O Concello de Silleda ampliará a traída municipal de augas á parroquia de Saídres
Os veciños respaldaron de forma maioritaria a decisión nun encontro coa alcaldesa, Paula Fernández, e o edil de Obras e Servizos, Manuel Cuíña
Silleda, 14 de setembro de 2011. A rede municipal de augas será ampliada á parroquia de Saídres. Así o explicaron a alcaldesa, Paula Fernández Pena e o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, nun encontro cos veciños desta parroquia celebrado en días pasados. Nesta reunión, á que acudiron numerosos residentes da localidade, formalizouse a proposta do goberno municipal, que foi votado obtendo un respaldo maioritario.
“Xa estamos a traballar para levar canto antes a traída municipal ata Saídres”, explica Cuíña sobre unha decisión que se enmarca nun recente acordo da xunta de goberno local. Este órgano acordou ampliar a traída municipal de Silleda e A Bandeira a todas aquelas parroquias onde fose posible realizar as obras, en lugar de realizar outras captacións.
Segundo se explicou no encontro cos veciños, o custe mínimo sería de 6 euros ao mes (págase só abastecemento), cun consumo suficiente para abastecer a unha vivienda con 4 persoas. “Moitos veciños entenderon que ese custe sería perfectamente asumible tendo en conta que ata pagan máis polo consumo eléctrico no caso dos pozos particulares”, sinala o concelleiro. Dende o departamento de Obras e Servizos xa se iniciaron as xestións oportunas para realizar o proxecto desta actuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario