PP OROSO - El PP denuncia que el gobierno local modifique la rotonda de la N-550 pese a tener un informe desfavorable

El PP de Oroso denuncia que el gobierno local modifique la rotonda de la N-550 pese a tener un informe desfavorable

· Recuerdan al regidor socialista que la propia Ley de contratos no permite las modificaciones de los proyectos

· Critican la convocatoria de un pleno extraordinario para tratar temas que podrían haberse abordado en un pleno ordinario

Oroso, 15 de septiembre de 2011.- El portavoz de los populares de Oroso, José Manuel Balado, denuncia que el gobierno local tenga intención de modificar la rotonda de la N-550, pese a haber sido desaconsejada por técnicos municipales. Esta decisión, tomada hoy en un pleno extraordinario, choca de lleno con la opinión de los técnicos municipales, pues tanto el secretario como el interventor han emitido informes desfavorables a la modificación de la rotonda. Por todo ello, Balado considera que “la oposición del PP obedece a un acto de responsabilidad jurídica avalada por los técnicos municipales”.

Los representantes populares le han recordado al regidor orosán, el socialista Manuel Miras Franqueira, que la propia Ley de contratos no permite cambios en los proyectos. En ella se especifica que cualquier modificación debe estar prevista en el proyecto inicial, por lo que “hacerlo a posteriori, constituye un fraude de ley”, denuncia el portavoz de los populares.

Critican, además, el carácter extraordinario del pleno para tratar dos temas completamente ordinarios: por un lado, los días de fiesta local del Concello de Oroso y, por el otro, la modificación de un proyecto de la rotonda de la N-550. “No vemos la necesidad de convocar una comisión urgente para tratar dos temas que bien podrían haberse debatido en un pleno ordinario y con ello evitar los costes que se derivan de una comisión extraordinaria”, critica el líder popular.

COLEGIO

En otro orden de cosas, el PP también exige al alcalde que no engañe a los vecinos ni exima su responsabilidad en relación al retraso en las obras del nuevo colegio en Oroso, “un asunto sobre el que está volcando innumerables mentiras”, denuncia Balado.

En este sentido, los populares consideran necesario puntualizar que la Consellería de Educación solicitó la licencia para que dieran comienzo las obras ya en 2008, pero “el Concello no pudo concederla porque existen informes desfavorables respecto a la zona donde el gobierno municipal pretende construir el colegio”, explica Balado. “Sin licencia, la Xunta no puede empezar las obras”, matizó. Por este motivo, pidió que “no culpe a la Xunta del retraso de las obras, sino que culpe a la propia incapacidad del gobierno local”.

El equipo popular de Oroso también advierte de que la zona donde se quiere construir el colegio no es la más idónea, ya que es justo a la entrada de un polígono industrial, “con el peligro que esto supone para los menores, dada la afluencia de camiones y otros vehículos pesados en la zona”, recalca Balado. “El Concello de Oroso tiene más terrenos a su disposición para cambiar la ubicación del colegio” –comenta el popular-, “lo que nos hace preguntarnos qué interés tiene el Alcalde en ubicarlo en esos terrenos en particular, ya que tanto se opone a considerar otras ubicaciones”. El Partido Popular le recuerda al regidor socialista que “hay que gobernar en base a lo que es mejor para los ciudadanos y no en base a intereses personales”, recalca Balado.

PSOE AMES – COMUNICADO DE PRENSA

image

OROSO - SIGÜEIRO CELEBRA ESTE VENRES AS SÚAS TRADICIONAIS FESTAS NA HONRA A SANTA EUFEMIA

SIGÜEIRO CELEBRA ESTE VENRES AS SÚAS TRADICIONAIS FESTAS NA HONRA A SANTA EUFEMIA

Haberá unha gran verbena coas orquestras Bámbola e Costa Oeste

15 de setembro de 2011.- Os veciños se veciñas de Sigüeiro e Barciela celebrarán mañá venres 16 de setembro as súas tradicionais festas na honra a Santa Eufemia. Unhas celebracións que comezarán con misas dende as 9:00 horas, estando programada a misa solemne para as 13:00 horas. Ao rematar o oficio relixioso terá lugar unha sesión vermouth a cargo da Banda de Arca e a orquestra Bámbola.

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá xogos inchables para os pequenos. Despois da misa das 19:00 horas terá lugar un gran concerto da Banda de Música de Arca. Xa pola noite, as festas rematarán cunha gran verbena coas orquestras Bámbola e Costa Oeste.

Estas festas están organizadas pola Comisión de Festas de Sigüeiro-Barciela, en colaboración co Concello de Oroso. Ademais, os membros da comisión de festas realizarán unha rifa para o sorteo dunha estancia nun balneario, con 100 euros para gastos, entre todos os asistentes.

OROSO - O PLENO APROBA UN MODIFICADO NO PROXECTO DA ROTONDA DE SIGÜEIRO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NO SEU ENTORNO

O PLENO DE OROSO APROBA UN MODIFICADO NO PROXECTO DA ROTONDA DE SIGÜEIRO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NO SEU ENTORNO

Os traballos incluirán novas canalizacións de augas pluviais e beirarrúas na marxe dereita da Avenida de Compostela

15 de setembro de 2011.- O pleno municipal de Oroso aprobou esta mañá, cos 8 votos a favor de PSOE e BNG e os 5 en contra de PP e PG, a modificación do proxecto de acondicionamento da intersección da N-550, no seu punto quilométrico 48,540, para “mellorar a seguridade viaria na zona”, segundo explicou o alcalde, Manuel Mirás Franqueira.

Unhas melloras que se farán mediante a instalación de novas sinais direccionais e de seguridade para os viandantes da avenida de Compostela e que incluirán a construcción dunhas beirarrúas (na marxe dereita, sentido Santiago) e dun muro que ampare o talude que hai sobre elas. Estas beirarrúas permitirán conectar a rúa Maruzo coa rúa da Ulloa, a través da avenida de Compostela, o que mellorará a seguridade viaria daqueles pais e nais de Sigüeiro que desexen levar camiñando aos seus cativos á gardería municipal da Ulloa.

Mirás Franqueira destacou no pleno que as obras incluirán unha serie de canalizacións de augas pluviais xa que “cando chove moito, baixa un rego de auga pola cuneta e acumúlase na entrada da rúa do Xuncal, e iso hai que corrixilo”. Uns traballos que contan cun certificado de crédito para a súa execución expedido pola Intervención Municipal.

Recepción do polígono

Os dous grupos da oposición xustificaron o seu voto en contra do proxecto na existencia dun reparo da Intervención Municipal e indicaron que os problemas veñen do ano 2004, cando se recibiu o polígono San Martiño I de Sigüeiro, promovido por Xestur. Neste sentido, Manuel Mirás pediulle ao voceiro do Partido Galeguista que “alabe por igual aos funcionarios municipais cando fan informes que non coinciden cos seus postulados, pois son excelentes profesionais en ambos casos”.

Mirás Franqueira asegurou que “ese polígono foi un completo despropósito do Goberno que había daquela, que mesmo quixo facer esta rotonda onde non había distancia suficiente coa entrada da autopista e sen comunicarllo a Fomento”. Unha situación que foi corrixida no Plan Xeral de Ordenación Municipal e que permitiu a construcción da rotonda uns 200 metros máis cercana a Sigüeiro, xusto na intersección entre a N-550 cos accesos rodados aos polígonos de San Martiño (Sigüeiro) e Oroso Pequeno e á gardería municipal da Ulloa.

Preguntado polo destino dos 150.000 euros que Xestur deixara consignados para a realización da rotonda, Manuel Mirás explicou que o proxecto previsto no ano 2004 tiña un custo total de 599.000 euros (con prezos de acordo co ano 2003), mentres que o actual ascende a 579.000 euros grazas á rebaixa que fixo a empresa adxudicataria, a pesares de ser unha obra moi complexa xa que pola zona pasan o oleoducto, liñas telefónicas, eléctricas...

Festivos

O pleno tamén aprobou un cambio na fixación dos festivos locais, ao coincidir en domingo o día de Santa Eufemia. O acordo, aprobado por unanimidade, fixa como días festivos para 2012 o martes de Entroido (21 de febreiro) e o San Roque (16 de agosto).

BOQUEIXON – ACTIVIDADES OUTONO

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE OUTONO.

O Concello de Boqueixón acaba de presentar a súa XANELA, a axenda cultural de actividades para este outono 2011, con toda a programación de actividades que ofertan os diferentes departamentos deste municipio.

Para este outono 2011, e co inicio do curso escolar van a ter moita presenza as actividades formativas e de conciliación do ocio e a vida laboral.

Como todos os anos comezarán a funcionar as Ociotecas, os espazos lúdico educativos que están enfocados a nenos e nenas a partir de 3 anos e que se levarán a cabo nos lugares de Lestedo, O Forte, Camporrapado e Sergude e nos que durante este trimestre se realizarán diversos obradoiros de lecer: como crear os nosos xoguetes ou noso videoxogo.

Xunto coa vertente lúdica esta xanela está moi marcada polas actividades formativas, sen dúbida a mais importante vaia a ser a encamiñada a ensinanza de linguas estranxeiras, como todos sabedes, dende hai uns anos estase a realizar unha experiencia innovadora no eido do aprendizaxe de inglés. Cambridge Learners English, un curso homologado pola Universidade de Cambridge, que conta cun plantel de profesorado nativo e que permite a alumnos e alumnas de todas as idades e niveis avanzar na aprendizaxe e as súas habilidades nesta lingua ata acadar as certificacións necesarias e homologadas pola estas universidade inglesa. Para os mais novos tamén se vai a seguir co programa Kids English Zone, un programa enfocado a nenos e nenas de 4 a 9 anos, actividade que vai a permitir un acercamento dos mais pequenos a esta lingua, estimulando a súa futura aprendizaxe.

Para este ano a novidade ven da man dun curso de iniciación ó Alemán que virá a complementar a oferta de aprendizaxe lingüística coa que xa conta o Concello de Boqueixón. Dentro do apartado formativo tamén esta xanela recolle actividades de mecanografía, novas tecnoloxías… image

No eido cultural a oferta de actividades esta ano aposta pola tradición e polo folclore tradicional, con curso de gaita, percusión tradicional e complementado con actividades como teatro, pintura, baile moderno ou danza do ventre…

Tamén nesta XANELA de outono se mostra a oferta de actividades para os adultos e maiores. Neste outono retomaranse de novo as actividades como o teatro, obradoiros de memoria ou actividades de ocio como un circuíto termal ó balneario de Cuntis.

Xunto con todas estas actividades tamén o ciclo de teatro, que como cada outono se realizará na Casa da Cultura de Camporrapado, e que comezará o 30 de outubro e no que participarán un total de 4 grupos de teatro que traerán a Camporrapado as súas obras e postas en escea.

A Xanela de Outono comezará a chegar nos vindeiros días a todas as casas do Concello e xa se pode ver na páxina web www.boqueixon.com de onde se irá informando das actvidades e dos prazos e formas de inscripción.

SILLEDA - Reunión del delegado del Gobierno en Galicia con la alcaldesa

Reunión del delegado del Gobierno en Galicia con la alcaldesa de Silleda

A Coruña, 14 de septiembre de 2011.- El delegado del Gobierno en Galicia, Miguel Cortizo, ha recibido esta mañana en su despacho de la Delegación del Gobierno a la regidora de Silleda, Paula Fernández, quien ha acudido acompañada por el primer teniente de alcalde y concejal de Obras e Servizos del mencionado municipio pontevedrés, Manuel Cuíña. El encuentro sirvió para analizar varios proyectos de interés municipal.

La alcaldesa de Silleda ha solicitado la colaboración del delegado del Gobierno para que medie ante el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a fin de agilizar la licitación y ejecución de las obras comprendidas en el proyecto de puesta en valor de la Fervenza da Férveda y del entorno natural de la parroquia de Escuadro, con un presupuesto de 190.000 euros. Asimismo, Paula Fernández le ha pedido a Miguel Cortizo que haga gestiones ante ese mismo ministerio con el objetivo de conseguir la financiación necesaria para impulsar la redacción y ejecución de un proyecto que permita completar la puesta en valor del Regato da Gouxa, con un presupuesto estimado de unos 200.000 euros. SILLEDA - REUNION CO DELEGADO DO GOBERNO SEPTEMBRO 2011

Por último, la mandataria de Silleda ha requerido la mediación del delegado del Gobierno en Galicia para conseguir que el Ministerio de Fomento agilice el proyecto de habilitación de unas sendas peatonales entre Bandeira y Lamela, entre Bandeira y Chapa, y entre Silleda y Taboada. Paula Fernández le recordó al representante del Ejecutivo estatal que tanto este proyecto de las sendas peatonales como el de la Fervenza da Férveda de Escuadro ya habían sido presentados y gestionados durante su anterior etapa como alcaldesa de Silleda.

Miguel Cortizo ha garantizado a la regidora que hará las gestiones oportunas para que los citados proyectos puedan materializarse en el menor plazo de tiempo posible.

SILLEDA - O Concello ampliará a traída municipal de augas á parroquia de Saídres

O Concello de Silleda ampliará a traída municipal de augas á parroquia de Saídres

Os veciños respaldaron de forma maioritaria a decisión nun encontro coa alcaldesa, Paula Fernández, e o edil de Obras e Servizos, Manuel Cuíña

Silleda, 14 de setembro de 2011. A rede municipal de augas será ampliada á parroquia de Saídres. Así o explicaron a alcaldesa, Paula Fernández Pena e o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, nun encontro cos veciños desta parroquia celebrado en días pasados. Nesta reunión, á que acudiron numerosos residentes da localidade, formalizouse a proposta do goberno municipal, que foi votado obtendo un respaldo maioritario.

“Xa estamos a traballar para levar canto antes a traída municipal ata Saídres”, explica Cuíña sobre unha decisión que se enmarca nun recente acordo da xunta de goberno local. Este órgano acordou ampliar a traída municipal de Silleda e A Bandeira a todas aquelas parroquias onde fose posible realizar as obras, en lugar de realizar outras captacións.

Segundo se explicou no encontro cos veciños, o custe mínimo sería de 6 euros ao mes (págase só abastecemento), cun consumo suficiente para abastecer a unha vivienda con 4 persoas. “Moitos veciños entenderon que ese custe sería perfectamente asumible tendo en conta que ata pagan máis polo consumo eléctrico no caso dos pozos particulares”, sinala o concelleiro. Dende o departamento de Obras e Servizos xa se iniciaron as xestións oportunas para realizar o proxecto desta actuación.

AMES – DIA DO DEPORTE 2011

Ames celebra a sexta edición do Día do Deporte o 24 de setembro

Ames, 14 de setembro de 2011. O Concello de Ames, baixo a iniciativa da Concellaría de Deportes, ten preparada, por sexto ano consecutivo, unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte. O sábado 24 de setembro, dende as 16:00 h. ás 20:00 horas, todos e todas as amienses de todas as idades poderán gozar de varias actividades deportivas axeitadas a todos os gustos. Todas as persoas que participen en cinco actividades, recibirán un agasallo. Así que xa o sabes, se che gusta practicar deporte non podes faltar á cita na área deportiva do Milladoiro, onde haberá actividades como inchables deportivos, tenis de mesa, floorball, xincanas ciclistas, piragüismo e moitas máis.

O deporte é necesario. É unha actividade lúdica e mental que mellora a calidade de vida de quen o practica. Ademais, non só é beneficioso para pór en forma o corpo senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de escoller unha actividade nesta sexta edición do Día do Deporte.AMES ´DIA DO DEPORTE 2011 UNO

Tenis de mesa, ultimate, voleibol, fútbol, bádminton, inchables deportivos, inchables de obstáculos, xincanas ciclistas, floorball, piragüismo, baloncesto, tenis e ata unha zona onde poder avaliar a túa condición física son as actividades que propón a Concellaría de Deportes. Con esta oferta, todas as persoas afeccionadas ou interesadas no deporte atoparán neste VI Día do Deporte a disciplina que máis se axuste as súas necesidades, gustos ou posibilidades físicas.

Todos e todas as interesadas en participar neste evento deportivo poderán realizar a inscrición o mesmo sábado 24 de setembro pola tarde. Cada participante recibirá unha especie de pasaporte deportivo onde se sinalarán as actividades que vai realizando ao longo da xornada. Por cada actividade na que se participe, os e as asistentes recibirán un selo no cadro correspondente. Unha vez que se consigan cinco selos, o participante recibirá un agasallo que poderá recoller na oficina da organización.

A sexta edición do Día do Deporte reunirá as actividades propostas na área deportiva de Milladoiro. Todas as actividades comezarán ás 16:00 horas e prolongaranse ata as 20:00 horas da tarde. O tenis de mesa, o tenis, o bádminton, o voleibol o fútbol ou o piragüismo son algúns dos deportes que se poderán practicar nesta sexta edición do Día do Deporte.

OROSO – PLENO EXTRAORDINARIO PARA POÑER EN MARCHA A MODIFICACIÓN DO ACONDICIONAMENTO DA ROTONDA DE SIGÜEIRO

OROSO CELEBRA MAÑÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA POÑER EN MARCHA A MODIFICACIÓN DO ACONDICIONAMENTO DA ROTONDA DE SIGÜEIRO

Os traballos mellorarán a recollida de augas pluviais na zona e permitirán construír beirarrúas dende Sigüeiro ata a rotonda

14 de setembro de 2011.- O pleno municipal de Oroso celebrará mañá xoves 15 de setembro, ás 10:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria na que estudiará o levantamento dun reparo da Intervención Municipal para proceder á modificación do proxecto de acondicionamento da intersección da N-550, onde se construíu unha rotonda que mellorou o acceso rodado aos polígonos de San Martiño (Sigüeiro) e Oroso Pequeno e á gardería municipal da Ulloa.

Os traballos incluirán unha mellora na canalización das augas pluviais para evitar que poidan escorregar ata zonas como a rúa do Xuncal cando se rexistren fortes precipitacións. Ademais, os traballos incluirán a construción de beirarrúas dende Sigüeiro ata a rotonda, o que mellorará a seguridade viaria daqueles pais e nais da capital municipal que desexen levar camiñando aos seus cativos á gardería. As melloras na zona tamén incluirán o retranqueo dos postes de alumeado público e unha mellora da sinalización viaria.

A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

1- Ratificación da urxencia da convocatoria

2- Aprobación, se procede, dos 2 días de festa de carácter retribuido e non recuperable no ámbito do termo municipal de Oroso para o ano 2011

3- Levantamento, se procede, do reparo da Intervención Municipal á modificación do proxecto de acondicionamento da intersección na N-550 pk 48+540, do 28 de xullo de 2011

BNG ORDES - O BNG APOIA UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS DOS VECIÑOS DE LEIRA PARA FACILITAR OS ACCESOS DESDE A N-550 A VARIOS NÚCLEOS

O BNG APOIA UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS DOS VECIÑOS DE LEIRA PARA FACILITAR OS ACCESOS DESDE A N-550 A VARIOS NÚCLEOS

As recentes melloras da estrada incluiron unha liña continua que limita o acceso a varios núcleos de población, afectando a 200 veciños

O BNG de Ordes apoia a recollida de sinaturas dos veciños e veciñas da parroquia de Leira, no que se instará ao Ministerio de Fomento a que se realicen as xestións necesarias para recuperar o acceso a varios núcleos de población da parroquia de Leira desde a N-550 no sentido de circulación cara A Coruña, que se viu suprimido nas últimas obras de mellora da pavimentación da N-550, ao cambiar a liña discontinua que existia anteriormente por unha liñea continua.

O BNG mantivo unha reunión con veciños afectados por esta limitación, na que se analisou a situación e se acordou iniciar a recollida de sinaturas para demandar unha solución a esta situación.

Segundo explicou Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, “os conductores que circulan pola N-550, en sentido A Coruña, vense na imposibilidade de poder acceder aos núcleos de Altiboia, Castiñeira, Gouzón, O Castro, Meitufe e Castrelos, debido ao cambio da liña discontinua que existía antes por unha liña continua, que os obriga a continuar 3 kilómetros até a rotonda do Mesón do Vento, para poder cambiar o sentido da marcha e acceder a estes núcleos de poboación”.

O portavoz do BNG afirmou que “o tramo onde se ubica o acceso a estes núcleos é recto e con visibilidade, e até hai pouco permitiase o adiantamento, razón pola que resulta xustificado incluir unha liña discontinua á altura deste acceso para permitir que os vehículos que circulan en dirección A Coruña poidan realizar un xiro e incorporarse ao mesmo.”.

Castro salientou que “son máis de 200 os veciños afectados por esta situación, polo que desde o BNG, ademáis de apoiar a recollida de sinaturas, presentaremos unha iniciativa no Pleno para que a Corporación Municipal inste ao Ministerio de Fomento a resolver esta situación”.

AMES – BRION - O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN TRASTEIRO NO MILLADOIRO (AMES)

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN TRASTEIRO NO MILLADOIRO (AMES)

14 de setembro de 2011.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) extinguíu esta mañá un lume declarado nun trasteiro dunha vivenda da localidade de O Milladoiro (Ames). O SEBRI recibiu o aviso do 112 ás 8:15 horas de hoxe e tres operarios desprazáronse ata o lugar dos feitos con dous vehículos: o vehículo de intervención rápida (pick-up) e a Bomba Urbana Lixeira (BUL).

O incendio, cuxas causas aínda se descoñecen, tivo lugar nun trasteiro situado nun baixo do Milladoiro. A rápida intervención dos técnicos do SEBRI permitiu controlar o lume, sacar gran parte do contido do trasteiro e ventilar o baixo, de xeito que a incidencia quedou controlada ás 10:30 horas sen que se produciran danos de consideración.

PP – REUNION COMARCAL

Criticó la falta de seriedad del Gobierno en la toma de decisiones

Calvo: “El PP de la comarca está más unido que nunca y aspira a lograr el quinto diputado en la provincia”

· El Secretario General del Partido Popular se reunió con los alcaldes y portavoces del partido en Santiago Sur

· En esta reunión habló de la necesidad de “un cambio en Madrid que dé un espaldarazo a lo que necesitamos en esta comarca”

Dodro, 13 de septiembre de 2011.- El Secretario General del Partido Popular, Diego Calvo, y el Secretario de Organización y coordinador de campaña, José Manuel Álvarez-Campana, han mantenido hoy una reunión de trabajo con los portavoces y presidentes locales del PP en el partido judicial de Santiago Sur.

Esta primera reunión conjunta tenía por objeto marcar la hoja de ruta de cara a la próxima cita electoral del 20-N, que el Partido Popular afrontará con el objetivo de revalidar los magníficos resultados de las pasadas elecciones municipales y “lograr el quinto diputado para la provincia”.

Durante el transcurso de la reunión, Calvo habló de la necesidad que se detecta en la gente de un cambio de gobierno en España. “Las personas piden un gobierno que afronte los problemas y no uno que esté ausente porque no ha sabido mantener la herencia que se encontraron hace ocho años, cuando España todavía era la octava potencia del mundo”, ha dicho.

Según el representante popular, “cualquier balance que se pueda hacer del gobierno de Zapatero es posible resumirlo con un solo dato: cinco millones de parados”, cifra que ha contribuido a crear activamente el candidato del PSOE que ahora se presenta a las elecciones. “No debemos olvidar que Rubalcaba no ha sido un actor secundario estos últimos años” –matizó Calvo-, “sino un actor principal en esa cifra de cinco millones de parados”.

En cuanto a la problemática particular que afecta a Santiago Sur, Calvo quiso trasladar a los ciudadanos que “el PP provincial está más unido que nunca”. Con esta unión en mente, los portavoces y presidentes locales de cada una de las comarcas han rubricado un compromiso para luchar contra “la falta de seriedad que nos ha demostrado el gobierno de España” al incumplir reiteradamente promesas como la construcción de la variante del Milladoiro, la ampliación de la AP-9 a su paso por Santiago de Compostela o el enlace de la autovía con la Ciudad de la Cultura.

Por todo ello, el Secretario General cree que ha llegado el momento de luchar por “un cambio en Madrid que dé un espaldarazo a lo que necesita Santiago Sur, un gobierno que no esté hipotecado a la hora de tomar decisiones”, comentó.

Con este objetivo en mente, el PP intentará ser la fuerza mayoritaria en cada uno de los municipios de esta comarca, para que ese quinto diputado participe activamente en conseguir “la mayoría absoluta que necesita España a partir del 20 de noviembre”.

BNG ORDES - O BNG PROPÓN INCLUIR A URBANIZACIÓN DO CEIDÓN NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

O BNG PROPÓN INCLUIR A URBANIZACIÓN DO CEIDÓN NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

Gonzalo Castro criticou ao alcalde polo estado de abandono no que se atopa esta zona do barrio do Paraiso

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou ao alcalde de Ordes de “mentir e enganar aos veciños de Ordes, cando hai tres anos anunciou a realización de obras de saneamento e urbanización da zona do Ceidón, situada no barrio do Paraíso”.

O portavoz do BNG afirmou que “o alcalde anunciou hai tres anos o inicio das obras de abastecemento e urbanización da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraiso, e pasado ese tempo esta zona atópase nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos problemas aos veciños que residen nesta zona”.

Gonzalo castro salientou que “foi grazas a unha iniciativa do BNG no mandato pasado polo que, despois de anos de abandono, conseguiuse facer a rede de sumidoiros, mais, despois das eleccións municipais, o alcalde volveu a abandonar esta zona e paralisou as obras”.

O portavoz municipal do BNG lamentou a “incapacidade do alcalde para executar as obras de urbanización da zona do Ceidón” e manifestou que “o BNG levará unha moción ao próximo Pleno Municipal para incluir esta obra no Plan de Obras e Servizos, co obxectivo de dotar de servizos e urbanizar esta zona residencial de expansión do concello de Ordes, incluindo a recollida de pluviais, as beirarrúas e a pavimentación”.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

AMES - O Concello organiza a I Andaina pola senda verde para o vindeiro 25 de setembro

O Concello de Ames organiza a I Andaina pola senda verde para o vindeiro 25 de setembro

O Concello ten a intención de que a Andaina teña continuidade e se converta nunha cita anual

Ames, 13 de setembro de 2011. O Concello de Ames organiza a Primeira Andaina pola senda verde que une Bertamiráns e Milladoiro a través de vellos camiños e novas pistas forestais que nun traxecto de 12 quilómetros, percorren zonas cun interesante valor patrimonial e paisaxístico. A andanina será o domingo 25 de setembro. A saída está prevista para as 10.00 horas dende o parque infantil de Ventín e prevese chegar á Praza do Concello en Bertamiráns entre as 13.30 e as 14.00 horas. A andaina terá unha dificultade media e está dirixida ás persoas que lles guste camiñar e gozar da natureza. Recoméndase levar auga, calzado cómodo e algo para comer. Arredor das 12.00 horas farase unha parada de descanso no campo da festa de Bugallido para repoñer forzas e ir aos aseos. A intención do Concello de Ames con esta iniciativa é valorizar o itinerario cultural e ambiental da ruta e da zona co obxectivo de que a xente a coñeza mellor, ademais o Concello ten a intención de que a Andaina se converta nunha cita anual para todos aqueles que desexen participar. A iniciativa desta I Andaina parte da concellería de Medio Ambiente Desenvolvemento Sostible e Sanidade, dirixida por Eugenia Martín Vicente e conta coa colaboración doutras concellerías.

Inscrición e programa

Todos aqueles que desexen participar na I Andaina de Ames poden inscribirse ata o vindeiro 22 de setembro no Pazo da Peregrina na concellería de Deportes, no teléfono 981 884 991 ou na dirección de correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org. Na Andaina participarán dous técnicos do Concello, un do departamento de Medio Ambiente e outro do departamento de Turismo que darán diversas explicacións sobre o que se vai vendo pola senda. Ás 10.00 horas, antes de comezar a camiñar, darase unha breve explicación da ruta e os diferentes elementos paisaxísticos, ambientais e culturais da zona; logo faranse varias paradas de curta duración ao longo do camiño nas que se explicarán temas coma a relevancia que teñen en Galicia cultivos coma o do millo e a pataca, a lei de incendios, a xestión sostible do monte, a formación e características do Val da Maía, a Carballeira das Cortes, as Brañas da Devesa, “O Compostelán”, que é a primeira liña ferroviaria de Galicia entre Cornes e Carril ou a Igrexa de Bugallido entre outros.

A senda verde

A senda verde enlaza os principais núcleos urbanos de Ames, Bertamiráns co Milladoiro e O Milladoiro con Bertamiráns, nun traxecto de 12 quilómetros que transcorren por zonas cun interesante valor patrimonial e paisaxístico. O seu trazado permite incorporarse á ruta ou abandonala en varios puntos ao longo do itinerario, grazas á extensa rede de camiños e pistas existentes no rural amiense. A ruta ofrece fermosas vistas do Val da Maía, paraxes de singular beleza, lugares de interese histórico local, núcleos de poboación tradicionais e elementos de carácter etnográfico e relixioso.

Unha vez que quedan atrás os núcleos urbanos do Milladoiro ou de Bertamiráns, obsérvase ao longo de toda a ruta unha natureza ligada fundamentalmente a tres medios diferentes. Por unha parte, unha sucesión de pequenos espazos de paisaxe silvopastorais tradicionais, e prados asociados ao entorno dos núcleos rurais, por outra banda existen espazos de alto valor natural, fundamentalmente cando nos achegamos ao río Sar e finalmente a espazos forestais.

SILLEDA - O Tribunal SXG dalle a razón as veciñas que recurriron o estudo de detalle da urbanización Travesa do Campo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón as dúas veciñas que recurriron o estudo de detalle da urbanización Travesa do Campo

-A obra, promovida por Nova Carballeira 2002, fora paralizada por Paula Fernández durante o seu anterior mandato á vista das irregularidades do proxecto

-A xustiza volve a avalar a tese da rexedora socialista sobre esta promoción, estimando agora os recursos dos particulares e anulando o estudio de detalle

Silleda, 13 de setembro de 2011. A Sección 002 da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de de estimar os recursos contecioso administrativos presentados por dúas veciñas de Silleda contra a resolución do 2 de xuño de 2006, pola que se aprobou definitivamente o estudio de detalle para construir unha urbanización en Travesa do Campo. Unha destas sentencias, contra as que cabe recurso ante o Tribunal Supremo, anula ademais o citado estudio de detalle “por ser contrario a dereito”.

Con estes dous novos fallos, a xustiza vén avalar de novo a postura da rexidora silledense, Paula Fernández Pena, que sempre mantivo que dita urbanización no se axustaba á legalidade. Nas dúas sentencias do TSXG volve a advertirse que o estudio de detalle promovido pola constructora Nova Carballeira 2002 e aprobado durante o mandato do alcalde popular José Fernández Viéitez, alteraba alineacións, zonas verdes e outros espazos dotacionais.

“Unha vez máis os tribunais volven a dar a razón a este goberno que xa no mandato anterior optou por suspender as tres licenzas de obra para esa urbanización”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando ademais que a empresa perdeu todos os pleitos. Nova Carballeira chegara mesmo a presentar unha querela criminal contra Fernández Pena, que o xuíz arquivou sen tan sequera tomar declaración á alcaldesa.

Cando chegou a alcaldía por primeira vez, a rexedora socialista decretou en novembro de 2007 a paralización das tres licenzas que foran concedidas polo goberno de Fernández Viéitez (estando daquela en funcións), unha para urbanizar os terreos e outras dúas para a construcción de senllos edificios (que sumaban máis de 100 vivendas) por entender que non se axustaban a dereito. Así mesmo, as licenzas contaban con informes técnicos e mesmo da Xunta en contra.

De forma paralela á suspensión das obras, o Concello iniciou entón unha revisión de oficio en vía administrativa. A Lei establece nestes casos que debe existir un informe vinculante do Consello Consultivo de Galicia. Este órgano, á vista da existencia de dous pleitos interpostos por particulares, resolveu en xaneiro de 2008 que o caso debía agardar á decisión por vía xudicial, e non seguir pola vía administrativa. O TSXG xa decretara no seu día a suspensión cautelar do estudio de detalle por entender que incurría en varias ilegalidades. Agora, con estes dous pleitos que quedaban pendentes ponse punto e final, dalgún xeito (aínda que cabe recurso de casación ante o Supremo), a un longo proceso que marcou tamén a pasada lexislatura en Silleda, xa que Nova Carballeira optou como estratexia por facer denuncias sobre supostas irregularidades urbanísticas de varios edificios da localidade.

“Foi un auténtico acoso e derribo, non só contra a miña persoa política, senón tamén a nivel profesional, e ao final os tribunais déronnos a razón en todo”, engade Paula Fernández.

TORDOIA - O CONCELLO CONVOCA A EDICIÓN NÚMERO 23 DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA

O CONCELLO DE TORDOIA CONVOCA A EDICIÓN  NÚMERO 23 DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA

Os pais e nais están convocados a unha reunión de presentación na Casa da Cultura de Pontepedra o xoves 22 de setembro

13 de setembro 2011.- O Concello de Tordoia e a Fundación Preescolar na Casa convocan a vixesimoterceira edición do programa Preescolar na Casa, unha iniciativa dirixida ás familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Unha actividade coa que “queremos acompañar ás familias na súa labor de educadores e axudalos a resolver calquera dúbida que se lles presente na crianza dos seus fillos e fillas”, explica María Victoria Dopazo, mestra orientadora do Concello de Tordoia.

A participación no programa é totalmente de balde e non é preciso que os pequenos asistan á gardería, xa que se trata dun programa de formación de pais. Así, cada 15 días os pais e nais de Tordoia reuniranse para compartir experiencias e resolver dúbidas sobre a educacións dos pequenos, facendo actividades axeitadas para que as familias poidan xogar relaxadamente cos seus pequenos.

O Concello de Tordoia invita a todos os pais e nais do municipio con nenos menores de 3 anos a que participen nunha reunión de presentación que terá lugar no segundo andar da Casa da Cultura (Pontepedra) o xoves 22 de setembo entre as 10:30 e as 11:30 horas. As sesións comezarán a impartirse na escola unitaria de Anxeriz a partires do martes 27 de setembro, de 10:30 a 12:00 horas. Máis información na Casa da Cultura ou no 981 577 318.

TEO - Actos vandálicos causan numerosos desperfectos na piscina dos Tilos

Este suceso obriga a pechar a instalación, co cal o Concello dá por rematado o período de uso estival tres días antes do previsto.

Na noite do domingo persoas descoñecidas entraron nas instalacións municipais da piscina dos Tilos e causaron numerosos danos. Os encargados da instalación municipal encontráronse co sucedido no momento no que ían comezar a xornada laboral de onte luns. A pesar de que nun principio os empregados municipais trataron de solucionar os desperfectos para realizar a apertura habitual da instalación, pronto se deron conta de que a solución para manter a seguridade cidadá pasaba polo peche do recinto.

A Policía Local de Teo trasladouse de inmediato ao lugar para elaborar o correspondente informe. Neste pode confirmarse a medida do acto, xa que no interior do vaso da piscina encontrábase desde unha mesa de tenis de mesa e outras madeiras ata abundantes cristais e fluorescentes.

A presenza destes cristais no vaso da piscina é a causa dos maiores trastornos á hora de manter a instalación aberta, xa que para garantir a seguridade é preciso baleirar toda a auga do interior e aspirar o cubo co fin de que non quede ningún resto e non exista a posibilidade de cortes por parte dos bañistas.

Ante a necesidade de realizar esta operación de limpeza e co fin de temporada, previsto para o día 15, nun horizonte tan próximo, o Concello de Teo decidiu pechar definitivamente a instalación para o ano 2011.

MUSICA - EXITO DA ORQUESTRA FOLK DE GALICIA "SONDESEU" EN HELSINKY

DURANTE NO ENCONTRO DA  REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FOLK (ENFO), EN FINLANDIA

A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe  que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.

Do Piemonte italiano chegou  a música da Orquestra Tradalp, conxugando con mestría a tradición e a mestura con elementos de xéneros diversos como o jazz. De Finlandia, a orquestra da Academia Sibelius, que facía a súa primeira presentación tras un ano de preparación, amosando una vez máis o porqué do respecto que existe en toda Europa cando alguén se refire a esta institución.suite orquestras<br />ttt enfo helsinki_small.jpg

A guinda, unha suite de temas italianos, galegos e fineses interpretada polo centenar de músicos que forman as tres orquestras. Non é fácil describir con palabras a sorte de sonora festa pirotécnica que produciron estes 9 minutos de música. Un experimento levado a cabo por primeira vez que puxo en pé a todo o público asistente. Entre os asistentes, o persoeiros da vida cultural e politica finesa, o embaixador de Italia, Giorgio Visetti, o reitor da Sibelius Academy, Gustav Djupsjöbacka ou a célebre artista finesa María Kalaniemi.

O concerto levouse a cabo dentro do programa de actos de presentación en Helsinki da Rede  Europea de Orquestras de Música Folk ENFO, liderada polo Concello de Vigo a través da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) en colaboración coa Axencia Europea EACEA. A OFG SondeSeu contou coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O proxecto ENFO terá a súa culminación na I ENFO Conference en Vigo, no mes de marzo de 2012. Ás orquestras que interviñeron en Helsinki engadiráse unha agrupación do Royal Conservatoire of Scotland, asociado nos últimos meses ao partenariado do programa.

BRION - A SD BRIÓN PROCLÁMASE CAMPIÓN DO TROFEO SANTA MINIA 2011 TRAS DERROTAR 3-1 AO URDILDE

A SD BRIÓN PROCLÁMASE CAMPIÓN DO TROFEO SANTA MINIA 2011 TRAS DERROTAR 3-1 AO URDILDE

Numerosos veciños da comarca asistiron a un torneo que reuníu equipos de Ames, Brión, Rois e Padrón

12 de setembro de 2011.- A SD Brión proclamouse campión do Trofeo Santa Minia 2011 tras derrotar na gran final ao Urdilde por un tanteo de 3 goles a 1. Un torneo organizado pola propia SD Brión e que tivo lugar no campo municipal brionés na fin de semana do 27 e 28 de agosto.BRION - SD BRION CAMPEON SANTA MINIA 2011

O torneo reuníu a numeroso público nas instalacións municipais de Brión, xa que competiron catro conxuntos da comarca: o Bertamiráns B (Ames), o Esclavitud (Padrón), o Urdilde (Rois) e os locais da SD Brión. Especialmente seguida foi a gran final, xogada entre o conxunto local e un refundido equipo do Urdilde, conformado por mozos de Rois e que moveu a numerosos afecionados ata o veciño Brión.

OROSO - O CONCELLO OFRECE CURSOS DE HIP-HOP E BALLET PARA A MOCIDADE

O CONCELLO DE OROSO OFRECE CURSOS  DE HIP-HOP E BALLET PARA A MOCIDADE

Están dirixidos a mozos e mozas, que terán sendas clases de presentación gratuita o 27 e o 29 de setembro, ás 20:30 horas

12 de setembro de 2011.- O Concello de Oroso vai ampliar este ano os seus cursos de baile coa incorporación de dúas ofertas destinadas ao público xuvenil: un curso de hip-hip e outro de ballet. A concelleira de Xuventude, Vanessa Reboredo, indica que se trata de “ofertar uns cursos de baile especialmente pensados para os xóvenes, logo do éxito acadado polos cursos de baile para nenos e para adultos ofrecidos o ano pasado”.

O curso de Hip-Hop está orientado a rapaces e rapazas entre 14 e 18 anos. Impartido por Ángela Plaza, o curso terá lugar todos os martes, de 20:30 a 21:30. “Para todos aqueles rapaces curiosos que queiran probar haberá una clase de presentación gratuita o martes, 27 de setembro as 20:30 horas”, adianta Francisco Muñiz, coordinador destas actividades.

O curso de ballet está dirixido a rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos. As clases, impartidas por Antonio Gontán, terán lugar os xoves, tamén de oito e media a nove e media da noite. A clase de presentación, tamén gratuita, será o xoves 29 de setembro ás 20:30 horas.

Tarifas

Ambas iniciativas forman parte da oferta formativa e de ocio que presenta o Concello de Oroso en colaboriación co Taller Alecrín, e que terán lugar entre os meses de outubro e xuño no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O prezo por persona para cada trimestre (10 sesións) será de 50 euros. Máis información no centro cultural de Sigüeiro, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas ou ben chamando ao teléfono 881 981 738