PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE OUTONO.
O Concello de Boqueixón acaba de presentar a súa XANELA, a axenda cultural de actividades para este outono 2011, con toda a programación de actividades que ofertan os diferentes departamentos deste municipio.
Para este outono 2011, e co inicio do curso escolar van a ter moita presenza as actividades formativas e de conciliación do ocio e a vida laboral.
Como todos os anos comezarán a funcionar as Ociotecas, os espazos lúdico educativos que están enfocados a nenos e nenas a partir de 3 anos e que se levarán a cabo nos lugares de Lestedo, O Forte, Camporrapado e Sergude e nos que durante este trimestre se realizarán diversos obradoiros de lecer: como crear os nosos xoguetes ou noso videoxogo.
Xunto coa vertente lúdica esta xanela está moi marcada polas actividades formativas, sen dúbida a mais importante vaia a ser a encamiñada a ensinanza de linguas estranxeiras, como todos sabedes, dende hai uns anos estase a realizar unha experiencia innovadora no eido do aprendizaxe de inglés. Cambridge Learners English, un curso homologado pola Universidade de Cambridge, que conta cun plantel de profesorado nativo e que permite a alumnos e alumnas de todas as idades e niveis avanzar na aprendizaxe e as súas habilidades nesta lingua ata acadar as certificacións necesarias e homologadas pola estas universidade inglesa. Para os mais novos tamén se vai a seguir co programa Kids English Zone, un programa enfocado a nenos e nenas de 4 a 9 anos, actividade que vai a permitir un acercamento dos mais pequenos a esta lingua, estimulando a súa futura aprendizaxe.
Para este ano a novidade ven da man dun curso de iniciación ó Alemán que virá a complementar a oferta de aprendizaxe lingüística coa que xa conta o Concello de Boqueixón. Dentro do apartado formativo tamén esta xanela recolle actividades de mecanografía, novas tecnoloxías…
No eido cultural a oferta de actividades esta ano aposta pola tradición e polo folclore tradicional, con curso de gaita, percusión tradicional e complementado con actividades como teatro, pintura, baile moderno ou danza do ventre…
Tamén nesta XANELA de outono se mostra a oferta de actividades para os adultos e maiores. Neste outono retomaranse de novo as actividades como o teatro, obradoiros de memoria ou actividades de ocio como un circuíto termal ó balneario de Cuntis.
Xunto con todas estas actividades tamén o ciclo de teatro, que como cada outono se realizará na Casa da Cultura de Camporrapado, e que comezará o 30 de outubro e no que participarán un total de 4 grupos de teatro que traerán a Camporrapado as súas obras e postas en escea.
A Xanela de Outono comezará a chegar nos vindeiros días a todas as casas do Concello e xa se pode ver na páxina web www.boqueixon.com de onde se irá informando das actvidades e dos prazos e formas de inscripción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario