Boqueixón - Reunión informativa coa veciñanza sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago

O Concello de Boqueixón levará a cabo o día xoves 25 de febreiro de 2016 ás 20:00h. no Centro Sociocultural Pedro Barrié de la Maza de Sergude unha charla informativa sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago. 

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 por cento do orzamento protexible, axuda que pode acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda. Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño. 

A charla informativa, que será impartida por unha arquitecta especialista neste tipo de proxectos, vai dirixida aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, que no Concello de Boqueixón son os propietarios das vivendas das parroquias de Sergude e Lestedo xa que por elas pasa o Camiño da Prata II.

PP Oroso - Sobre os orzamentos do concello

O portavoz do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, asegurou hoxe que o alcalde, Manuel Mirás, pretende incrementar nun 21% o orzamento municipal para o 2016 “saqueando” o peto dos veciños con ingresos previstos en concepto de plusvalías próximos aos 165.000 euros.

Os populares, que se abstiveron na votación das contas municipais para este ano, aprobadas nun pleno extraordinario celebrado este xoves, califican de “inxusto e innecesario” que sexan os veciños, con máis impostos, os que soporten o incremento do orzamento previsto polo goberno local. 

Así mesmo, o portavoz dos populares en Oroso criticou que no documento económico se recolla só unha partida de 15.000 euros para o programa de Emerxencia Social Municipal e outros 15.000 para as subvencións ás asociacións de veciños.

“Éncheselles a boca falando de servizos sociais e de axudar aos veciños, pero logo, á hora de plasmar esa preocupación, vemos que non se corresponde”, subliñou Doval, quen criticou que, pola contra, o goberno municipal destine 21.000 euros para actos protocolarios.

Gasto en persoal

Por outra banda, o portavoz popular tamén fixo fincapé nos 163.515 euros que sairán das arcas municipais para facer fronte ás retribucións do goberno e do persoal de confianza.

“Cremos que é unha partida excesiva comparada con outros municipios similares a Oroso”, subliñou Doval, quen denunciou os 18.000 euros que o señor Mirás destinará á “propaganda institucional” e ao gabinete de prensa externo que ten contratado o concello.

Noutra orde de cousas, os populares mostráronse “completamente de acordo” co programa de obras proposto polo goberno municipal para este ano, tendo en conta que, tal e como explicou Doval, a maioría figuraban no programa electoral do seu partido.

Por último, o portavoz do Partido Popular instou o señor Mirás a atender os consellos recollidos no Informe de Intervención, que afectan á forma de pago da Conta Xeral do ano anterior, así como a afondar nas amortizacións dos créditos que ten pendentes o municipio.

“Estaría ben ter en conta este tipo de asuntos para non ter problemas máis adiante cos contratos menores e os concursos públicos”, concluíu Doval.

Axenda e tempo do domingo 21 de febreiro - Música, turismo, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Día Internacional do Turismo

Santiago - SCQ Bar - Tango con Apalabrando

Santiago - Casa das Crechas - Sumrrá

Santiago - Beerlab - Rocking Callos



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Ateneo de Santiago - Os Faros de Galicia nos Luns do Ateneo

Mañá luns 22 de febreiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Os Faros en Galicia. Dende a historia, a enxeñería, a paisaxe e a arte”, que estará impartida por D. Carlos Nárdiz, Dr. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Profesor Titular da Universidade da Coruña.

Carlos Nárdiz Ortiz é Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1977) pola Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o Doutoramento en 1991. Entre 1985 e 1997 foi Profesor de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola de Arquitectura da Coruña e dende 1993 de Transporte e Territorio, Paisaxe na Enxeñería e Ordenación do Territorio e Urbanismo na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña, sendo dende 1994 Profesor Titular de Urbanística e Ordenación do Territorio da Universidade da Coruña. 

É Director da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación da Coruña dende o ano 2004 e coordinador do Plan Estratéxico da Provincia da Coruña 2007-2013. Traballou en Plans de Urbanismo, proxectou numerosas obras de urbanización, pontes e estradas e rehabilitou obras de enxeñería histórica. Ten publicados libros como El Territorio y los Caminos en Galicia. Planos Históricos de la Red Viaria (1992), El ferrocarril en el Noroeste de España (1996) ou La construcción de los bordes de las carreteras en Galicia. El proyecto y la ordenación de las villas carretera en la provincia de A Coruña (2008), así como numerosos artigos en revistas. Foi Vogal da Asociación de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1999-2007) e da Axencia da Legalidade Urbanística de Galicia (2008-2014) e Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (2006-2014). Actualmente é membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega e dende 2009 Vogal Asesor do CEHOPU (Ministerio de Fomento). No ano 2014 recibiu a Medalla ao mérito profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia e en 2015 a Medalla de Honra do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños.

Santiago - Uxía canta a Manuel María no Teatro Principal este luns

Uxía canta a Manuel María é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción. Publicouse un CD resultado da gravación "ao vivo" do concerto celebrado na Casa-Museo do escritor (Outeiro de Rei) o 6 de outubro de 2015, día no que Manuel María cumpriría 86 anos. Agora poderemos escoitar os temas ao directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela este luns 22 de febreiro ás 20:30 horas.

O espectáculo é o gozo sinxelo dun canto ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano. Un home que andou esta terra parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face. Seguindo o seu exemplo, Uxía arroupa a súa poesía coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón, e o "latexar sincero da emoción" que emana dos seus poemas e amando cada palabra, cada verso e cada nota para pór en valor o seu valiosísimos e prezado legado.

O traballo musical vai percorrendo os diversos camiños e temáticas poéticas do escritor, desde a amorosa e intimista, á paisaxística e popular, á máis transcendente e metafísica, até a defensa da natureza ou a defensa da lingua.

O traballo presenta 15 cortes entre os que, ademais das novas composicións, se inclúen adaptacións de temas tan emblemáticos como "O Carro", cantada no seu día por Fuxan os Ventos, e o "Manual do Señorito", por María Manuela.

Como di a propia Uxía, "Manuel María é o gozo de vivir e eu fixen un pacto con el no disco anterior e que agora manteño, para completar a tarefa urxente, fermosa, nidia e necesaria de gastar o meu corpo e a miña voz nos camiños até ser pó, seixo ou silveira".

A publicación de Uxía canta a Manuel María é, sen dúbida, unha das máis orixinais novidades que a Casa-Museo Manuel María vén de editar nos últimos tempos dentro dun amplo e diverso catálogo de publicacións que ten por obxectivo aproveitar a oportunidade que representa 2016 como ano no que se dedican as Letras Galegas ao autor chairego, para que a súa obra se lea e acade a máxima difusión posible entre todos os públicos: do infantil ao adulto.

Asociación Galega da Lírica - XVIII Ciclo de Novoso Interpretes

Chega ao seu ecuador (quinto concerto) a edición nº 18 do Ciclo de Novos Intérpretes coa actuación de dous novos pianistas, Laura López Rodríguez e Manuel Alejandro Varela Bravo, no Paraninfo da Universidade de Santiago o lunes 22 de febreiro.

A primeira en actuar neste quinto concerto do ciclo é a lucense Laura López Rodríguez, inqueda pianista que compatibilidad os seus estudos no grao profesional de piano cos de medicina na universidade compostelá, e que interpretará un variado programa que inclúe obras para piano de Mozart, Mendelssohn, Adolf Jensen, Scarlatti, Grieg e Ennio Morricone.

Nado en Caracas hai 18 anos, Manuel Alejandro Varela Bravo trasladouse a Galicia hai dez anos. Aos 12 anos ingresa no conservatorio de Lugo, onde cursa actualmente o grao profesional de piano. Manuel Alejandro Varela Bravo seleccionou tamén un heteroxéneo programa que inclúe, entre outras obras, unha rapsodia húngara de Liszt, una sonata de Mozart, un nocturno de Chopin, un estudo de Jensen e unha nana do xaponés Yoshihisa Hirano. 

Chega á súa edición número dezaoito o Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica, o certame galego dedicado a novos intérpretes máis antigo en activo. Este ciclo que a Asociación Galega da Lírica organiza en colaboración coa Universidade de Santiago, constará de nove concertos que se celebrarán até o mes de marzo. Máis de trinta novos músicos galegos e residentes en Galicia intervirán nestes concertos que comezarán ás oito do serán e nos que a entrada, como sempre, será libre. Novos músicos de toda Galicia intervirán nun ciclo no que a música de cámara será a protagonista e na que se poderán escoitar intérpretes dunha gran variedade de instrumentos (piano, violín, violoncello, clarinete, viola, etc.), canto e grupos de cámara (cuarteto de cordas; trío de frauta, violoncello e piano, etc.).

Como desde a súa primeira edición, o ciclo está especialmente adicado ós máis novos intérpretes galegos e residentes en Galicia para que comecen a adquirir a experiencia necesaria nun escenario. Entre os obxectivos está achegar tamén a música ó público máis novo, que pode achegarse con facilidade a uns concertos nos que a entrada será gratuita. Dezasete anos de historia e máis de seiscentos participantes avalan sen dúbida xa unha sólida trayectoria dunha convocatoria pensada en prol da difusión da música e para prestar un pequeno pero imprescindible apoio ao futuro da música en Galicia, aos nosos novos valores.

Concerto nº 5
LAURA LÓPEZ RODRÍGUEZ  piano
MANUEL ALEJANDRO VARELA BRAVO  piano 
obras de MOZART, MENDELSSOHN, SCARLATTI, GRIEG, MORRICONE, LISZT, GURIDI, CHOPIN, JENSEN e HIRANO
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela
luns 22 de febreiro de 2016 – 20:00h.

Silleda - O Concello continúa os contactos para a posta en marcha do Centro de Desenvolvemento Agrario

O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, acompañado polo edil de medio rural, Jesús Taboada Lázara, e o técnico de Quorum, a empresa vinculada á USC, que traballa na posta en marcha do Centro de Desenvolvemento Agrario, visitaron a firma silledense Culinaria, nunha cita concertada dende xa fai uns meses polo rexedor.

O obxectivo deste encontro foi unha primeira toma de contacto enmarcada na creación de canles de distribución para os posibles produtos que se cultiven nas terras nas que se levarán a cabo as plantacións do Centro de Desenvolvemento Agrario.

“Esta reunión é un paso máis de futuro neste gran reto do goberno con respecto ó desenvolvemento do rural” – explica o alcalde.

“Despois da creación do mapa agrario, que ofrecerá un diagnóstico detallado sobre os cultivos que se dan mellor en cada zona do municipio, o seguinte paso será atopar maneiras de darlles saída a estes produtos. E neste sentido qué mellor que sexan empresas do lugar as que poidan aproveitarse destes recursos.“ – continúa o rexedor.

Tanto o alcalde e os técnicos, coma o xerente da empresa Culinaria, Manuel Colmenero, intercambiaron informacións sobre os produtos máis demandados, nunha primeira toma de contacto de outras que irán tendo lugar segundo vaia avanzando o proxecto do Centro Agrario.

Esta iniciativa, xurdida como proposta do goberno municipal como medida para revitalizar o rural e o sector primario, base da economía local, busca un mellor aproveitamento do sector agrario, sen deixar de apoiar a un sector tan castigado ultimamente, como é o sector lácteo. Actualmente os traballos avanzan a bo ritmo, e posiblemente en poucos meses a elaboración do mapa agrario, (a primeira das medidas a tomar dentro do Centro de Desenvolvemento Agrario), estará xa rematado.

USC - Antigos Alumnos da USC homenaxea o museo Casa da Troia

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) homenaxea o museo Casa da Troia pola súa “destacada contribución cultural e museística” á Universidade de Santiago, á propia cidade e a Galicia, segundo di a acta da súa xunta directiva. “Recoñecemos o compromiso altruísta e continuado por manter viva unha tradición tan universitaria e compostelá vencellada á emblemática pensión de estudantes que reflectiu Alejandro Pérez Lugín na súa popular novela homónima, cuxo centenario se celebrou en 2015”, tal como engade a entidade, que fai extensivo o recoñecemento ao Padroado da Casa da Troia e á Asociación de Antigos Tunos Composteláns, sobre os que recae a xestión do museo.

A homenaxe concretarase na colocación dunha placa conmemorativa do centenario do relato costumbrista na fachada do inmoble, mañá luns ás 19 horas, co seguinte texto:

“Lo cual aconteció (…) el memorable día en que el señor Roquer y Paz, don Gerardo, se fue a vivir a la casa de locos que regentaba en la calle de la Troya, de la ciudad de Santiago, la bondadosa señora Doña Generosa Carollo”. 

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC á memoria de D. Alejandro Pérez Lugín, que inmortalizou esta casa na súa novela La casa de la Troya.

No centenario da primeira edición, Compostela, a 22 de febreiro de 2016. 

Está previsto que asistan ao acto a presidenta de Alumni USC, Benita Silva; o presidente da Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o concelleira de Cultura, Branca Novoneyra, e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.





Benigno Amor agradece esta homenaxe e lembra que Pérez Lugín estudou Dereito nas aulas compostelás. O grupo de pulso e púa da Casa da Troia intervirá na propia rúa ao final das intervencións que fagan as autoridades.

Cámara de Comercio - A Cámara axudou a máis de trescentas empresas en 2015

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu en 2015 multitude de servizos profesionais de innovación. No apartado de formación en innovación e competitividade, a Cámara de Comercio potencia desde 2010 a Feira do Coñecemento, un programa que busca a transferencia de coñecemento entre as empresas e os centros tecnolóxicos, financiado polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral. En 2015 realizáronse tres xornadas, ás que asistiron 75 empresas e pecháronse 17 preacordos de colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos. 

Un dos programas de innovación máis activos en 2015 foi InnoCámaras, un plan que axuda a autónomos e pemes a innovar mediante o asesoramento gratuíto e as axudas directas á innovación, con financiamento dun 80 por cento do plan de apoio á innovación. O programa ofrece un diagnóstico da empresa e o desenvolvemento e implantación do proxecto innovador. Foron admitidas para a convocatoria 2014-2015 127 empresas. 

Outra alternativa para innovar é o programa TicCámaras. Ten por obxecto impulsar a incorporación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas competitivas claves na estratexia das pemes participantes. Na convocaroria 2014-2015 participaron no programa 106 empresas.

Outro servizo que ofrece o departamento de innovación son os certificados de Carmerfirma. “O certificado dixital é unha ferramenta indispensable para mellorar a competitividade da empresa porque aforra tempo e imprescindible para as empresas nos seus trámites coas Administracións Públicas” –explica o técnico Anselmo Díaz–. En 2015, a Cámara emitiu 17 certificados dixitais.

En canto á información comercial, a Cámara de Santiago asinou un convenio con Carmerdata para ofrecer ás empresas da demarcación ficheiros de empresas españolas, bases de datos internacionais, novas empresas, rankings empresariais ou informes sectoriais, comerciais e de mercado xeoposicionados.

A web corporativa recibiu unha media mensual de 41.307 visitas no último ano 

A Cámara de Comercio afianza a súa presenza en Internet a través da súa páxina web, redes sociais, boletín informativo ou por medio do blog da Cámara. A web corporativa – www.camaracompostela.com – é un escaparate sempre visible desde calquera punto do mundo que permite informar aos interesados das novidades camerais. O número de visitantes e visitas incrementouse progresivamente desde a creación da web, situándose actualmente nunha media mensual de 41.307 visitas en 2015 e unha media de 4.004 visitantes distintos mensuais. 

Ademais, a Cámara de Comercio estende a súa información polas redes sociais, con máis de 1.640 contactos en Facebook e 2.483 seguidores en Twitter. O establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivos permite achegar a entidade ás empresas da demarcación coa finalidade de presentarlles os servizos, proxectos, programas e coñecer as súas necesidades dunha forma organizada. Inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación ou actividades de internacionalización.

Outras das ferramentas on line que emprega a Cámara de Comercio de Santiago é o boletín informativo, do que se enviaron 32 versións no último ano. Realízanse envíos de comunicacións a través de correo electrónico ás persoas interesadas en recibir información sobre cursos de formación ou accións de internacionalización que programa anualmente a entidade cameral compostelá. Na actualidade, reciben o boletín 4.704 inscritos.

Lalín - Ruta BTT do Cocido

O concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, recordou esta mañá que segue aberto o prazo para inscribirse na Ruta BTT do Cocido 2016, que se celebrará o día 6 de marzo, organizada polo Club Ciclista Alambike en colaboración co Concello de Lalín. As anotacións deben realizarse a través das páxinas web www.emesports.es, ou www.alambikelalin.com, antes do día 2 de marzo. O prezo por participante é de 10 euros para ciclistas federados, debendo aboar 15 euros máis os non federados ao ter que pagar o seguro por un día. Este prezo inclúe a cronometraxe, unha camiseta conmemorativa, os servizos de mecánica, os servizos médicos e de seguridade, así como o avituallamento tanto sólido como líquido. 

A Ruta BTT do Cocido 2016 percorrerá unha distancia de 45 quilómetros de dificultade media-alta. A saída da proba terá lugar dende o Lalín Arena a partir das 09.00 horas, con recollida de dorsais dende as 07.45 ás 09.00. Ao rematar, os que o desexen terán a oportunidade de degustar un cocido no restaurante La Estación de Botos a un prezo de 25 euros. As inscricións para participar no xantar deberán facerse antes do29 de febreiro.

A ruta partirá de Lalín en dirección á Fraga de Catasós, tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza. Logo deste apracíbel inicio, a ruta cruza o principal afluente do Deza, o Asneiro, e, tras pasar o Pozo Negro e subir a Puxallos, percorrerá un treito da Vía da Prata. Por camiños de vello e corredoiras enfiará cara o val do río Seixas, parte del xa no veciño concello de Dozón. Un agradábel paseo a carón deste río, nunha das paraxes máis fermosas da comarca dezá, servirá para afrontar a subida a Seixas e encamiñar a volta cara a Lalín, pola parroquia da Xesta, onde de novo se cruza o Camiño de Santiago.

Ordes - A galiña e o galo de Mos, protagonistas do Feirón do Mesón do Vento

No Feirón da Adina que se celebrou hoxe no Mesón do Vento as galiñas e galos de Mos foron os protagonistas indiscutibles. Os exemplares destas aves que se puxeron á venta despertaron un gran interés entre o númeroso público que acudiu á nave de gando da localidade. Tamén causaron sensación as galiñas araucanas, orixinais de Latinoamérica, e sobre todo os seus chamativos ovos de cor verdoso polos que non pararon de preguntar maiores e nenos. 

Pero o ambiente non só se concentrou na nave de gando e nas inmediacións, onde ademais de porcos e gando vacún tamén se puido adquirir carnes e embutidos, roupa, churros e doces, prantas ou sementes entre outras cousas. A degustación do galo de Mos e de tortillas feitas con ovos de galiña de Mos encheron os establecementos da zona de xente con ansias de probar estas receitas.

Santiago Futsal - El partido se escapó en la segunda parte


  • · Se adelantó en el marcador el conjunto celeste y llegó al descanso con una ventaja de 3-2
  • · En la segunda parte, los blaugranas lograrían igualar y darle la vuelta en el marcador 
  • · Record de asistentes en el Fontes do Sar con una entrada estimada de 4500 personas
Rugía el Fontes do Sar para recibir a los suyos tras el parón de Liga. En un pabellón que llegó a los 4500 asistentes, cifra record en partido de Liga para ver al conjunto santiagués y que no se lograba desde la final de Copa de 2010, los ‘guerreiros da terra’ no defraudaron sobre la pista y, pese a rozar la proeza, el partido se escapó en la segunda parte.

Se adelantó el Santiago Futsal por medio de Diego Quintela a los 6 minutos tras una recuperación en tres cuartos y una magnífica finalización en el 1x1 ante Cristian. Sin embargo, Marc Tolrá pondría la igualada tan sólo un minuto después. 

El Santiago Futsal seguía mandando en la pista y la combinación Catela-Diego Quintela reluciría en una jugada desde su propia campo para que el gaditano rematara a portería y pusiera el 2-1 en el luminoso.

La alegría reinaría de nuevo en el Fontes do Sar gracias al tanto de Iván Rumbo, que aumentaba la distancia en el marcador y daba alas a los suyos ante uno de los equipos grandes de la categoría.

Con un conjunto celeste cargado de faltas y que llegó con cinco faltas a los instantes finales, la sexta acumulativa conllevó al tiro de 10 metros de Aicardo y el tanto blaugrana antes del descanso, al que se llegaría con el 3-2.

Tras la reanudación, y cuando tan sólo transcurrieran 3 minutos, Tolrá igualaría el encuentro. Pese a los arreones celestes por darle la vuelta al marcador, aparecería Batería para anotar en dos acciones consecutivas el 3-4 y el 3-5, este muy discutido por la plantilla celeste por una posible falta sobre Hugo Sánchez en la acción del gol. 

Sólo un minuto después Tolrá pondría el partido complicado para los intereses celestes con el 3-6 tras anotar en una jugada a balón parado al borde del área. 

Ya con Álex Diz como portero jugador, Dyego haría el 3-7 a falta de 3 minutos para el final.

En los instantes finales, Antonio Diz finalizaría al segundo palo una jugada con portero jugador haciendo el definitivo 4-7.

Ficha del partido

Santiago Futsal: Marocs Vara, Pablo Mel, Pablo Tallónm , Catela y Diego Quintela –cinco inicial –Iván Rumbo, Antonio Diz, Álex Diz, Hugo Sánchez y Santi

FC Barcelona Lassa: Cristian, Aicardo, Dyego, Lin y Wilde – cinco inicial- Tolrá, Gabriel, Batería y Saad

Incidencias: Partido correspondiente a la 21ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia aproximada de 4500 personas

Árbitros: Del Pozo Garcíay Munez Carpintero. Amonestaron con tarjeta amarilla a Antonio Diz y Diego Quintela por parte del Santiago Futsal; y a Lin por FC Barcelona Lassa.

Goles: 1-0 min.6 Diego Quintela, 1-1 min.7 Tolrá, 2-1 min.8 Catela, 3-1 min.11 Iván Rumbo, 3-2 min.18 Aicardo, 3-3 min.23 Tolrá, 3-4 min.29 Batería, 3-5 min.Batería, 3-6 min.36 Dyego, 4-7 min.38 Antonio Diz

Axenda e tempo do sábado 20 de febreiro - Teatro, música, fotografía, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - taller de fotografía de retratos

Santiago - Festival Primos Hermnaos

Santiago - Sonar - Linces y amigos

Santiago - CSC Santa Marta - teatro - Estación

Santiago - jornada de juegos populares 

Santiago - Copa Galega Alevín de natación



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

APIT - Celebración do Día Inernacional do Guía de Turismo

Con motivo da Celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o vindeiro 21 de febreiro a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT) organiza unha serie de visitas gratuítas en varias cidades de Galicia. Este día, que se celebra dende o ano 1990 en todo o mundo pretende por un lado recordar a importante labor que desempeñan os Guías de Turismo como parte fundamental do sector turístico e por outra banda potenciar e dignificar o recoñecemento que merece esta profesión regulada pola lexislación vixente.

As visitas terán lugar nos seguintes lugares e horarios:

Santiago de Compostela - (visita á Cidade histórica) 12:00h. Saída da Praza das Praterías
A Coruña - ( visita á Cidade Vella) 12:00h. Saída da Praza de María Pita
Ferrol - ( Ruta do Modernismo) 12:00h. Saída da Oficina de Turismo do Porto de Curuxeiras
Ourense - ( Visita nocturna) 20:00h Saída da Oficina Municipal de turismo ( Xardíns do Padre Feijoo)

Non é preciso facer reserva previa, grupos de ata 50 participantes irán saíndo de cada un dos puntos de encontro acompañados de diferentes guías especializados de Galicia que lle mostrarán os encantos das mencionadas cidades.
Tras cada visita solicitarase un donativo que irá integramente destinado ás Cociñas Económicas de cada unha das localidades, en recoñecemento da importante labor que desenvolven.

Área Central - Fotoforum, Cocina Económica y Sábados Creativos en el centro comercial

Llega el fin de semana y Area Central vuelve a ofrecer actividades variadas a sus visitantes; alguna de ellas, ya clásicos en su oferta de eventos, como el rastro de antigüedades; y otras novedosas y originales, como el taller de fotografía de retrato organizado por la asociación cultural Fotoforum Compostela, que se celebrará en la tarde de mañana sábado. Tampoco puede faltar la actividad dirigida a la familia, con una nueva sesión de “Sábados creativos”. 

La asociación Fotoforum Compostela, en colaboración con Area Central, celebrará hoy sábado un taller de fotografía de retrato que reunirá a decenas de aficionados de la imagen. Para su realización, a partir de las 17.00 horas en el escenario principal, el presidente de la entidad, Fuco Reyes, impartirá una breve sesión informativa sobre la fotografía de retrato y dará unas breves instrucciones para realizarlas con la mejor calidad posible. 

A continuación, los participantes en este taller se desplazarán por los pasillos del centro comercial solicitando la colaboración de “modelos”, visitantes y trabajadores de Area Central, para realizarles una fotografía. Dichos retratos podrán emplearse en un futuro en una muestra fotográfica, que se instalará en Area Central.

Acto solidario a favor de la Cocina Económica

Como todos los terceros sábados de mes y domingo, Area Central celebra este fin de semana su tradicional rastro de antigüedades, que se puede visitar en la esquina roja. Los visitantes pueden encontrar cientos de objetos de coleccionismo y curiosidades. Además, mañana sábado, los responsables del rastro de antigüedades, en representación de todos los expositores participantes, harán entrega de una donación a la dirección de la Cocina Económica de Santiago de Compostela para colaborar en su labor social. Dicha entrega se realizará, mañana sábado a las 11.45 horas, en la esquina roja de Area Central.

“Sábados creativos” con experimentos divertidos

La sesión de mañana de “Sábados creativos” tendrá como eje central la ciencia y los niños asistentes podrán realizar divertidos experimentos al alcance de todos. La actividad tendrá lugar en la esquina amarilla de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas, a cargo de la Asociación Planeta Shalom.

Boqueixón - Éxito das Primeiras Xornadas Gastronómicas da Filloa

Boqueixón clausurou con gran éxito as Primeiras Xornadas Gastronómicas da Filloa que puxeron en valor un dos produtos máis auténticos e ancestrais de Galicia como son as filloas. 

Os 11 establecementos participantes, Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, Café Bar A Barreira, Casa de Xantar Casa Castro, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo e Restaurante Vía da Prata, estiman que foron preto de 1.000 as filloas e algo máis que se puideron degustar ao longo dos seis días que duraron as xornadas.

Para a elaboración dos pratos, os hostaleiros empregaron a materia prima e os productos máis selectos que se dan no propio municipio de Boqueixón como poden ser as filloas de Lestedo- Boqueixón, o queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla) as carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos.

O alcalde, Ovidio Rodeiro, destacou que este tipo de iniciativas convértense no reclamo perfecto para dar a coñecer a oferta cultural, natural, paisaxística e gastronómica de Boqueixón.

As xornadas estiveron enmarcadas nos actos previos de celebración da XXXIII Festa da Filloa.


BNG Oroso - O BNG consegue o compromiso para a pasarela CEIP Sigüeiro - Pavillón Juanito Amigo

O BNG de Oroso condicionou o apoio aos orzamentos á que o Alcalde asumira os seguintes compromisos.

1º.- Construción dunha pasarela entre o CEIP Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo.

2º.- Peche da pista cuberta do CEIP Oroso para convertelo nun pavillón.

Desde o BNG de Oroso somos conscientes que ambas obras non corresponderían ao Concello, pero a veciñanza, e sobre todo as nosas crianzas non poden esperar máis, e precisan solucións XA!

O alcalde veu como positivas as nosas peticións e só lle pediu ao Concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pérez Penas, que lle deixara pelexalas coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e de non facelas a mesma, o Concello realizaría as citadas obras.

Desde o BNG entendemos e compartimos a petición pero estaremos vixilantes para que os compromisos acadados se cumpran nesta lexislatura e non aceptaremos ningunha desculpa.

Recordamos, pola parte das inversións, que hai dúas rúas, Cultura e Deportes, que non teñen beirarrúas en parte do seu trazado, e que estaría ben darlle solución.

Solicitamos tamén que todos os gastos do Concello superiores a 1.200 euros foran publicados na web do Concello, petición á que non tivemos resposta.

Os orzamentos son, no seu conxunto, continuistas e aceptábeis, non somos un Concello excesivamente endebedado e agrádanos que en vez de amortizar débeda se dediquen recursos á veciñanza, pola nosa parte faríamos un maior esforzo en canto á emerxencia social.

Oroso - Aprobados os orzamentos para o presente ano

O Concello de Oroso aprobou os seus orzamentos para 2016, que medran un 21% con respecto a 2015 e inclúen unha partida de 2,33 millóns de euros para investimentos reais, o que supón un incremento do 91% con respecto ao ano anterior. Uns orzamentos que contemplan un superávit de 48.404,85 euros, xa que o orzamento de gastos ascende a 6.322.557,25 euros mentres que o orzamento de ingresos é de 6.370.962,10 euros, e que foron aprobados esta mañá polo pleno municipal cos 8 votos a favor de PSOE e BNG, as 4 abstencións do PP e 1 voto en contra de Anova.

O voceiro do grupo de Goberno, Antonio Leira, explicou que estes orzamentos “marcan unha senda positiva no noso concello, unha folla de ruta para a lexislatura e seguir construíndo Concello”. Neste sentido, Leira Piñeiro apuntou que se trata dun orzamento “riguroso no aspecto formal, municipalista para cubrir as necesidades de todos os veciños, sensibles en temas socioculturais e austeros no gasto corrente”. Antonio Leira indicou que “priorizamos o mantemento e mellora dos servizos municipais de abastecemento de auga, saneamento, alumeado e tamén a correcta pavimentación das nosas estradas. E facémolo sen gastar máis do que permiten os recursos que temos, sendo o máis eficientes posible”.

Macroinvestimento

Pola súa banda, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, cualificou os orzamentos de 2016 como “macroinvestidores”, xa que destinan 2.338.021 euros a investimentos reais, un 91% máis ca no exercicio anterior. Ademais, indicou que “Oroso é un concello sostible económicamente. Non é que diga eu, son os números os que nos dan a razón: os ingresos correntes supoñen o 67% do orzamento fronte ao 61% do gasto corrente, a diferencia é de 375.000 euros”. Así mesmo, Mirás Franqueira aproveitou para anunciar que “imos ter un remanente positivo de Tesourería de en torno aos 300.000 euros, que serán destinados a novos investimentos en beneficio dos veciños e veciñas de Oroso”, polo que a partida de investimentos duplicaría a rexistrada en 2015.

Manuel Mirás considera que se trata “dun orzamento moi inversor, con investimentos sostibles que non traen gasto futuro ao Concello”. Entre estes proxectos destacan actuacións como os 200.000 euros para a reurbanización da avenida da Grabanxa, os 120.761 euros para a construción do Centro Cívico da parroquia de Oroso ou os 275.000 euros para dúas novas sendas peonís: de A Baiuca ata A Igrexa (na parroquia de Senra) e dende a rúa María Casares (Porto Avieira) ata o núcleo de Piñeirón (Gándara).

Na partida de orzamentos destacan especialmente os 560.000 euros destinados a insfraestruturas deportivas no municipio, que inclúen a construción de dúas pistas de tenis e unha pista de pádel cuberta, a dotación de céspede artificial para o campo de fútbol de Oroso, a reforma dos vestiarios do campo de fútbol Lino Balado e a mellora da iluminación nos campos de fútbol de Deixebre e Sigüeiro.

Así mesmo, resérvanse máis de 861.000 euros a actuacións na rede de estradas e seguridade viaria, como os 74.000 euros para o asfaltado da pista que vai a Mixoi dende o enlace a Castiñeiro Redondo, os 54.000 euros para mellora da calzada da rúa da Tosca (Sigüeiro), os 23.000 euros na mellora dos accesos ao Refuxio ou os 235.000 euros para mellora da rede viaria municipal. Entre es proxectos tamén destacan os 60.000 euros para as beirarrúas no lugar de O Barreiro e os 58.000 euros para a construción das beirarrúas na N-550.

Para actuacións en materia de saneamento e abastecemento, os orzamentos de 2016 contemplan un investimento de case 180.000 euros nos núcleos de Cachopal (Calvente), A Igrexa (Oroso), Valverde (Vilarromariz) e O Barreiro (Oroso). Os Orzamentos de 2016 contan cun informe de Intervención favorable e que cumpren cos obxectivos de estabilidade orzamentaria, regra de gasto, límite de débeda e límite de gasto non financeiro.

O presuposto de gastos do Concello de Oroso para 2016 ascende a 6.322.557,25 euros, dos que un 61% (3.866.520 euros) destínanse a gasto corrente, 131.819 euros máis ca no exercicio anterior. Os gastos en persoal mantéñense nos 1.270.135 euros, o que representa o 19% do total.

O presuposto de ingresos ascende a 6.370.962,10 euros, un 22% máis ca no exercicio anterior. Desta cantidade, o 67% (4.240.114 euros) correspóndense con ingresos correntes, 85.492 euros máis ca no exercicio 2015. Oroso ingresará 1.783.496 euros de impostos directos, 119.760 euros de impostos indirectos, 669.900 euros de taxas e outros ingresos e 1.663.383 euros de transferencias correntes. As transferencias de capital ascenderán a 1,41 millóns de euros.

Pérgola do CEIP

Na quenda de intervencións, todos os grupos coincidiron en destacar o equilibrio e o realismo das contas de 2016. O voceiro do PP, Alexánder Doval, manifestouse “de acordo coas bonificacións fiscais e coas obras que se propoñen”, aínda que solicitou “afondar na amortización de créditos pendentes” e amosou o seu rexeitamento á partida de 9.000 euros para o Gabinete de Prensa, polo que o optou pola abstención.

Pola súa banda, o voceiro de Anova, Manuel Siverio Mirás, asegurou que os orzamentos “non os vexo mal” pero xustificou o seu voto en contra en que “tivemos pouco tempo para estudialo. O normal sería telo dúas ou tres semanas antes do pleno”, ademais de criticar a reserva de 8.000 euros para a realización de proxectos de infraestruturas que non poida elaborar o Servizo de Urbanismo.

Finalmente, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez, indicou que “é un presuposto equilibrado, onde a situación do Concello non é mala” e plantexou dúas propostas para votalos favorablemente: a construción dunha pérgola entre o CEIP de Oroso e o polideportivo municipal que evite que o alumnado se molle cando van facer ximnasia; e a construción dun novo pabillón polideportivo no CEIP de Sigüeiro. “Non pido metelas neste orzamento, pero sí facer os proxectos para poder acometelos ao longo desta lexislatura”, puntualizou o voceiro nacionalista.

O alcalde de Oroso rexeitou a proposta do PP de destinar máis cartos a amortizar débeda. “Temos unha débeda do 21%. Se amortizamos máis débeda perdemos de facer servizos e eu penso que unha infraestrutura está para que a disfruten os veciños canto antes e nós ímola pagando pouco a pouco”, apuntou Manuel Mirás. Aínda así, o Concello de Oroso volverá a reducir outros tres puntos porcentuais de débeda este ano, pasando do 24% ao 21%.

Sobre as peticións do voceiro de Anova, Mirás explicou que os concelleiros tiveron a documentación con varios días de antelación ao legalmente establecido e explicou que estes 8.000 euros están orzamentados por prudencia, “xa que temos seis modificacións puntuais do PXOM en marcha, unha macroinversión este ano, os 300.000 euros do remanente... e, aínda que a Oficina de Urbanismo funciona perfectamente, ao mellor temos que externalizar a realización de parte deses proxectos”.

Finalmente, Mirás aceptou a proposta do BNG sobre construción da pérgola no CEIP de Oroso. “Espero que pronto haxa un cambio de Goberno na Xunta e poidamos facelo porque é algo no que este Concello leva tempo traballando e nos dixeron na Xunta que non se pode facer porque non queren discriminacións con outros nenos doutros concellos”, indicou o alcalde orosán, quen lembrou que “non é competencia nosa, polo que a Xunta ten que darnos autorización para facelo. Seguiremos loitando e, se non a fan eles, cando menos que nos deixen facelo a nós”.



Así mesmo, Manuel Mirás descartou a posibilidade de construír un novo polideportivo a carón do novo CEIP de Sigüeiro e apostou polo peche do actual. Neste sentido, o voceiro do grupo de Goberno, Antonio Leira, lamentou que “nos planos iniciais do novo colexio viña un pabillón de deportes, pero ao final hai o que hai. Nós pedimos que, cando menos, pecharan a parte de arriba porque tamén a tiñan sen pechar”.



Resto da orde do día





O resto da orde do día aprobouse cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e co voto en contra de Anova. Trátase dunha modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Oroso e a actualización do convenio colectivo regulador das condicións de traballo do pesoal laboral ao servizo do Concello, que tiñan o apoio unánime dos representantes sindicais. A corrección dun erro nas contas dun dos proxectos do POS 2016 foi aprobada coa abstención de Anova.

Santiago - Aprobada a apertura de prazos de solicitude de matrícula nas escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno aprobou este venres unha proposta do concelleiro delegado de Educación e Cidadanía, relativa á aprobación da apertura de prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. O alumnado actual terá que facer a reserva de prazas entre os días 1 e 10 de marzo, mentres que as solicitudes de novos ingresos serán tramitadas do 15 de marzo ao 15 de abril, no Rexistro Xeral do Concello en Galeras, ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche.

Segundo o acordado hoxe, a relación provisional de admitidos farase pública entre o 2 e o 10 de maio, e os solicitantes poderán facer as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais. A partir de aí, a relación definitiva de admitidos coñecerase entre o 25 e o 31 de maio. As matrículas terán que formalizarse entre o 1 e o 15 de xuño.

Solicitude de subvencións para contratación 
A Xunta de Goberno tamén acordou a solicitude de dúas subvencións á Xunta de Galicia, para a contratación temporal de persoal. A primeira das axudas, por un importe de 245.169,64 euros, tería como obxectivo a contratación de 25 persoas en situación ou risco de exclusión social e preceptoras da RISGA. En concreto, serían 4 técnicos administrativos, 9 administrativos, 8 conserxes e 4 peóns, e os contratos terían unha duración de 7 meses.

A segunda das subvencións que lle van ser solicitadas á Xunta tería como obxectivo a contratación, por un período de tres meses, de tres traballadores de Protección Civil. O importe máximo da achega autonómica sería de 14.879,22 euros.

Na reunión desta mañá, o Goberno local tamén lle deu luz verde á apertura dun procedemento para adxudicar o contrato de Prestación integral dos servizos de conserxería e limpeza nas dependencias deportivas de Conxo. O tipo de licitación será de 27.435,45 euros máis IVE.

Silleda - Aberto prazo de solicitude de subvencións a entidades deportivas e actividades culturáis

O BOP de Pontevedra publicou este venres as bases reguladoras para a concesión das axudas municipais a entidades deportivas, e para a promoción de actividades culturais. 

Segundo ditas bases, os colectivos e asociación culturáis, así como os clubes e as entidades deportivas, terán un prazo de 20 días hábiles par formalizar a solicitude no Concello, contando a partires do día seguinte á publicación das bases. Deste xeito, o prazo para solicitar as axudas rematará o vindeiro venres 18 de marzo.

Tanto as bases publicadas, coma os modelos de solicitude, e outros formularios que deben de presentarse en ambos casos, poden solicitarse no rexistro do Concello de Silleda, e tamén se poden descargar na web municipal, www.silleda.es, onde se creou un banner para cada unha das modalidades.