SILLEDA - O Tribunal SXG dalle a razón as veciñas que recurriron o estudo de detalle da urbanización Travesa do Campo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón as dúas veciñas que recurriron o estudo de detalle da urbanización Travesa do Campo

-A obra, promovida por Nova Carballeira 2002, fora paralizada por Paula Fernández durante o seu anterior mandato á vista das irregularidades do proxecto

-A xustiza volve a avalar a tese da rexedora socialista sobre esta promoción, estimando agora os recursos dos particulares e anulando o estudio de detalle

Silleda, 13 de setembro de 2011. A Sección 002 da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de de estimar os recursos contecioso administrativos presentados por dúas veciñas de Silleda contra a resolución do 2 de xuño de 2006, pola que se aprobou definitivamente o estudio de detalle para construir unha urbanización en Travesa do Campo. Unha destas sentencias, contra as que cabe recurso ante o Tribunal Supremo, anula ademais o citado estudio de detalle “por ser contrario a dereito”.

Con estes dous novos fallos, a xustiza vén avalar de novo a postura da rexidora silledense, Paula Fernández Pena, que sempre mantivo que dita urbanización no se axustaba á legalidade. Nas dúas sentencias do TSXG volve a advertirse que o estudio de detalle promovido pola constructora Nova Carballeira 2002 e aprobado durante o mandato do alcalde popular José Fernández Viéitez, alteraba alineacións, zonas verdes e outros espazos dotacionais.

“Unha vez máis os tribunais volven a dar a razón a este goberno que xa no mandato anterior optou por suspender as tres licenzas de obra para esa urbanización”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando ademais que a empresa perdeu todos os pleitos. Nova Carballeira chegara mesmo a presentar unha querela criminal contra Fernández Pena, que o xuíz arquivou sen tan sequera tomar declaración á alcaldesa.

Cando chegou a alcaldía por primeira vez, a rexedora socialista decretou en novembro de 2007 a paralización das tres licenzas que foran concedidas polo goberno de Fernández Viéitez (estando daquela en funcións), unha para urbanizar os terreos e outras dúas para a construcción de senllos edificios (que sumaban máis de 100 vivendas) por entender que non se axustaban a dereito. Así mesmo, as licenzas contaban con informes técnicos e mesmo da Xunta en contra.

De forma paralela á suspensión das obras, o Concello iniciou entón unha revisión de oficio en vía administrativa. A Lei establece nestes casos que debe existir un informe vinculante do Consello Consultivo de Galicia. Este órgano, á vista da existencia de dous pleitos interpostos por particulares, resolveu en xaneiro de 2008 que o caso debía agardar á decisión por vía xudicial, e non seguir pola vía administrativa. O TSXG xa decretara no seu día a suspensión cautelar do estudio de detalle por entender que incurría en varias ilegalidades. Agora, con estes dous pleitos que quedaban pendentes ponse punto e final, dalgún xeito (aínda que cabe recurso de casación ante o Supremo), a un longo proceso que marcou tamén a pasada lexislatura en Silleda, xa que Nova Carballeira optou como estratexia por facer denuncias sobre supostas irregularidades urbanísticas de varios edificios da localidade.

“Foi un auténtico acoso e derribo, non só contra a miña persoa política, senón tamén a nivel profesional, e ao final os tribunais déronnos a razón en todo”, engade Paula Fernández.

Ningún comentario: