O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN TRASTEIRO NO MILLADOIRO (AMES)
14 de setembro de 2011.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) extinguíu esta mañá un lume declarado nun trasteiro dunha vivenda da localidade de O Milladoiro (Ames). O SEBRI recibiu o aviso do 112 ás 8:15 horas de hoxe e tres operarios desprazáronse ata o lugar dos feitos con dous vehículos: o vehículo de intervención rápida (pick-up) e a Bomba Urbana Lixeira (BUL).
O incendio, cuxas causas aínda se descoñecen, tivo lugar nun trasteiro situado nun baixo do Milladoiro. A rápida intervención dos técnicos do SEBRI permitiu controlar o lume, sacar gran parte do contido do trasteiro e ventilar o baixo, de xeito que a incidencia quedou controlada ás 10:30 horas sen que se produciran danos de consideración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario