Ánxeles Vázquez informou aos voceiros da oposición dos motivos polos cales era inviable cubrir as pistas de pádel no Parque Rosalía de Castro.
A alcaldesa de Melide lamenta que o BNG non se alegre da construcción dunhas novas pistas cubertas no Palacio de Congresos e intente contaminar aos veciños de Melide con información contradictoria.
O proxecto redactado polo bipartito melidense para cubrir as pistas de pádel do Parque Rosalía era inviable na área recreativa – deportiva.
A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez lamenta que o BNG melidense non se alegre de crear unha nova infraestructura deportiva en melide e intente lanzar mensaxes contradictorios aos veciños de Melide informándolles erróneamente sobre o proxecto de cubrición das pistas de pádel. O proxecto redactado polo BNG para cubrir as pistas de pádel do parque Rosalía de Castre constaba dunha estructura metálica impropia para a zona debido a que as pistas non foron contruídas co fin de ser cubertas, motivo polo que o plantexamento era inadecuado totalmente e antiestético para un entorno multideportivo e cultural aberto, xa que supoñia insertar unha estructura de 8 metros de altura. Hai que salientar igualmente a desproporción do prezo que suponía poner unha chapa de oito metros de altura con columnas aisladas cuxo custo ascendía a 56.550 €. Por esta razón tómase a determinación de construir as pistas nun lugar cuberto para o axeitado uso polos usuarios durante os meses de climatóloxia adversa. Dita actuación supón a construcción de dúas pistas de pádel nun lugar cuberto polo mesmo importe aumentando as infraestructuras deportivas para uso dos melidenses. .
Ningún comentario:
Publicar un comentario