMATOGRÁFICAS: unha maneira de apostar polo cinema galego. Para iso conta con dúas das mais destacadas longametraxes actuais: O Apóstolo que será a encargada de inaugurar a XIII edición hoxe ás 20:30h, e Doentes unha das gañadoras nos Premios Mestre Mateo 2012, que recollerá o tesGgo o martes ás 20:30h. En ambas proxeccións está confirmada a presencia de director e protagonistas e ao rematar as proxeccións haberá un coloquio cos actores e directores dos mesmos.

• APOSTA POLO CINEMA DOCUMENTAL: haberá unha proxección permanente dos traballos realizados polos alumnos do curso DocuNoia 2012 da Fundación OGlia na Casa da Cultura, ademais da proxección da longametraxe documental Nacional VI o mércores ás 20:30h na que estará presente o seu director Pela del Álamo para un coloquio posterior.

• CHARLAS-COLOQUIO: este ano quérese abrir o abano de acGvidades incorporando coloquios sobre temas actuais do audiovisual. O tema elixido son “As Series Web” polo que o xoves 29 contaremos coa presencia dos responsables de dúas das que se están levando a cabo actualmente en Galicia: Angélica e Roberta, que xa vai pola súa segunda tempada; e El Quid que actualmente está en proceso de montaxe.

Ningún comentario: