Sociedad Coral de Torrelavega no Teatro Principal
- A actuación, que se enmarca na dentro da xira que está a reallizar por terras galegas, será hoxe a partir das 21.00 h
- A entrada é gratuita ata completar o aforo
Santiago de Compostela, 16/09/2011.- A Sociedade Coral de Torrelavega preséntase mañá, venres 17 ás 21.00 h, baixo a dirección de Miguel Egusquiza e a pianista Virginia Martínez.
Para este concerto escolleron un programa formado con bandas sonoras de películas destacadas, temas de óperas pop e música tradicional de Cantabria.
A Sociedade Coral de Torrelavega foi fundada en 1925, é a decana emtre as agrupacións do seu xénero en Cantabria. Acadou unha grande proxección baixo a dirección musical do mestre Lucio Lázaro quen foi o seu director durante corenta anos. Recuperou o seu esplendor de novo a partir de 1995.
Ningún comentario:
Publicar un comentario