TEO - O CONCELLO PROGRAMA O ESPECTÁCULO TEATRAL “UN AVÓ ESPECIAL” COINCIDINDO COA SEMANA NA QUE SE CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

· A peza na que se aborda a problemática do alzheimer coa axuda do humor está dirixida a un público familiar

20 de setembro de 2011. Este mércores 21 de setembro é o día mundial do alzheimer. Con este motivo o departamento de Cultura programa unha obra de teatro na que se aborda a relación entre os avós e os rapaces/as o envellecemento dos maiores, relacionado esto coa enfermidade do alzheimer.

A obra estará representada pola compañía Migallas e será no salón de actos do centro sociocultural da Ramallosa, este venres 23 ás 17:00 horas. A entrada é libre e de balde. Esta peza teatral está especialmente dirixida ó alumnado de primaria, xa que os conceptos que se traballan e o xeito de presentalos están adaptados a estas idades.

Segundo se explica na páxina de Migallas trátase dun espectáculo no que se trata a enfermidade do alzheimer coa intención de axudarlle ós rapaces a comprender situacións que poden darse no seu entorno familiar nalgún momento. 

A pesar da seriedade do tema a obra ten un enfoque humorístico e busca fomentar actitudes optimistas, ademais de destacar o papel que poden xogar os/as nenos/as a través da súa relación cos maiores. 

BNG A ESTRADA - Por culpa do PP en 2012 pagaremos máis pola auga que consumimos

Por culpa do PP en 2012 pagaremos máis pola auga que consumimos

“Este incremento do prezo de auga, ven pola aplicación do Canon da Auga, que recolle esta Lei que aprobou o Partido Popular, co voto tamén do Alcalde, José López, e que substitúe ao Canon de Saneamento actual”

A Estrada, 20 de setembro de 2011: A Lei de Augas, que foi aprobada en solitario polo Partido Popular no Parlamento Galego en outubro do ano 2010, afronta estes días os últimos trámites burocráticos antes de que se execute esta Lei, xa que está en fase de redacción e da súa aprobación final o regulamento polo que se rexerá a Lei de Augas.

O BNG da Estrada, logo de estudar polo miúdo este regulamento, considera, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, que “unha vez se aprobe este regulamento os veciños e veciñas da Estrada pagaremos máis pola auga que consumimos, incremento que se fará efectivo a partires de xaneiro de 2012”. “Este incremento do prezo de auga, ven pola aplicación do Canon da Auga, que recolle esta Lei que aprobou o Partido Popular, co voto tamén do Alcalde, José López, e que substitúe ao Canon de Saneamento actual”, engadiu o portavoz municipal do BNG.

“Esta suba de impostos, xa que o Canon da Auga é un imposto, oscilará en función do consumo, mais as nosas estimacións varían dun incremento do 121% para unha casa habitada por unha persoa e cun consumo mensual de 6 metros cúbicos, ao 60% no caso de que viva dúas persoas cun consumo de 10 metros cúbicos ao mes”, afirmou Xosé Magariños.

“Mais”, engadiu o portavoz municipal do BNG, “este incremento aínda pode ser maior de se aplicar o Canon de Verquido, se a Xunta de Galiza se fai cargo da EDAR de Aguións, previsto para 2012”.

“De todos os xeitos”, subliñou Xosé Magariños, “este incremento só lle afecta aos veciños e veciñas que teñan da traída pública, malia que o PP non mudou a Lei de Augas para deixar fóra aos veciños do rural, pero, froito da campaña de información e de recollida de sinaturas en contra desta lei levada adiante polo BNG, o PP exclúe temporalmente aos veciños e veciñas con se subministren de pozos e traídas particulares; mais isto é temporal, no intre que a Xunta queira, con só modificar unha palabra do regulamento, todo o mundo pagará o Canon da Auga”.

"Con todo, que quede claro que a vontade do Partido Popular no futuro é cobrar o canon da auga das traídas veciñais e pozos particulares, como o demostra o feito de que no proxecto de regulamento inclúa detalladamente o método de cobro nestes casos”, subliñou O portavoz municipal do BNG.

“Como dixen anteriormente,” afirmou Xosé Magariños “esta subida de impostos farase efectiva a partires de xaneiro de 2012, unha subida que contradí a propaganda do PP, na que presumen de que eles nunca soben os impostos, cando, como estamos a ver, é xusto o contrario, pagarán máis quen menos consuma.”

OROSO - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCICIÓN NAS ACTIVIDADES GRATUÍTAS PARA A TERCEIRA IDADE

O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCICIÓN NAS ACTIVIDADES GRATUÍTAS PARA A TERCEIRA IDADE

Este ano ofrécense ximnasia de mantemento, taichí, baile e momvemento, obradoiro de memoria e informática

20 de setembro de 2011.- O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas súas actividades gratuítas para a terceira idade, que terán lugar entre os meses de outubro de 2011 e maio de 2012. Unhas actividades que terán lugar tanto na capital municipal (Sigüeiro) como nos locais sociais de Senra e Trasmonte.

O Concello de Oroso mantén a mesma oferta lúdico-formativa de pasadas edicións, composta por ximnasia de mantemento (en Sigüeiro, Senra e Trasmonte), baile e movemento, taichí, obradoiro da memoria e informática. Para participar nestes cursos, totalmente de balde, é preciso ser maior de 60 anos, estar empadroado en Oroso, non estar afectado por ningunha enfermidade infectocontaxiosa e que a actividade a desenvolver sexa compatible co estado de saúde e situación sanitaria do demandante.

De feito, para anotarse só é preciso encher unha folla de solicitude (descargables na páxina web www.concellooroso.com ou nas dependencias de Servizos Sociais) e presentar un informe médico segundo o modelo dispoñible no departamento de Servizos Sociais. Unhas solicitudes que deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte baixo) antes do 30 de setembro.

BRIÓN – O CONCELLO CONVOCA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL “BRIONATURA 2011

BRIÓN CONVOCA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL “BRIONATURA 2011”, CUXOS ORIXINAIS PODERÁN PRESENTARSE POR E-MAIL

As 12 fotografías finalistas servirán para confeccionar o calendario do Concello de Brión para 2012

20 de setembro de 2011.- O Concello de Brión vén de convocar a terceira edición do Concurso de Fotografía Ambiental Brionatura 2011, unha iniciativa coa que pretende poñer en valor o patrimonio etnográfico do municipio. Dirixido a todos os afeccionados ao mundo da fotografía maiores de 18 anos, sexa cal sexa a súa nacionalidade, cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 propostas. Os únicos requisitos son que as fotografías deben estar tomadas nalgún punto da xeografía de Brión e versar sobre o seu patrimonio etnográfico.

Dende o Concello de Brión animan a todos os amantes da fotografía a participar no certame, que manterá aberto o seu prazo de entrega de orixinais ata o vindeiro 28 de outubro, ás 15:00 horas. Para facilitar a entrega dos orixinais, as fotografías a concurso deberán remitirse vía e-mail a: concellodebrion@gmail.com cunha resolución mínima de 1024 píxeles para o lado máis grande. Cada imaxe deberá enviarse nun e-mail, identificada cun título e cun documento word ou PDF no que conste o nome e apelidos do autor, enderezo, teléfono, correo electrónico, lugar onde foi tomada a fotografía e unha breve descrición da mesma.

Durante as dúas primeiras edicións rexistráronse un total de 79 e 70 participantes, polo que o Concello de Brión modificou este ano as bases para facilitar a presentación dos orixinais vía e-mail, favorecendo así a participación dun maior número de persoas, pois xa non é preciso asumir ningún gasto de envío nin ter que desprazarse ata a Casa da Cultura brionesa.

Premios

O xurado valorará a orixinalidade, creatividade e técnica fotográfica dos traballos presentados, entre os que seleccionará 12 fotografías. De entre elas sairán os dous gañadores. O primeiro premio consiste nunha cea, noite de hotel, almorzo e circuito termal no Hotel Balneario de Compostela para dúas persoas. O segundo clasificado levará unha cea, noite de hotel e almorzo no Hotel Casa Rosalía para dúas persoas.

As dúas imaxes gañadoras e as outras dez finalistas conformarán o calendario Brión 2012, que cada ano realiza e reparte gratuitamente entre todos os veciños e veciñas do municipio o Concello de Brión. Ademais, aos doce finalistas pediráselles a fotografía en tamaño orixinal para formar parte dunha exposición que terá lugar a finais de ano en Brión, coincidindo coa entrega de premios.

Na pasada edición, gañada polo brionés Rafael Arroyo Muñoz, participaron un total de 30 fotógrafos procedentes de Brión, Ames, Teo, Padrón, Porto do Son e Santiago, cun total de 79 propostas. As Torres de Altamira foron o punto máis escollido polos concursantes (ata 10 propostas) seguidos pola Igrexa de Bastavales e a ponte de Paradela, con 7 imaxes cada unha.

TORDOIA - O CONCELLO PRESENTA ESTE XOVES A EDICIÓN 23 DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA

O CONCELLO DE TORDOIA PRESENTA ESTE XOVES A EDICIÓN 23 DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA

20 de setembro 2011.- A Casa da Cultura de Pontepedra (Tordoia) acollerá este xoves 22 de setembro, entre as 10.30 e as 11:30 horas, a presentación do programa “Preescolar na Casa”, unha iniciativa gratuíta dirixida a todas as familias do municipio con nenos e nenas menores de tres anos. Este programa educativo, que desenvolve a Fundación Preescolar na Casa en colaboración co Concello de Tordoia, pretende orientar ás familias na educación dos seus fillos e contribuír a crear unha cultura da infancia.

Durante a sesión do xoves, os responsables de “Preescolar na Casa” presentaranlles aos pais e nais de Tordoia as vantaxes de asistiren a estas sesións quincenais, nas que se pretende “acompañar ás familias na súa labor de educadores e axudalos a resolver calquera dúbida que se lles presente na crianza dos seus fillos e fillas”, explica a mestra orientadora do Concello de Tordoia, María Victoria Dopazo. Así, cada 15 días os pais e nais de Tordoia reuniranse para compartir experiencias e resolver dúbidas sobre a educacións dos pequenos, facendo actividades axeitadas para que as familias poidan xogar relaxadamente cos seus pequenos.

A participación no programa é totalmente de balde e non é preciso que os pequenos asistan á gardería, xa que se trata dun programa de formación de pais. Despois da presentación deste xoves, as sesións comzarán comezarán a impartirse na escola unitaria de Anxeriz a partires do martes 27 de setembro, de 10:30 a 12:00 horas. Máis información na Casa da Cultura ou no 981 577 318.

OROSO – O CONCELLO PIONEIRO Á HORA DE LEVAR A BANDA ANCHA DE INTERNET POR SATÉLITE A TODO O RURAL DO MUNICIPIO

OROSO, CONCELLO PIONEIRO Á HORA DE LEVAR A BANDA ANCHA DE INTERNET POR SATÉLITE

A TODO O RURAL DO MUNICIPIO

O alcalde Manuel Mirás e técnicos de Allticnor SLNE fixeron hoxe probas de velocidade nos locais sociais de Cardama, Senra e Cachopal

19 de septiembre de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e técnicos da empresa orosá Allticnor SLNE fixeron esta mañá unha proba do servizo de banda ancha de Internet por satélite que xa disfrutan sesenta veciños e veciñas do rural orosán. Unhas probas realizadas diante dos locais sociais de Cardama, Senra e O Cachopal (Os Ánxeles), nas que se obtiveron uns rexistros de conexión de entre 1,2 e 1,8 megas (cando a proba de conexión se facía co paquete básico de 1 mega).

Mirás Franqueira sinalou que “en Oroso somos pioneiros en poñer en marcha esta solución, que esperamos que se expanda a outros municipios. Grazas a este acordo, poderemos cumprir o noso obxectivo de levar a banda ancha de internet a calquera parte do municipio”. E é que o convenio de colaboración entre o Concello de Oroso e Allticnor SLNE chega despois de distintos intentos fallidos con diferentes sistemas e compañías realizados ao longo dos tres últimos anos. “Hoxe puidemos comprobar que todos os veciños e veciñas de Oroso poderán ter acceso á Internet independentemente da parroquia ou lugar no que vivan”, apuntou Manuel Mirás.

De feito, as probas realizadas tanto no local social de Cardama como no de Senra foron especialmente significativas, pois na zona mesmo se perdía a cobertura de móbil. Porén, ambas zonas amosaron velocidades de conexión de entre superiores aos 1,2 megas e mesmo permitiron a conexión ao tempo de varios equipos a través de wifi. Nas probas de velocidade, o alcalde de Oroso estivo acompañado por técnicos de Allticnor SLNE e polos concelleiros de Medio Rural, María del Carmen Liste; Infraestruturas e Obras, Eduardo Veiras; e de Relacións Veciñais, Luís Rey.

Nova plataforma

Miguel Anxo Gómez, un dos responsables de Allticnor SLNE, anunciou tamén a creación dunha nova plataforma de información (www.internetondequeiras.com), dispoñible tamén dende a web municipal, onde os veciños e veciñas interesados poderán facer as súas reservas. “Nestes momentos o custe da instalación é cero para os veciños, xa que os equipos son financiados polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio”, explica Miguel Anxo Gómez, “polo que é aconsellable que se apunten canto antes para poder disfrutar desta subvención”.

De feito, o acordo de colaboración entre o Concello de Oroso e Allticnor SLNE, asinado hai apenas mes e medio, permitirá que os veciños do rural orosán, a onde non chega o ADSL, non só poidan acceder á banda ancha senón que teñan totalmente gratis a instalación e adquisición dos dispositivos precisos para disfrutar deste servizo, consistentes nunha parabólica e un receptor. Un total de sesenta veciños das parroquias de Senra, Marzoa, Os Ánxeles e Cardama xa se anotaron en apenas mes e medio.

Os veciños interesados en contratar este servizo deberán poñerse en contacto con Allticnor SLNE nos teléfonos 664 269 770 ou 981 69 12 52 ou a través da plataforma www.internetondequeiras.com. Ao ser un servizo pensado para o cliente final, a implantación de banda ancha no rural orosán non terá custe algún para o Concello de Oroso, algo que non acontecía con outras ofertas anteriores. Despois, os veciños interesados poderán contratar distintos paquetes, dende 1 a 8 megas, a partir de 25 euros (particulares) e 44 euros (profesionais).

Allticnor SLNE prestará oe servizo co apoio de Hispasat, operador líder no mercado español e iberoamericano, grazas á súa plataforma de acceso a Internet vía satélite de última xeración especialmente deseñada para servizos de baixo custo e de altas prestacións. A firma ofrece un 100% de cobertura.

SILLEDA - Paula Fernández pide o máximo esforzo ao conselleiro Alfonso Rueda á hora de negociar cos traballadores da Fundación Semana Verde de Galicia

Silleda, 19 de setembro de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, que asistiu hoxe en Santiago á presentación do acordo de instalación da firma peleteira Finish Fur Sales xunto ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, aproveitou o encontro para interesarse pola negociación cos traballadores da Semana Verde. “Aínda que en principio se partiría do peor escenario, confío en que se poida optar por outras vías como un ERE temporal, sinala Paula Fernández. A rexidora silledense tamén destacou, logo de ser informada do proceso por parte do conselleiro e presidente da fundación, que viu por parte deste “unha grande vontade e disposición para resolver a situación na mellor forma posible”, sinala a alcaldesa.

Así mesmo, Paula Fernández, volveu a pedirlle ao máximo responsable da fundación un esforzo para que as negociacións que se están levando a cabo sexan o menos lesivas posible, e para que se “intensifique ao máximo o diálogo”.

BRIÓN - MILLEIROS DE PERSOAS PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NA XXIX FESTA DO CABALO

MILLEIROS DE PERSOAS PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NA XXIX FESTA DO CABALO DE BRIÓN

O corral quedou pequeno diante da gran afluencia de xente coincidindo co espectáculo de doma natural do mexicano “Chico” Ramírez

19 de setembro de 2011.- A XXIX Festa do Cabalo de Brión cumpríu con todas as súas previsións e milleiros de persoas visitaron os montes de Rañalonga durante esta fin de semana para acompañar aos case catrocentos cabalos que participaron tanto na ruta cabalar como nas distintas probas celebradas. Unhas probas nas que se repartiron máis de 4.000 euros en premios entre participantes chegados de toda a provincia.

Os dous puntos álxidos da festa foron a ruta cabalar, celebrada na tarde do sábado, e, sobre todo, o espectáculo de manexo e monta natural do cabalo a cargo do mexicano Marcelino “Chico” Ramírez, un dos grandes mestres da comunicación con cabalos e unha das primeiras figuras do mundo na especialidade de doma ecuestre natural. “Chico” Ramírez gañouse a simpatía dun público inicialmente excéptico co seu bo humor e o seu bo facer co cabalo. “Hay que ser firmes siempre, pero no maltratar al animal. Tiene que ser él quien elija voluntariamente la opción que nosotros le indicamos”, explicou.BRION FESTA DO CABALO 2011

Curiosidade do público

O mestre mexicano presentou o seu método de “Manejo natural del Caballo” diante dun gran número de afeccionados ao cabalo chegados non só de Galicia, senón tamén de comunidades como Castela-León, País Basco ou Asturias. “El caballo tienen que reconocer a su jinete como un líder y tiene que haber una jerarquía para poder enseñarle a hacer cosas”, sinalou Ramírez, que ofreceu un espectáculo dunha hora na que domou e montou un cabalo que non fora montado antes.

“Chico” Ramírez utilizou a primeira media hora da sesión en achegarse ao cabalo, que non deixaba que ninguén se achegase pola súa esquerda. Tras media hora de esforzos, o domador mexicano conseguiu colocarlle a correaxe de manexo natural. Unha tardanza que fixo que moitos dos presentes puxeran en dúbida o método e a posibilidade de que Ramírez puidese montar un cabalo con tanta personalidade. Porén, diante da sorpresa xeral, “Chico” Ramírez subiu de inmediato ao cabalo e fixo uns movementos con el.

Dúbidas dun espontáneo

A sorpresa inicial converteuse entón en dúbidas sobre a bravura do cabalo e mesmo un rapaz do público aceptou o desafío do domador mexicano e subíu ao animal. Unha vez que “Chico” Ramírez se tiña alonxado un pouco do cabalo, este encabritouse e o xinete deu co seu corpo no chan, sen que tivese que ser atendido polos servizos médicos presentes.

Unha vez demostrada a bravura do cabalo, a seguinte proba foi que se axeonllase e se tumbase no chan. Nese momento tivo lugar un dos momentos máis simpáticos da proba, pois o cabalo non respondía ás ordes en mexicano de “Chico” Ramírez e tiveron que ser os membros da Asociación Festa do Cabalo de Brión e o público presente quen lle dixesen as palabras a utilizar como “abaixo” ou “ao chan”, para que o cabalo respostase sen problemas.

Marcelino “Chico” Ramírez despediuse do público presente explicándolles que esta exhibición foi unha mistura de psicoloxía conductista e da etoloxía, rama da bioloxía que estuda o comportamento dos animais. Finalmente, non chegou a utilizar a himnose para poñer o cabalo co lomo no chan e as patas cara arriba por expreso desexo de Óscar, propietario do animal, quen tampouco quixo montar ao cabalo despois da experiencia do espontáneo anterior. “No es lo mismo. Él montó sin acariciar y para montar en esta vida primero hay que acariciar”, bromeou o mestre mexicano, “tú estás acariciando al caballo y tienes sobre él una posición de liderazgo, por lo que podrás montarlo sin problemas”.

Doma e probas de morfoloxía BRION FESTA DO CABALO 2011 DOS

O tempo acompañou durante toda a xornada e fixo máis vistoso tanto o concurso de morfoloxía, que tivo lugar dende as 11 da mañá, como a embretada de xovencas, na que uns equipos de xinetes seleccionaban de entre unha serie de vacas as marcadas cunha cor e as metían nun cerco. Ademais, tamén foi moi aplaudido o espectáculo de doma clásica, na que se amosaron as habilidades dun xinete a lomos dun fermoso cabalo andaluz.

Carlos Suárez

Nós Comunicación

AMES - MULLERES DE VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO APRENDEN HABILIDADES PARA XESTIONAR SITUACIÓNS DE RISCO

MULLERES DE AMES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO APRENDEN HABILIDADES PARA XESTIONAR SITUACIÓNS DE RISCO

  • No marco dunha iniciativa posta en marcha pola Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver cursos de autoprotección, en colaboración co Sindicato Unificado de Policía.

  • As beneficiarias practican técnicas de seguridade estática e dinámica para reaccionar ante unha situación de violencia e a forma adecuada de actuar se hai un menor presente.

Ames, 19 de setembro de 2011.- Un grupo de 13 mulleres residentes no municipio de Ames, vítimas de violencia de xénero, asisten desde hoxe a un curso para a aprendizaxe de técnicas de autoprotección, organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración co concello e o Sindicato Unificado de Policía. Falar cunha voz segura e potente, pero sen gritar, practicar movementos de esquivas ou usar correctamente a distancia ante o agresor son destrezas útiles para afrontar unha situación de risco por violencia e constitúen unha parte importante das sesións do curso, que foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola secretaria xeral da Igualdade, Marta González; o alcalde de Ames, Santiago Amor, e o axente de policía coordinador do curso, Alejandro Gómez. Tamén asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Familia Dependencia e Maiores, María Dolores Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade Eugenia Martín Vicente.

Os contidos didácticos están orientados á adquisición de destrezas que proporcionen ás participantes unha maior habilidade para xestionar positivamente as situacións de risco por violencia e, consecuentemente, teñan unha percepción de maior seguridade persoal. O curso ten unha duración de 12 horas, divididas en sesións teóricas e prácticas, consistentes en analizar a tipoloxía dos comportamentos violentos que se producen e os escenarios máis frecuentes destes, entre os que o máis habitual é o domicilio. A partires desa análise, as mulleres aprenden destrezas básicas para xestionar con habilidade a situación sorteando o risco, mediante a combinación de técnicas de seguridade estática e dinámica. O curso desenvolverase durante os días 19, 20, 22, 26, 27 e 29 de setembro en horario de 18.00 h. a 20.00 horas da tarde.

Segundo os datos facilitados pola secretaria xeral da Igualdade, Marta González, en Ames hai un total de 47 mulleres que teñen algunha medida de protección, entre ordes de protección e medidas cautelares. Esta foi un dos factores polos que se elixiu Ames para acoller este curso de autoprotección para mulleres vítimas da violencia de xénero.

Contidos prácticos

Técnicas para practicar esquivas totais ou parciais, o uso correcto da distancia ante unha agresión, os movementos precisos para un desprazamento eficaz, o comportamento recomendable se hai menores presentes ou o uso da voz son algunhas das destrezas que se exercitan nos cursos. A voz é un factor decisivo para frear a violencia do agresor. As mulleres aprenden a importancia de empregar palabras curtas e contundentes, cun ton de voz seguro e potente, pero sen gritar, tratando de ganar tempo e buscar unha saída ao escenario de violencia.

Policías especialistas na custodia de mulleres con ordes de protección

Os axentes de policía que imparten as sesións son especialistas en violencia de xénero, que desempeñan o seu traballo en unidades policiais vinculadas a esta problemática e en tarefas de custodia das mulleres con ordes de protección.

O curso que comeza hoxe en Ames forma parte da serie de 11 cursos programados este ano en Galicia, dos que xa se celebraron os correspondentes ás localidades de Arteixo, Ribeira, Vilalba, O Barco, Verín, Cangas, Moaña e Ponteareas, coa participación dun total de 130 mulleres. Por provincias, a participación está encabezada por Pontevedra con 48 beneficiarias, seguida de A Coruña con 42, Ourense con 25 e Lugo con 15 participantes. Faltan por celebrar os cursos de Monforte e Vigo, previstos para outubro.

A iniciativa, programada pola Secretaría Xeral da Igualdade por segundo ano consecutivo, está a ofrecer resultados moi positivos, tanto cuantitativamente polo cada vez maior número de mulleres interesadas en participar -o pasado ano celebráronse sete cursos, con asistencia de 80 mulleres- como cualitativamente, xa que as participantes se involucran activamente e valoran a súa nova capacidade para afrontar situacións de violencia trala participación nestas sesións.

MANCOMUNIDADE DE ORDES - A MANCOMUNIDADE PON EN MARCHA OS OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

A MANCOMUNIDADE DE ORDES PON EN MARCHA OS OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS ENTRE MÁIS DE 1.300 ESCOLARES DA COMARCA

Durante o curso 2010-2011 impartíronse un total de 193 obradoiros nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo

19 de setembro de 2011.- Co inicio do curso escolar, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes dá comezo a unha nova edición dos seus obradoiros de prevención de drogodependencias para o curso 2011-2012. Uns obradoiros que están dirixidos a máis de 1.300 escolares dos centros educativos de Primaria e Secundaria dos municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

As intervencións están dirixidas a escolares que cursan 5º e 6º de Primaria, así como aos alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Mónica González, técnico do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Munipios da Comarca de Ordes, explica que “este ano esperamos alcanzar a tanta poboación escolar como o ano pasado, no que participaron 1.324 alumnos dos sete concellos cun total de 193 obradoiros impartidos na aula”.

Mónica González asegura que “o sistema educativo ten a posibilidade de intervir, de forma temperán, con poboación infantil e adolescente, na prevención ou modificación de factores de risco antes de que se produzan problemas relacionados co uso de drogas”. Unha tarefa na que contan coa colaboración de directores, orientadores, educadores e titores dos distintos centros educativos da comarca de Ordes.

Unha colaboración que permite que as actividades grupais poidan axustarse ás necesidades do grupo, traballándose coas distintas aulas de alumnos en sesións de 50 minutos que se repiten ao longo do curso.

SILLEDA - A Alcaldesa lamenta que o BNG se desmarque nun momento en que a Semana Verde precisa de máis unión ca nunca das forzas políticas e sociais

A Alcaldesa de Silleda lamenta que o BNG se desmarque nun momento en que a Semana Verde precisa de máis unión ca nunca das forzas políticas e sociais

-Paula Fernández matiza que na reunión do padroado “non se votou ningún ERE, senon que se deron atribucións á xerenta para negociar cos representantes dos traballadores

Silleda, 16 de setembro de 2011. Á vista das manifestacións feitas polo BNG en relación á situación da Fundación Semana Verde de Galicia, e ante as críticas ao seu papel como representante do Concello de Silleda no padroado da citada fundación, a alcaldesa, Paula Fernández Pena, lamenta que o Bloque Nacionalista Galego se desmarque “con esas declaracións nun momento en que a entidade precisa, pola súa situación, de máis unión ca nunca das forzas políticas e sociais”.

A rexidora advirte que “dá a impresión de que alguén está tratando de sacar rédito político desta situación” e aclara que como representante de todos os silledenses, xa manifestou dende o primeiro momento o seu total apoio á Semana Verde.

Paula Fernández acláralle ao BNG que na sesión do padroado na que se deu a coñecer a proposta para reducir plantilla “non se votou ningún ERE”, e que a única decisión neste senso, respaldada por todos os patronos foi “facultar á xerente da fundación para negociar cos representantes dos traballadores, e nada máis”.

Así mesmo, ante as queixas do grupo do BNG por falla de información, a alcaldesa sinala que o lugar no que se vén rendido contas a nivel municipal é na xunta de goberno local, “onde aproveitamos para dar a coñecer as iniciativas dos distintos concelleiros”. Así, lamenta que o concelleiro do BNG non agardara a coñecer máis datos sobre a situación da Semana Verde na sesión de onte xoves “e unha hora antes dera unha rolda de prensa sobre este tema”.

Por último, Paula Fernández, ante as declaracións do BNG sobre a xestión feita na fundación ao longo destes anos e criticando nomeadamente o traballo doutros partidos, sinala que “durante a época do Bipartito na Xunta o Bloque tamén tivo responsabilidades neste recinto. É máis, correspondíalle, como titular da Consellería do Medio Rural levar o peso na revitalización do recinto e sen embargo tomáronse daquela decisións como a de construir o centro comarcal de servizos agrarios en Lalín, en lugar de aproveitar as instalacións da Semana Verde, algo que moitos veriamos como o máis lóxico”, apunta.

SANTIAGO - O alcalde, Xerardo Conde Roa, agradeceu e felicitou á Policía Local polo seu "traballo formidable" na primeira noite de botellón

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, agradeceu e felicitou á Policía Local polo seu "traballo formidable" na primeira noite de botellón. Malia que, segundo dixo, as circunstancias predispoñían a un "macrobotellón, afirmou que "non foi así" e que "as cousas foron razoablemente ben", polo que o Goberno municipal "seguirá traballando nesta liña".

"Están funcionando ben as medidas adoptadas polo Goberno local e que a Policía Local está a executar dun modo exemplar", apuntou Conde Roa. A noite deixou o balance dun menor identificado, doutras 100 persoas ás que se lles pediu a documentación e dun local ao que se lle abriu un expediente por vender alcohol a menores. Anunciou que este establecemento, situado na rúa Santiago del Estero, será clausurado. Tamén indicou que na última noite se xeraron 1.900 quilos de lixo.

O rexedor municipal valorou a boa receptividade cara estas medidas de identificación e indicou que "a xente é consciente de que hai que colaborar". Negou que a presenza policial no Campus motivara o desprazamento do botellón cara outras zonas da cidade. Unicamente -dixo- se detectou algún "grupo illado".

Chamada á responsabilidade
Tamén falou do botellón a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, quen recordou estas medidas de control deben ir acompañadas da "responsabilidade de pais, dos hostaleiros, das tendas 24 horas, daqueles maiores que facilitan o alcohol a menores e de políticos e medios de comunicación". A propósito destes dous últimos axentes, apuntou que "a notoriedade non facilita a busca de solucións, senón que provoca un efecto chamada".

Insistiu en que as medidas nesta materia non se reducen soamente á aplicación da lei. "Vai máis alá e irán acompañadas doutras medidas preventivas, de apoio ás familias e de ocio saudable". Todas estas actuacións, que estarán recollidas no Plan de Prevención que se presentará en outubro, "serán asumidas en breve polos mozos e os seus resultados veranse co tempo", engadiu.

Nova terminal de Lavacolla
Na mesma rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas sobre a inauguración da nova terminal de Lavacolla, o alcalde expresou que é "motivo de satisfacción para Santiago e para Galicia". A partir de agora, afirmou, "é un reto para a cidade, porque temos que poñer o aeroporto en valor xunto co todos os axentes do sector aeronáutico".

Máis alá das liñas de baixo custo, Conde Roa apuntou como obxectivos a captación tamén doutro tipo de compañías aéreas e a construción das conexións do aeroporto coa cidade. Citou neste punto o enlace coa AP-9 e o estudo sobre a conexión co AVE do Eixo Atlántico.

Como reto inmediato apuntou a captación de voos transoceánicos, necesarios para "ser a verdadeira competencia de Porto" e lograr que o aeródromo luso e o compostelán sexan "os dous grandes aeroportos do Eixo Atlántico".

OROSO – DEMOSTRACIÓN BANDA ANCHA NO RURAL

MANUEL MIRÁS FARÁ ESTE LUNS UNHA DEMOSTRACIÓN DA BANDA ANCHA QUE ESTÁ A LEVAR O CONCELLO DE OROSO AOS VECIÑOS DO RURAL

A iniciativa, posta en marcha por Allticnor SLNE e que ten un custe cero para o Concello, conta xa con 60 usuarios en tan só mes e medio

16 de septiembre de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e técnicos da empresa orosá Allticnor SLNE farán este luns 19 de setembro unha demostración do bo nivel de banda ancha de Internet que se está a desenvolver no rural de Oroso. Unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Oroso e Allticnor SLNE hai apenas mes e medio e que xa dá servizo a sesenta veciños e veciñas do rural orosán. A demostración terá lugar ás 12:30 horas (saída dende o Concello) do luns 19 de febreiro e percorreranse as aldeas de Senra, Cardama e San Mamede.

O Concello de Oroso é pioneiro na comarca para levar internet de banda ancha aos seus veciños e veciñas do rural. Grazas a un acordo asinado cunha empresa local, os veciños de Oroso teñen totalmente gratis a instalación e adquisición dos dispositivos precisos para disfrutar deste servizo, consistentes nunha parabólica e un receptor que serán financiados a través dos fondos do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Así, os veciños e veciñas de Oroso acceden a Internet de banda ancha por satélite a través da banda ancha rural de Hispasat, operador líder no mercado español e iberoamericano.

SANTIAGO – CORAL DE TORRELAVEGA NO TEATRO PRINCIPAL

Sociedad Coral de Torrelavega no Teatro Principal

  • A actuación, que se enmarca na dentro da xira que está a reallizar por terras galegas, será hoxe a partir das 21.00 h

  • A entrada é gratuita ata completar o aforo

Santiago de Compostela, 16/09/2011.- A Sociedade Coral de Torrelavega preséntase mañá, venres 17 ás 21.00 h, baixo a dirección de Miguel Egusquiza e a pianista Virginia Martínez.

Para este concerto escolleron un programa formado con bandas sonoras de películas destacadas, temas de óperas pop e música tradicional de Cantabria.

A Sociedade Coral de Torrelavega foi fundada en 1925, é a decana emtre as agrupacións do seu xénero en Cantabria. Acadou unha grande proxección baixo a dirección musical do mestre Lucio Lázaro quen foi o seu director durante corenta anos. Recuperou o seu esplendor de novo a partir de 1995.

BRION - UNHA RUTA CABALAR CON 200 XINETES ABRE HOXE SÁBADO A XXIX FESTA DO CABALO

UNHA RUTA CABALAR CON 200 XINETES ABRE HOXE SÁBADO A XXIX FESTA DO CABALO DE BRIÓN

O domingo terán lugar o concurso morfolóxico, unha exhibición de doma e o espectáculo do mexicano “Chico” Ramírez, que presentará un método de himnose e monta natural do cabalo

16 de setembro de 2011.- A XXIX Festa do Cabalo de Brión abrirá mañá sábado as súas portas cunha ruta cabalar polos montes de Rañalonga, na que está prevista a asistencia de preto de 200 xinetes procedentes de distintos municipios da comarca, sobre todo de Brión, Ames, Negreira e Noia. Unha festa organizada pola Asociación Festa do Cabalo de Brión nos Montes de Rañalonga (Brión) durante os días 17 e 18 de setembro e que conta coa colaboración do Concello de Brión e a Deputación da Coruña.

A Asociación Festa do Cabalo de Brión agarda repetir o éxito de público da pasada edición, na que preto de 7.000 persoas participaron na festa. Por iso, durante esta semana ultimaron os preparativos no entorno de Rañalonga, habilitando diversas zonas de aparcamento e sinalizando os camiños de chegada á festa. A pesar de que hai distintas pistas de enrada, Manuel Fernández, un dos responsables da Asociación Festa do Cabalo de Brión, recomenda que “a xente entre pola saída da autovía en Brión ou pola rotonda dos Ánxeles, xa que estará todo sinalizado e é doado de chegar”.

A festa comezará o sábado 17 de setembro ás 16:00 horas, momento no que preto de 200 xinetes sairán para facer unha ruta cabalar polo monte Rañalonga, seguindo as beiras do río Tambre. A organización decidiu cambiar de hora a ruta, que durará unhas tres horas e que antes se celebraba en horario de mañá, “porque a xente nos comentou que era o momento que mellor lles viña, polo que esperamos ter unha afluencia maior ca noutros anos”, explica Manuel Fernández.

Mentres eses xinetes participan na ruta cabalar, no recinto de Rañalonga terán lugar as probas de saltos de obstáculos nas súas distintas modalidades (1 metro, Maxi-Mini, Seis barras e Salto de potencia) e, a partir das 21:00 horas, terá lugar unha das probas máis divertidas, a tradicional carreira de burros.

Un himnotizador de cabalos, principal novidade

Na tarde do domingo 18 de setembro, concretamente ás 18:00 horas, terá lugar a principal novidade desta XXIX Festa do Cabalo de Brión. O mexicano Marcelino “Chico” Ramírez, un dos grandes mestres da comunicación con cabalos e unha das primeiras figuras do mundo na especialidade de doma ecuestre natural, presentaralles aos espectadores o seu método de himnose, manexo e monta natural do cabalo. Un espectáculo único en Galicia e que de seguro sorprenderá tanto a expertos como a novatos no mundo do cabalo.

Durante unha hora, “Chico” Ramírez ofrecerá un espectáculo de doma dun cabalo que nunca antes fora montado. Para iso, este enxeñeiro agrónomo mexicano utilizará unha disciplina que denomina “Manejo natural del Caballo”, modalidade que xurde dunha combinación da psicoloxía conductista e da etoloxía (rama da bioloxía que estuda o comportamento dos animais).

Este mestre mexicano asegura que co seu sistema é posible obter xentilmente a cooperación do cabalo nas tarefas que se lle solicitan. Unha demostración que poderán ver en vivo e totalmente de balde todos os que se acheguen o domingo 18 de setembro, ás 18:00 horas, polo monte Rañalonga de Brión.

Programa do domingo

O programa do domingo 18 de setembro inclúe as probas do concurso morfolóxico, que comezarán ás 10:00 horas e que se desenvolverán durante todo o día. Paralelamente, ás 11:00 horas terá lugar unha xincana, seguida co concurso de arrastre (13:00 horas). Ás 14:00 horas farase unha pausa para o xantar. No recinto de Rañalonga haberá unha pulpería privada para todos os que o desexen.

Xa pola tarde, e despois da embertada de xovencas (17:00 horas), terá lugar a exhibición de manexo natural de cabalos de “Chico” Ramírez (18:00 horas) e un espectáculo de doma (ás 19:00 horas). A Festa do Cabalo de Brión rematará pasadas ás 20:00 horas coa entrega dos premios. En total, a XXIX Festa do Cabalo de Brión repartirá 4.050 euros en premios. Dende a Asociación Festa do Cabalo de Brión advirten aos participantes que o maltrato aos animais será motivo de descalificación automática.

BOQUEIXÓN – O PLENO ADAPTA AS PRDEANZAS FISCAIS

O PLENO DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN ADAPTA AS ORDEANZAS FISCAIS.

No pleno ordinario celebrado o pasado mércores 14 de seteptembro no Concello de Boqueixón deuse a luz verde a modificación e adaptación de vairas tasas e impostos.

Na orde do día do pleno estaba previsto tratar as modificación do imposto de Vehículos de tracción mecánica, IVTM, o Imposto de Bens Inmobles e o ICIO, imposto sobre construción, instalación e obras.

Estes 3 impostos non sufrían modificacións dende o ano 2004 e debido ás diversas reformas normativas e a situación económica actual debían ser revisados e modificados. Así a proposta do pleno e que foi aprobada foi a seguinte: por unha parte dentro do IVTM propúxose a aplicación dun coeficiente do 1.50, que aumenta en 4 décimas o 1.10 vixente dende o ano 2004, así en termos xerais os vehículos de motor dependendo dos seus cabalos fiscais terán que aboar unha suma que vai dende os 18,80 ata os 168 € anuais en concepto deste imposto.

No caso do IBI o que se realizou foi unha unificación dos tipos a aplicar que eran de 0.33 % en zona rústica e 0.44 % en zona urbana e que quedan unificadas a este tipo para os dous terreos, unhas tarifas que están xusto por encima dos mínimos aplicables e lonxe dos 1,10 % que permite a lexislación vixente.

O outro dos impostos modificados foi o ICIO, que tamén unificou o seu tipo de gravame, que ía dende o 2 % ó 3% dependendo do tipo de obra a realizar e que queda unificado e establecido no 2.5% para todas as obras, construcións e instalacións a realizar no Concello de Boqueixón.

Jesús Sanjuás alcalde en funcións, quixo destacar que “estas modificacións non teñen un fin recadatorio e están vencelladas á necesidade de adaptarse ós momentos actuais, e poñen de novo en manifesto que o Concello de Boqueixón é un dos concellos no que se teñen mais servizos e no que estes resultan mais baratos, aplicando sempre que sexa posibles as tasas impositivas mínimas marcadas pola lexislación”.

A outra tasa que se sometía a debate era a Saneamento, que segundo o convenio asinado entre Espina y Delfín e o Concello de Boqueixón no ano 2010 debería neste ano 2012 sufrir unha revisión neste ano, polo que o pleno, cos votos a favor do P.P. aprobou o incremento do I.P.C. e unha subida do 15% nas tarifas, cumprindo así o previsto no convenio antes citado.

Por último tamén o pleno aprobou os festivos locais do vindeiro ano que por primeira vez en moito tempo non serán San Vicente nin a Ascensión o coincidir en festivo, así no ano 2012 serán xornadas festivas o Martes de Entroido e San Roque.

PP BRION - El PP de Brión acusa al alcalde de trato de favor

El regidor consintió la ejecución de varias obras que carecían de licencia

El PP de Brión acusa al alcalde de trato de favor

· Los populares de Brión consideran que el gobierno local ha beneficiado a un vecino en perjuicio de todos los demás

· Advierte que revelará más datos respecto al caso y que el PP de Brión lo llevará hasta sus últimas consecuencias

Brión, 15 de septiembre de 2011.- El líder del Partido Popular de Brión, Carlos Tomé Fondo, denuncia la total pasividad del alcalde, el socialista José Luis García, respecto a las obras realizadas por un particular sin ningún tipo de licencia, en una vivienda ubicada en la parroquia de A Torre.

El hecho de que durante casi un año el regidor socialista hiciera oídos sordos a las quejas emitidas por varios vecinos en relación a estas obras, despertaron las sospechas de los populares, que tras investigar el caso, concluyen que el alcalde podría haber tenido un trato de favor con un vecino.

En julio del verano pasado una vecina acudió al Concello de Brión para quejarse de la posible ilegalidad de unas obras que se estaban llevando a cabo en una vivienda cerca de su casa, situada en las inmediaciones de As Torres de Altamira, zona protegida por Patrimonio. Aunque el alcalde, el socialista José Luis García, fue informado inmediatamente del tema, ningún responsable municipal se personó en el lugar para comprobar los hechos.

Con el paso de los meses, más vecinos se acercaron al consistorio para pedir la investigación de este asunto, pero tampoco sus quejas ante el alcalde y el arquitecto municipal obtuvieron una respuesta.

Ante la manifiesta inoperatividad de los responsables municipales, una vecina decidió acudir a Patrimonio y poner una denuncia. En ella mencionaba la construcción de un muro de piedra pegado a la carretera, la restauración de un alpendre y la construcción de una caseta de piedra.

Pasados los meses sin obtener respuesta y viendo que las obras seguían en marcha, los vecinos decidieron enviar al alcalde una denuncia escrita de lo acontecido. Es entonces cuando el Concello les informa de los siguientes puntos, ya en mayo de 2011, diez meses después de las primeras quejas:

· Que la restauración del alpendre, a pesar de no tener licencia municipal ni autonómica, ha sido legalizada.

· Que se abrió un expediente de reposición en relación al muro de piedra por no tener licencia. El Concello citó al infractor, que presentó el informe de un arquitecto privado en el que alegaba que el muro tenía más de diez años, por lo que la infracción había prescrito. Debido a ello, el gobierno local decidió archivar el expediente relativo al muro.

· En cuanto a la nueva caseta, el Concello no se pronunció al respecto.

Tras esta respuesta, muchos vecinos dirigieron sus quejas al Partido Popular porque les resulta inadmisible que el alcalde aceptara como única prueba válida el informe privado del infractor. Convencidos de que el informe del arquitecto privado era falso, los vecinos presentaron fotografías aéreas como prueba. En estas instantáneas se puede ver claramente que ninguna de estas obras tiene más de diez años y así lo constataron también las firmas de más de una decena de vecinos del lugar, que atestiguan que el muro es de reciente construcción.

El portavoz municipal del PP, Carlos Tomé, ha podido confirmar que ninguna de estas obras contaba con licencia municipal o autorización de Patrimonio. Algunas de ellas ni siquiera cumplen con los retranqueos exigidos en el Plan General de Ordenación Municipal (PGOM).

Finalmente, el gobierno local ha abierto un expediente de reposición al infractor y ha ordenado la demolición de la caseta, hecho que, a ojos del PP, “confirma la veracidad de las denuncias de los vecinos”. Pero todavía queda por dilucidar el tema del muro, que sigue construido a pie de carretera, sin que se haya sancionado al vecino por ello. “Al señor alcalde hay que explicarle que no todo vale y que actuaciones como ésta provocan que la seguridad jurídica se vea dañada”, afirma Tomé.

Para velar por los derechos de los demás vecinos, el Partido Popular presentó un escrito con una serie de preguntas en el que también se solicitaba la demolición de la caseta. Ninguna de estas preguntas han sido respondidas por escrito, tal y como pidieron los populares al regidor socialista, “por si fuera necesario usar la vía judicial”, dice Tomé. Pero el alcalde se limitó a contestarlas oralmente durante el pleno de la semana pasada. Entre sus respuestas aseguraba que “en las fotografías aéreas no se podía observar si las obras estaban realizadas o no” y que “no tuvo conocimiento de la construcción de la nueva caseta hasta mayo de 2011”. A juicio del portavoz popular, el alcalde está mintiendo descaradamente, ya que “la primera denuncia se le presentó en julio de 2010 y ya por aquel entonces, se le enviaron fotografías de la obra”, asegura Tomé.

Tomé y su equipo, que continúan haciendo investigaciones al respecto, denuncian que tras revisar toda la documentación existen “muchos indicativos” de que pudiera haber trato de favor del alcalde hacia el infractor. Por todo ello advierten que el PP piensa investigar el caso hasta sus últimas consecuencias y que en breve revelará más datos relativos a este asunto.

BRION – curso de danzas do mundo

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UN CURSO DE DANZAS DO MUNDO

15 de setembro de 2011.- Aprender os pasos e as posicións dalgúns dos bailes máis coñecidos do planeta. Éste é o obxectivo do obradoiro “Danzas do Mundo”, convocado polo Concello de Brión dentro da súa oferta formativa para o vindeiro mes de outubro. Un curso de 8 horas de duración no que os participantes aprenderán recursos e técnicas de animación e interculturalidade a través da aprendizaxe de danzas típicas de diferentes países do mundo, dende as polcas americanas ata danzas indíxenas africanas.

O obradoiro está dirixido especialmente a persoas que traballan con rapaces, pois este tipo de danzas, sobre todo as de tipo circular, son moi recomendables á hora de organizar traballos en equipo. As clases terán lugar os sábados 22 e 29 de outubro no centro social polivalente, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A cota de inscrición é de 20 euros e o prazo de anotación estará aberto ata o 30 de setembro na Casa da Cultura ou a través do teléfono 981 509 908 ou da páxina web voluntariado@briondixital.org. A admisión realizarase por rigurosa orde de inscrición, tendo preferencia os veciños de Brión.

AMES - O Concello recadará máis de 4 millóns de euros de IBI

O Concello recadará máis de 4 millóns de euros de IBI que xa están gastados polo anterior goberno socialista

A Xunta de Goberno Local aprobou de xeito definitivo o proxecto de urbanización do polígono onde se prevé ubicar a nova escola infantil

15 de setembro de 2011. A Xunta de Goberno Local aprobou o Imposto de Bens Inmobles, o IBI, co que este ano o Concello recadará 4.794.578,46 €, que son 347.697,58 € máis que o ano 2010 debido a que a medida que pasan os anos o coeficiente reductor polo que se multiplica a base impoñible é menor o cal implica que o imposto a pagar sexa maior. O Concello recadará o IBI no mes de novembro.

O ex-alcalde, Carlos Fernández leva tempo explicando en medios de comunicación que a situación económica do concello non é tan grave e que agora se recadarán máis de catro millóns de IBI, o alcalde amiense, Santiago Amor, explica que “ é certo que as arcas municipais recadarán máis de catro millóns de euros, pero eses cartos xa están gastados, e destinaranse a amortizar unha liña de crédito de 2.845.000 euros, as facturas de caixón que superan os 2.000.000 de euros, os Fondos do Estado ou o gasto corrente que os socialistas esgotaron durante a campaña electoral, de aí as facturas sen previsión de gasto coas que nos encontramos”. Neste senso, o rexedor popular explica que no Concello apareceu outra factura as últimas semanas por un importe superior aos 11.000 euros cuxo provedor asegurou que “lla dera en man a Carlos Fernández”; e “agora esta factura non aparece por ningún lado”, explica Santiago Amor, e engade que a aparición de novas facturas é constante.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou de xeito definitivo o proxecto de urbanización do polígono B7- 06 “Rego dos pasos Sur IV”, onde o goberno local prevé ubicar a nova escola infantil de Bertamiráns. Esta área está situada a carón do paseo fluvial de Bertamiráns e nela hai unha parcela de equipamento de 3.389 metros cadrados na que o goberno local prevé situar a futura escola infantil de Bertamiráns, coa que se poría solución en gran medida ao problema de falta de prazas escolares que sofre o Concello de Ames debido ao considerable crecemento da poboación que ben rexistrando nos últimos anos.

A Xunta de goberno aprobou a contratación para a limpeza do CEIP a Maía

A Xunta de goberno aprobou tamén a contratación para a limpeza do CEIP a Maía por un importe de de 39.648,00 euros. O servizo de limpeza diario prestarase durante os meses de duración do curso escolar, ata o 30 de xullo do 2012. Ademais, antes do inicio do curso escolar, na época de Nadal e en Semana Santa realizarase unha limpeza xeral do centro.

SILLEDA DIA DA BICICLETA

Silleda repartirá agasallos entre todos

os participantes na Festa da Bicicleta

-A cita deportiva celebrase este sábado día 17 a partir das 17.30 horas.

Silleda, 15 de setembro de 2011. Pasado mañá sábado día 17 de setembro celebrarase en Silleda unha nova edición da Festa da Bicicleta, na que poderán participar xentes de todas as idades. A única condición é acudir provistos de casco para garantir a seguridade no percorrido. A ruta partirá ás 17.30 horas da praza Siñor Afranio (xunto á Casa da Cultura) e descorrerá polos alrededores da vila de Silleda.

Así, o percorrido continuará pola rúa Morón, a avenida da Estación, as inmediacións do recinto feiral Semana Verde, a carretera de acceso a Vila de Cruces, o entorno das Pedrosas, avenida do Parque… para rematar finalmente na praza da Igrexa. O percorrido total suma 6,2 kilómetros (aínda que se adaptará ás idades das persoas que participen). Haberá agasallos para todos os que se suman a esta iniciativa deportiva, organizada polo Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra. O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, anima a todos os silledenses a participar neste evento que fomenta a práctica de hábitos saudables a través do uso da bicicleta.