BNG ORDES - O BNG PROPÓN INCLUIR A URBANIZACIÓN DO CEIDÓN NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

O BNG PROPÓN INCLUIR A URBANIZACIÓN DO CEIDÓN NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

Gonzalo Castro criticou ao alcalde polo estado de abandono no que se atopa esta zona do barrio do Paraiso

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou ao alcalde de Ordes de “mentir e enganar aos veciños de Ordes, cando hai tres anos anunciou a realización de obras de saneamento e urbanización da zona do Ceidón, situada no barrio do Paraíso”.

O portavoz do BNG afirmou que “o alcalde anunciou hai tres anos o inicio das obras de abastecemento e urbanización da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraiso, e pasado ese tempo esta zona atópase nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos problemas aos veciños que residen nesta zona”.

Gonzalo castro salientou que “foi grazas a unha iniciativa do BNG no mandato pasado polo que, despois de anos de abandono, conseguiuse facer a rede de sumidoiros, mais, despois das eleccións municipais, o alcalde volveu a abandonar esta zona e paralisou as obras”.

O portavoz municipal do BNG lamentou a “incapacidade do alcalde para executar as obras de urbanización da zona do Ceidón” e manifestou que “o BNG levará unha moción ao próximo Pleno Municipal para incluir esta obra no Plan de Obras e Servizos, co obxectivo de dotar de servizos e urbanizar esta zona residencial de expansión do concello de Ordes, incluindo a recollida de pluviais, as beirarrúas e a pavimentación”.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Ningún comentario: