Mancomunidade de Ordes - Rosalía de Castro como defensora dos dereitos e da condición feminina

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou no día de onte unha charla-obradoiro na que se abordou a figura de Rosalía de Castro como defensora dos dereitos e da condición feminina. Esta iniciativa, da que participaron arredor dunha ducia de mulleres, forma parte do conxunto de actividades que o ente supramunicipal desenvolveu nestas últimas semanas para conmemorar o 179 aniversario do nacemento da poeta galega por excelencia. 

A través da súa obra analizáronse aspectos e cuestións relacionadas co papel da muller na sociedade ou dentro da estrutura familiar, o seu posicionamento nas relacións de parella, a facilidade que ten para acceder á cultura e ao coñecemento etc. Todo isto tomando como base algúns dos seus poemas contextualizados na época na que foron escritos para despois establecer unha comparación coa época actual. Tanto o Servizo de Normalización Lingüística como o CIM foron os departamentos encargados de levar a cabo este traballo, co fin último de enxalzar a figura de Rosalía e promover o coñecemento da súa obra. 

Ademais da xornada de hoxe tamén cabe citar o concurso que se levou a cabo nas redes sociais ‘Rosalía verso a verso’, así como o apoio que os representantes mancomunados mostraron á hora de promover a obra rosaliana e demais xornadas e actos conmemorativos.

Axenda e tempo do mércores 24 de febreiro - Música, conferencias, exposicións

Santiago - Numax 

Ames - Homenaxe a Rosalía de Castro

Santiago - Facultade de Física - Conferencia sobre a busca de novas partículas

Silleda - Día de Rosalía 

Santiago - Casa das Crechas - foliada

Santiago - Literarios - tertulia de artistas

Santiago - Facultade económicas - conferencia explotación textil en Tánxer



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

BNG Ordes - O BNG consigue a creacion dunha comisión de seguimento da contratación de persoal

Aprobada por maioría e coa abstención do PP a moción do BNG para a creación dunha comisión de seguimento da contratación de persoal por parte do Concello de Ordes.

Cando se inicie un proceso de selección de persoal, o alcalde deberá comunicalo á comisión e remitir toda a documentación relativa ao mesmo. Con esta iniciativa conséguese unha maior transparencia e poder fiscalizar o proceso, xa que tódalas resolucións deben ser comunicadas á comisión, que ademais terá a potestade de solicitar canta documentación ou actuacións estime precisas e emitir os informes e conclusións que estime convenientes.

Primeiros auxilios nos espazos municipais

O BNG propuxo que o Concello de Ordes dote paulatinamente de desfibriladores externos automáticos as instalacións municipais como poden ser os pavillóns deportivos, a cidade deportiva, a casa da cultura, etc. Do mesmo xeito tamén instarase á Consellería de Educación a que dote aos centros educativos deste dispositivo. 

En procesos de selección, valorarase positivamente a formación en primeiros auxilios dos profesores, monitores e adestradores. Tamén se propón fomentar a formación de primeiros auxilios á cidadanía, así como un mantemento axeitado dos botiquíns.

A moción quedou aprobada por unanimidade.

Mellora da accesibilidade na Casa da Cultura 

O BNG de Ordes presentou unha iniciativa para mellorar a accesibilidade na casa da cultura, xa que carecía de prazas para espectadores con mobilidade reducida.

Moitas veces estes espectadores cando asisten a un acto ou van presenciar un concerto ou espectáculo, atópanse con que se teñen que colocar diante das escaleiras laterais ou da porta de entrada, obstaculizando vías de evacuación e estando nunha situación de desigualdade ao ter que presenciar os eventos moi escorados.

É polo que se propuxo retirar algunhas das cadeiras existentes na primeira ringleira, conseguindo deste xeito prazas accesibles. O cal demostra que en ocasións mellorar a accesibilidade é algo moi sinxelo e sen apenas custes económicos.

A moción foi aprobada de xeito unánime.

Santiago - 6 actividades para conmemorar o Día da Muller

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa as actividades que conformarán o proxecto Compostela, territorio das mulleres, que se desenvolverán con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Serán seis as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa e durante varias semanas.

Marta Lois estivo acompañada de Lucía Canoura, coordinadora técnica, e Uqui Permuy, deseñadora gráfica. Ambas participaron tamén da campaña 25N. Compostela en Negro, promovida pola Concellaría de Igualdade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Marta Lois destacou que "dende o Concello consideramos que eses esforzos por converxer nas actuacións encamiñadas á promoción da igualdade deben basearse en traballar cunha perspectiva máis ampla e moito máis aló dun só día. Neste marco, propoñemos o desenvolvemento dunha campaña que abrangue varios meses, co obxectivo de traballar con diferentes colectivos e axentes sociais de Compostela para promover sinerxias e fomentar a participación social no deseño e execución do proxecto Compostela, territorio das mulleres.

Por iso o proxecto busca implicar aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción dunha cidade máis accesible, máis inclusiva e máis igualitaria.

Mapa feminista de Compostela 

Co obxectivo de impulsar a creación da marca Compostela, territorio das mulleres crearase un mapa que servirá para, por unha banda, poñer en valor lugares e espazos que teñen relevancia no relato histórico das mulleres da cidade e, por outra, apoiar e promover aos axentes sociais e económicos que fan unha aposta pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en Compostela.

Comezarase por abrir o proceso ao sector da hostalería e o turismo de Compostela, para que valoren que contidos poderían incorporar, dende esta perspectiva, nas súas prácticas e espazos, compromisos que se farán públicos a través do mapa. Ao mesmo tempo, o mapa servirá para explorar unha dimensión turística orientada a facer de Compostela unha cidade women friendly, cuxo selo axudará na consolidación da capital galega como destino turístico.

Galadas 

Co fin de festexar o 8 de Marzo e de presentar Compostela, territorio das mulleres, terá lugar un espectáculo multidisciplinar o día 5 de marzo, na Sala Capitol, dirixido por Mercedes Peón e en colaboración con diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda castaño, Ana García e o broche final das Tocadoras de Toutón.

Un espectáculo apoiado na intervención sonora e visual mediante danza, vídeo e performance, que servirá para compartir con todas e todos o comezo desta aventura. A entrada será de balde e poderá recollerse no portelo de entradas da Sala Capitol.

Literarias 
A través desta iniciativa convidarase ás librarías e editoriais de Compostela a que se impliquen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propónselles que destaquen nos seus escaparates, zonas visibles, tendas en liña, redes sociais e páxinas web, escolmas de libros escritos por mulleres e/ou de pensamento feminista. Trátase de poñer en valor a escritura de autoras -a través da poesía, a literatura, o teatro, o ensaio, a banda deseñada, etc- que fomenten os dereitos das mulleres, visibilicen a loita feminista e permitan ollar máis aló dos estereotipos sexistas. Está previsto o seu desenvolvemento do 1 ao 10 de marzo.

Camiños da Auga. Fontes e lavadoiros 

Antigamente, as mulleres carrexaban auga para achegala a determinados lugares. A intención é visitar algunhas das fontes máis emblemáticas da cidade e falar doutras que están noutros lugares, ou que xa non existen. Ao redor delas achegarémonos á historia das mulleres e do seu labor cotián. O paseo das fontes está previsto para o 13 de marzo.

O 17 de abril tamén se realizará un paseo por varios lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Ámbolos dous paseos estarán guiados pola palabra de Encarna Otero.

Vida propia 

Co obxectivo de mellorar a posición social das mulleres de Compostela que viven en contornas rurais, coa posta en marcha do Programa Vida Propiapreténdese crear espazos de encontro que contribúan á autonomía das mulleres e ao desenvolvemento da súa plena cidadanía. Espazos para reflexionar sobre o seu papel na sociedade, as súas achegas, que sirvan para configurar a autoría da súa propia vida, desenvolvendo estratexias para aumentar a capacidade de decisión en diferentes ámbitos, crear novos espazos, xestionar os tempos e, en definitiva, valorar a vida propia.

Premio Xohana Torres 
O 8 de marzo abrirase o prazo de convocatoria do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual. Trátase da recuperación dun premio, interrompido en 2012, cuxos case 20 anos de vixencia o converteron nun símbolo da cidade.

Estase traballando para que todas estas dinámicas teñan un fío condutor a nivel visual e tamén a través dunha plataforma participativa dixital, cuxa implementación irá máis aló do mes de marzo para permitir recoller as suxestións e as opinións da cidadanía sobre o Mapa de Compostela. Na páxina web do Concello poderase consultar a información actualizada respecto de cada unha destas actuacións. Ademais, distribuirase material de difusión das mesmas en boa parte dos establecementos da cidade.

Ames - Homenaxe a Rosalía de Castro hoxe no MIlladoiro

O Concello de Ames organizou para este mércores, 24 de febreiro, ás 20:00 horas, un acto no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, no que se conmemorará o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A entrada a este acto é gratuíta e está aberto a toda a cidadanía amesá. Baixo o lema "Ames con Rosalía" organizáronse unha serie de actividades, que comezaron a semana pasada coa colocación dunha pancarta na Casa do Concello, na que se pode ler os versos "No sembrante a alegría, no corazón o esforzo". As actividades continúan durante esta semana coa colocación de poemas rosalianos nos escaparates dos establecementos comerciais amesáns e coa celebración mañá dun acto literario-musical no Milladoiro. A programación rematará cunha excursión, que terá lugar o sábado 27 de febreiro, a distintos lugares da Ruta Rosaliana. 

A concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, animou a toda a veciñanza amesá “a participar no acto literario-musical que terá lugar hoxe ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A través desta programación, preparada especificamente para celebrar o Día de Rosalía, pretendemos difundir o pensamento rosaliano e recuperar o orgullo de quen somos e o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína das galegas e galegos". 

“As actividades coordináronse para ofrecer un programa variado no que poida participar toda a cidadanía, pero con especial atención á poboación máis nova que será, ademais, unha das grandes protagonistas do acto de mañá e da programación especial que Ames Radio lle está dedicando a Rosalía durante toda esta semana”, destaca Isabel Vaquero.

Acto central do Día de Rosalía de Castro

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe mércores, 24 de febreiro, coincidindo coa data do nacemento de Rosalía, os actos de homenaxe á escritora. A entrada ao acto literario-musical será libre e completamente gratuíta. Arrincará coa presentación da Declaración institucional da Corporación Municipal do Concello de Ames, na que se declarará publicamente o compromiso do goberno municipal de continuar coa conmemoración desta data. Este acto estará conducido e presentado pola xornalista de Ames Radio, Nazaret López. 

Os poemas de Rosalía estarán moi presentes neste evento xa que dous persoeiros sobranceiros de Ames como son o escritor, Maximino Viaño, nomeado recentemente cronista oficial do Concello de Ames, e a profesora, crítica literaria e membro da Fundación Rosalía, Dolores Vilavedra, lerán varios versos da escritora galega. Ademais, os alumnos e alumnas dos centros de ensino público de Ames, varios integrantes do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro e os participantes no obradoiro municipal de lingua e cultura galega colaborarán nesta iniciativa coa lectura de textos e poemas escritos por Rosalía de Castro.

Entre as distintas lecturas que se irán realizando haberá varias actuacións musicais a cargo da artista Xiana Lastra, que estará acompañada ao piano por Adrián Saavedra, colaboradora no disco "A miña primeira Rosalía", e do "irreverentísimo" cantautor punk O Leo i Arramecághona, quen participou no proxecto conxunto "150 cantares para Rosalía de Castro", libro dixital editado en 2015.

Poemas de Rosalía nos establecementos comerciais

Por outra banda, este ano como novidade implicouse ao sector comercial de Ames na semana de Rosalía. Deste xeito, o Concello repartiu carteis coa imaxe, cedida por Rei Zentolo, e con versos da escritora galega entre preto de 450 establecementos comerciais amesáns. Dolores Vilavedra, estudosa da obra e vida da escritora e membro da Fundación Rosalía, foi a encargada de compoñer a escolma de versos que salpicará o rueiro amesán.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, explica que “se trata dunha forma de difundir e darlle visibilidade á obra rosaliana. Ao mesmo tempo achégaselle ao público fragmentos dos poemas de Rosalía de Castro. Os carteis cos textos e a imaxe de Rosalía manteranse en comercios, restaurantes e bares ao longo de todo o mes de febreiro”.

Excursión poética pola Ruta Rosaliana

A programación concluirá cunha excursión en autobús, con saída este sábado 27 de febreiro, ás 10:00 horas, dende O Milladoiro e ás 10:15h de Bertamiráns, e que fará parada por algunhas das localizacións da contorna nas que se atopan edificios ou lugares pertencentes á chamada Ruta Rosaliana. O prazo de inscrición para participar na excursión finaliza este venres 25 de febreiro. Pódese reservar praza chamando aos teléfonos 981 535 940 ou 662 377 215. O prezo da excursión é de 1,5 euros, que é custo que ten a entrada á Casa-Museo de Rosalía. 

Por último, cómpre destacar que Ames Radio contribuirá á celebración desta data ao longo de toda esta semana emitindo unha programación dedicada especialmente á figura de Rosalía de Castro. Na radio municipal realizarán lecturas da obra rosaliana máis de 50 veciños e veciñas do municipio. Ademais, escritores e escritoras do talle de Manolo Portas, Carlos Negro, Inma López Silva, Séchu Sende, Rafa Vilar e María López Sande falarán nas ondas do que significou para eles e elas o poñerse en contacto coa figura de Rosalía e a importancia que ten a súa figura na literatura e na historia galega. Tamén serán entrevistados Armando Requeixo, premio nacional da crítica, e a profesora Dolores Vilavedra.

Lalín - Reunión sobre o Cocido do Orgullo

As concellerías de Cultura e de Muller e Igualdade convocan este xoves día 25, ás 17.30 horas, na sala de prensa do Concello, unha reunión informativa sobre o Cocido do Orgullo con todos os restauradores, hostaleiros e comerciantes da vila. 

A xuntanza organízase en vista do crecente interese mostrado nos últimos días por parte dos sectores lalinenses que non están directamente vinculados co Cocido do Orgullo (bares, pubs tendas...), que amosaron a súa disposición a participar en todas as actividades do programa, así como a súa intención de lucir material de merchandising do Cocido do Orgullo. 

Deste modo, na reunión, ademais de entregárselle aos restaurantes os adhesivos e os carteis do Cocido do Orgullo, explicaráselles a todos os presentes como funciona a Tenda Solidaria, así como da posibilidade de facerse con fondos para photocalls que se colocarán posteriormente nos establecementos. O encontro tamén servirá para recoller opinións e ideas sobre o Cocido do Orgullo que se celebra os días 4 e 5 do próximo mes.

USC - Conferencia "tres ecosistemas dixitáis" este xoves en empresariais

O que foi reitor da Universidade de Alacante e conselleiro delegado de Universia, Andrés Pedreño, intervirá este xoves 25 no mestrado en Márketing Dixital da USC coa conferencia ‘Tres ecosistemas dixitais (o web, o web social e as apps) eas súas implicacións para economistas e emprendedores’. A charla, de entrada libre, terá lugar ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

No relatorio, Pedreño analizará as características, convivencia e futuro deses tres ecosistemas e en particular abordará a crise da web e a expansión domóbil.

Andrés Pedreñoécatedrático de Economía Aplicada da Universidade de Alacante, da que foireitor entre 1993 e 2000, conselleiro delegado de Universia (2000-2004) e encargado de definir o proxecto e a súa expansión a dez países. Impulsor de numerosos proxectos dixitais, fundou a primeira biblioteca dixital do mundo hispano (Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes) e a primeira plataforma MOOC en España, Europa e América Latina (UNIMOOC), hoxe con 200.000 emprendedores. Dirixe o Observatorio ADEI para o desenvolvemento da Economía Dixital en España, con Google e AFI.

USC - Conferencia sobre a explotación no textil en Tánxer

A loita contra a explotación no téxtil en Tánxer é o tema de conferencia que hoxe mércores 24 impartirá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Fátima Allemmah, obreira do sector industrial e presidenta da Asociación Attawasol de Mulleres Obreiras de Tánxer. A intervención comezará ás 12.00 horas.

Fátima Allemmahten realizado estudos e participado en diversas campañas e documentais, tanto en Marrocos como en España. Ademais é membro da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos e do Partido Vía Democrática. A conferencia forma parte dun ciclo no que JosepBurgaya, profesor da Universidade de Vic e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Autónoma de Barcelona, tratou os efectos das deslocalizacións.

USC - O investigador da Universidade de Zurich Nicola Serra explica as investigacións na busca de novas partículas

Con motivo da súa visita á Universidade de Santiago de Compostela, o profesor da Universidade de ZurichNicola Serra, posuidor dunha ERC StartingGrant dende marzo de 2015, impartirá este mércores 24 unha conferencia na Facultade de Física titulada ‘Searching for NewParticles at high and lowenergies’. O relatorio será ás 12.00 horas na Aula Magna.

Nicola Serra realiza parte das súas investigacións no Gran Colisionador de Hadróns (LHC) da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), e as súas liñas de investigación céntranse no estudo do decaemento de mesóns B.

Mancomunidade de Ordes - Campaña polo Día da Muller en redes sociais

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acaba de poñer en marcha unha nova iniciativa co gallo de Día Internacional da Muller, o cal se celebrará o vindeiro 8 de marzo. Promovido polo CIM novamente as redes sociais, concretamente a través do seu Facebook, será a ferramenta fundamental para poder participar. Durante o mes de febreiro as persoas que queiran poderán enviar unha fotografía na que apareza algunha muller no seu posto de traballo ou en calquera situación cotiá ao evento especialmente creado para a ocasión, ‘Por un planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso pola igualdade de xénero’ (http://on.fb.me/1RkoDBA).

Con todas as imaxes recibidas confeccionarase un mosaico que aparecerá no cartel da campaña e nas redes sociais. Con esta proposta a Mancomunidade de Ordes pretende promocionar a campaña promovida pola ONU e que insta a Gobernos e institucións a traballar en prol da igualdade de oportunidades e dereitos para as mulleres e as nenas. Pasos que se traduzan na promulgación de leis, marcos normativos, políticas e plans de acción tanto nacionais como internacionais que veñan acompañados de investimentos adecuados. Con esta idea tamén se lles quere dar visibilidade a tantas e tantas mulleres do municipio ordense e doutros lugares que realizan unha actividade fundamental para o desenvolvemento social, económico, político, humano etc.

Por outra banda tamén se dou a coñecer xa o nome da gañadora do concurso ‘Rosalía verso a verso’, promovido conxuntamente polo CIM e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade. Mónica Cores recibirá mañá os libros e material audiovisual ao acadar o seu post o maior número de ‘gústame’ de todos os enviados ao evento creado na páxina do CIM. Unha entrega que terá lugar no charla-obradoiro que se celebrará mañá e que versará sobre a visión máis reivindicativa da poeta galega en materia de dereitos para as mulleres. Con todo isto a Mancomunidade de Ordes quere promover e achegar a figura e obra de Rosalía de Castro nun ano no que se celebra o 179 aniversario do seu nacemento.

Lalín - Reducción do número de sinais verticais

O Concello de Lalín vén de iniciar un plan para reducir o elevado número de sinais de tráfico verticais que hai na vila e que foron quedando obsoletas. O Goberno tomou esta decisión despois de comprobar que existen varias zonas do municipio coas beirarrúas saturadas con indicadores que actualidade xa non cumpren ningunha función. O obxectivo desta medida pasa por suprimir na medida do posible os obstáculos verticais, como poden ser os sinais de tráfico, e desta maneira optimizar a rede viaria favorecendo o tránsito peonil en condicións de comodidade, seguridade e dignidade.

O concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, explica que “se trata de eliminar o maior número de atrancos para favorecer a mobilidade e a accesibilidade nas beirarrúas, de acordo co modelo de vila que defende o Goberno municipal”. Desta maneira, segundo indica o edil, “non só se adaptará a sinalización aos cambios de tráfico introducidos nos últimos tempos, senón que tamén se apostará por un deseño urbano no que o protagonismo o teñan as persoas e non os vehículos”. A eliminación de sinais verticais terá, xa que logo, “efectos positivos no incremento da calidade de vida da veciñanza e permitirá avanzar na humanización das rúas de Lalín”. 

Por outra banda, a retirada destes elementos tamén propiciará un aforro para as arcas municipais, xa que se evitarán os gastos de mantemento ou reposición en caso de que resultasen danadas ou se deteriorasen. Como contrapartida, o Concello potenciará a sinalización horizontal naqueles espazos nos que sexa necesario.

En todo caso, Vilariño afirma que a eliminación de sinais de tráfico verticais non afectará en absoluto á seguridade viaria, xa que os indicadores que se retiren serán sempre os que xa carezan de utilidade. “Na análise que fixemos deste tipo de elementos”, di o concelleiro, “detectamos que moitos xa non cumpren a función para a que foron instalados xa que, por exemplo, nalgunhas rúas se modificou o sentido da circulación ou se cambiaron as zonas de estacionamento”. Tamén se eliminaron badéns e pasos de peóns que a día de hoxe seguen a estar sinalizados.

Casa das Crechas - Este xoves teatro "O contrabaixo"

Este xoves a Casa das Crechas acolle ‘O contrabaixo’, unha obra de teatro baseado no texto de Patrick Süskind representada pola compañía portuguesa Visões Úteis. 

Nunha sala insonorizada, probablemente o cuarto onde vive, un contrabaixista dunha Orquestra Nacional decide contar como vive a súa soidade e confidenciar, con amarga ironía, o seu amor secreto por unha das sopranos da Ópera. Esta relación platónica atopa no propio contrabaixo o seu maior obstáculo; un instrumento arcaico, que se ouve mellor canto máis lonxe se está del, de aspecto hermafrodita, torpe e incómodo, o contrabaixo vólvese para este home o maior impedimento para a liberdade e para o amor. A través do discurso deste personaxe illado e frustrado, viaxamos tamén pola historia da música e dos músicos e atopamos unha crítica sagaz da sociedade contemporánea.

texto: Patrick Süskind; tradución: Anabela Mendes; dramaturgia y dirección: Ana Vitorino, Carlos Costa, Catarina Martins e Pedro Carreira; dirección musical: João Martins; grafismo:Vítor Azevedo; interpretación: Pedro Carreira e João Martins.

Duración: 50 minutos. Non recomendado a menores de: 12 años. Idioma: portugués

Máis información: http://www.visoesuteis.pt

Brión - O concello comeza en marzo a nova tempada de sendeirismo

O Concello de Brión adianta ao mes de marzo o inicio da nova temporada de sendeirismo, que este ano comezan con dúas rutas que se desenvolven a carón de dous ríos: Tambre (Brión-Ons) e Pedras (Barbanza). Dúas xornadas de actividade deportiva ao aire libre nas que pode participar toda a familia, xa que son traxectos de dificultade baixa.

A Ruta do Tambre terá lugar o sábado 5 de marzo, a partir das 14:00 horas. Trátase dun percorrido circular de 22 quilómetros entre a Carballeira de Santa Minia e Ons. Como non é preciso desprazamento ningún, a actividade é totalmente gratuíta, se ben por razóns de loxística é preciso anotarse previamente na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 509 908.

Barbanza

Para o sábado 26 de marzo queda a Ruta do Río Pedras, unha ruta pedestre na península do Barbanza de 20 quilómetros de distancia. Trátase dun camiño á beira do río Pedras e ao pé do Monte Curota, un lugar de gran beleza e cunha abrupta orografía onde os canles fluviais dos ríos San Xoán e Barbanza conflúen nun mesmo leito para dar lugar ao Río Pedras. Deste xeito, os camiñantes estarán rodeados de vexetación autóctona, pozas, tobogáns e saltos conformados ao longo de milleiros de anos polo traballo das correntes de auga.

A expedición sairá en autobús ás 8:30 horas dende a Carballeira de Santa Minia. A diferenza da Ruta do Tambre, nesta ocasión será necesario levar xantar tipo pícnic. A cota de inscrición nesta saída é de 10 euros por participante. Hai un límite de 50 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. 

Para confirmar a praza será indispensable entregar o resgardo da folla de taxas oficial correctamente cuberta e asinada. Para facelo os interesados deberán acudir á Casa da Cultura antes do día 22 de marzo. O Concello de Brión lembra que non se admiten pagamentos conxuntos nunha mesma folla, cada participante deberá entregar cadanseu formulario.

Oroso - O concello aposta pola creación dunha asociación xuvenil e poñer en valor a Aula da Xuventude de Sigüeiro

“En materia de mocidade, no Concello de Oroso temos dous retos: crear unha asociación xuvenil, e aquí vexo moita materia prima, e despois darlle utilidade á Aula da Xuventude de Sigüeiro, que temos parada pero que queremos que estea chea de actividades”. Son palabras do concelleiro de Xuventude, Luís Rey Villaverde, durante o acto de entrega de diplomas do Curso de Monitor de Tempo Libre, impartido pola Escola Galega de Tempo Libre e no que tomaron parte 23 mozas e mozos do municipio.

Un acto que estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, quen afondou na mesma cuestión. “Nunca vin neste centro cultural tanta mocidade”, recoñeceu Mirás Franqueira, “botamos en falta a participación da xuventude nas actividades polo que vos animo a seguir facendo actividades, a que vos acheguedes pola Aula da Xuventude e conseguir entre todos unha convivencia máis activa”. Neste sentido, tanto Rey Villaverde como Mirás Franqueira coincidiron en felicitar ao alumnado e convidalos a propoñer iniciativas dirixidas á mocidade do municipio.

Facer grupo

Pola súa banda, o director da Escola Galega de Tempo Libre, Isidro Nieto, asegurou que “este es uno de los cursos de lo que estoy más satisfecho porque está integrado por gentes con edades y niveles de formación muy diferentes” e lles lembrou que “un monitor de tiempo libre tiene que estar reciclándose continuamente”.

Así, Nieto les recordó que “somos educadores en tiempo libre. El juego es nuestro medio, no nuestro fin. Nuestro fin es hacer grupo, hacer una utilización positiva del tiempo libre y realizar también un trabajo preventivo que facilite una sociedad organizada. Lo lúdico sólo es nuestra herramienta”. 

Este curso de monitor de tempo libre, que se celebró durante os últimos meses no centro cultural de Sigüeiro, ten unha duración de 350 horas lectivas, das que xa se impartiron as 200 horas teóricas. Agora, o alumnado afrontará as 150 horas de prácticas laborais nun sector con moita demanda de emprego, tanto en empresas como en administracións públicas.

Axenda e tempo do martes 23 de febreiro - Música, libros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Libreria Cronopios - presentación No derrames tus lágrimas

Santiago - A Reixa - Mad Martín & friends



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Fundación Araguaney - I Premio Revbela de Comunicación

El Foro Revbela, actividad reciente de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas, convoca el I Premio Revbela de Comunicación destinado a distinguir los mejores trabajos sobre conflictos activos y riesgos potenciales del siglo XXI para la seguridad humana. Se presentó hoy en el hotel Eurostars Araguaney de Santiago de la mano del presidente de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, que estuvo acompañado de la gerente de la Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, institución que colabora en la convocatoria del premio, al igual que el Colexio de Xornalistas de Galicia, la Asociación de Periodistas de Galicia y la Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. 

“Es imprescindible analizar y difundir las dinámicas de violencia que actualmente nos ocupan y dar a conocer las causas estructurales que alimentan los conflictos y sus consecuencias, así como las respuestas que se articulan para encontrarles una solución justa, global y duradera” –según explican las bases.

El premio nace con vocación internacional y la ambición de llegar a periodistas, fotógrafos, articulistas y reporteros de todo el mundo. “El periodismo es una profesión maltratada en los últimos años y desde la Fundación Araguaney-Puente de Culturas y el Foro Revbela queremos reconducirla, aportando ideas reveldes y revolucionarias” –indicó Jaber Ibrahim–.

Ghaleb Jaber: “Este premio es un apoyo a la profesión periodística y para que Galicia, Santiago y la Cidade da Cultura se conviertan en escaparate internacional de esta iniciativa”

Se trata de una distinción anual enfocada a profesionales que hayan publicado sus trabajos en cualquier medio nacional o internacional en las modalidades de prensa escrita impresa o digital (crónica, análisis, entrevista), periodismo gráfico (fotografía o reportaje fotográfico), periodismo en radio y/o televisión (crónica, análisis, entrevista, ficción) y trayectoria profesional de un periodista o equipo periodístico de reconocida independencia, integridad y compromiso con el buen hacer en la búsqueda de la vedad y el rigor informativo. 

Se podrán presentar trabajos periodísticos en castellano, gallego, árabe e inglés. El galardón principal está dotado con 5.000 euros, y el del público con 1.000. “Este premio es un apoyo a la profesión periodística y para que Galicia, Santiago y la Cidade da Cultura se conviertan en escaparate internacional de esta iniciativa” –explicó Ghaleb Jaber–.

Además, Ghaleb Jaber Ibrahim, advierte de que es “absolutamente necesario” explorar un mayor conocimiento de estas situaciones de guerra, terrorismo y conflictos, demandar su resolución de la forma más inmediata posible y reconocer públicamente el papel de los medios en el terreno de la información, la sensibilización y la movilización de la ciudadanía. “Entendemos el proceso informativo veraz y riguroso como un elemento fundamental para el análisis crítico y de calidad en el tratamiento de los conflictos violentos que condicionan el devenir humano y que, por tanto, exigen el posicionamiento de todos” –añadió–.

Según las directrices del actual mundo globalizado, Jaber explica que es igualmente necesario abordar el análisis de los potenciales riesgos que, desde la perspectiva de la construcción de la paz y la prevención de los conflictos, plantean la crisis económica, la superpoblación, los flujos migratorios descontrolados, las desigualdades sociales, las pandemias, el cambio climático, el analfabetismo, la lucha por el poder hegemónico o la proliferación de armas de destrucción masiva, “todos ellos en esencia elementos desestabilizadores de la armonía entre los seres humanos y los pueblos”.

Po otra parte, son ejemplos notorios de situaciones de conflicto en el mundo la ocupación palestina, la guerra en Siria y otros escenarios de Oriente Medio, el desafío del terrorismo yihadista (Daesh, Al Qaeda, etc), los conflictos en el África Subsahariana (República Centroafricana, República Democrática del Congo, Sahel, Sudán y Sudán del Sur, etc.), las crecientes tensiones en territorio europeo con Ucrania como escenario preferente, el ya conocido como AFPAK (Afganistán-Pakistán), y sin olvidar a Colombia y otros focos de tensión en Centroamérica y Asia. 

PLAZOS, PARTICIPACIÓN Y VOTACIÓN POPULAR

Todos los trabajos podrán ser visionados y votados a través de la web hasta el 15 de octubre de 2016. Una vez finalizado este plazo, el trabajo más votado por los usuarios recibirá el premio del público, mientras que los 25 primeros serán analizados por un jurado de reconocido prestigio que procederá a designar, siguiendo los criterios de rigor y calidad, el ganador del I Premio Revbela de Comunicación. Ghaleb Jaber destaca la “trascendencia de devolver al público, los ciudadanos, la sociedad civil, la voz y el voto, mucho más allá de las urnas. Porque son nuevos tiempos”.

Podrán participar aquellos trabajos que hayan sido publicados entre el 1 de octubre de 2015 y el 30 de septiembre de 2016. El plazo de presentación finalizará el 30 de septiembre de 2016 a las 12:00 horas. Los premios se fallarán antes del 15 de noviembre del 2016 y el resultado se hará público a finales de año en el portal Revbela y a través de los medios de comunicación, además de que serán comunicados directamente a los premiados. 

Para formalizar su participación, los candidatos deberán remitir la ficha de inscripción que figura en la página web del premio (http://premio.revbela.com) en la sección de “Presenta tu candidatura” debidamente cumplimentada. En caso de que alguien desee proponer a un tercero como candidato, se deberá remitir el formulario “Invita a alguien a presentar su candidatura”, debidamente cumplimentado.

Vedra - Anótate este venres no obradoiro de claqué

*O venres 26 ás 20:00 h na Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla terá lugar un dos obradoiros do POSTA A PUNTO de febreiro. O obradoiro de achegamento ao “claqué”.

Se non te anotaches, todavía estás a tempo. Faino no 981 81 46 91 ou a través do correo electrónico cultura@concellodevedra.com

Ames - A radio municipal adica as súas emisións a Rosalía de Castro

Ames Radio celebra nas ondas a semana de Ames con Rosalía, sumándose á conmemoración do nacemento da escritora cunha programación especial na que participan máis de 50 veciños e veciñas de Ames e escritores e escritoras que habitan no municipio. 

A poetisa galega, histórica veciña da parroquia de Ortoño, será a gran protagonista das emisións do 107.2 FM. Os programas poderanse escoitar tamén na páxina web municipal. Veciños e veciñas de Ames quixeron aportar o seu gran de area nesta empresa; de todas as idades e pertencentes a colectivos moi distintos as voces dos amesáns e das amesás poñerán voz a varios poemas de Rosalía de Castro, que se poderán escoitar salpicados na programación musical da radio.

Os escritores e escritoras residentes en territorio amesán enfrontáronse os micrófonos de Ames Radio para relatar a súa vinculación á figura rosaliana, e de distintos aspectos da súa vida e obra. Polos estudios da radio municipal pasarán Manolo Portas, Carlos Negro, Inma López Silva, Séchu Sende, Rafa Vilar de María López Sande. Tamén serán entrevistados Armando Requeixo, premio nacional da crítica, e a profesora Dolores Vilaverde, responsable de escoller os versos da cartelería que decora dende a semana pasada os escaparates de Ames. 

Un grupo de mozas e mozas do concello participarán nunha tertulia na que analizarán a contemporaneidade da obra de Rosalía de Castro, baseándose en poemas da escritora cuxo contido non perdeu vixencia cos anos, relatando problemas sociais nos que o público actual se pode sentir reflectido. Os comerciantes, cuxos escaparates convertéronse en marco da poesía rosaliana, tamén formarán parte da programación adicada á poetisa. 

O mércores, día 24, aqueles e aquelas que non se poidan achegar ao Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20:30 horas poderán seguir os eventos da gala adicada especialmente a Rosalía que se celebrará ese día. A música de Leo i Arremecághona e de Xiana Lastra soará tamén no 107.2, e ambos prestarán as súas voces ás condutoras do programa en sendas entrevistas nas que explicarán os lazos que os unen á escritora. 

USC - Premios á calidade lingüística da USC

A calidade lingüística dos traballos académicos que o alumnado da USC realiza en galego ten premio na USC. Sexa o de fin de grao, carreira ou mestrado ou un traballo de investigación para unha materia, as comisións de normalización lingüística dos campus de Santiago e Lugo entregan cada ano un total de 15 recoñecementos.Ao chamado da edición correspondente ao curso 2014-15 presentáronse 3 traballos académicos, 66 traballos de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC) e 41 de fin de mestrado (TFM).

A cerimonia de entrega destes XI Premios á Calidade Lingüística presidiuna o reitor Juan Viaño na Facultade de Xeografía e Historia. Estivo acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; da vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; do decano da facultade anfitrioa, Juan Monterroso; e do director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

Para o reitor, esta iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da USC persegue “facer consciente ao alumnado universitario de que a suxeición a unhas convencións que normalicen a presentación pública das nosas producións como investigadores e investigadoras é un acto de calidade universitaria”.

Fin de grao e carreira


Na área de Enxeñaría dos TFG/PFC recibiu o premio a graduada en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural Pilar Rodríguez López polo traballo ‘Análise dos investimentos realizados por explotacións de leite acollidas a plans de mellora’; mentres que na de Ciencias Sociais e Xurídicas gañaron ex aequo os graduados en Mestre de Educación Primaria Eva Otero e Sergio Carbón por ‘O ensino durante a Segunda República no Concello de Teo’ e ‘As escolas ao aire libre: unha alternativa pedagóxico-ambiental para a educación de infancia. Estado da cuestión en viabilidade en Galicia’, respectivamente.

Na área de Ciencias recoñeceuse o traballo ‘Aproximación dos autovalores e autovectores dunha matriz tridiagonal simétrica mediante un algoritmo Divide e Vencerás’, do graduado en Matemáticas David Ferreiro. Na de Ciencias da Saúde o premio foi para a graduada en psicoloxía Cora Gutiérrez por ‘Deterioración do proceso de busca visual en anciás con e sen demencia senil tipo Alzhéimer’, e na de Arte e Humanidades para a graduada en Filoloxía Clásica Lúa García por ‘A figura de Diotima no Simposio de Platón’ e para o traballo ‘Os xéneros dialogados na lírica románica medieval’ de Tania Vázquez,do itinerario en Filoloxía Románicade Linguas e Literaturas Modernas.

Fin de mestrado

Na modalidade de TFM fixéronse co premio, na modalidade de Enxeñaría,FabioDacosta, do mestrado en Tecnoloxías da Información, polo traballo ‘Saliencia e crowdsourcing: gatches útiles para avaliar o deseño de páxinas web’. Na de Ciencias Sociais e Xurídicas gañou Sabela Direito, do mestrado en Comunicación e Industrias Creativas, por ‘As series de televisión fronte aos social media. Un estudo do uso e da influencia da xestión das redes sociais por parte das series de ficción españolas’. Pola súa banda, en Ciencias gañaron (ex aequo) Pablo Fernánez, do mestrado en Física, por ‘Optimización dun modelo para a determinación do número de agregación micelar a partir de medidas de tensión superficial’ e Francisco Fontenla, do mestrado en Acuicultura, por ‘Produción de xeles de ulvano e avaliación da súa actividade como adxuvante no rodaballo Scophthalmusmaximus’. 

Na área de Ciencias da Saúde resultou gañadora Lucía Denniss Fernández, do mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, polo ‘Plan de prevención de riscos laborais dunha explotación avícola’ e, en Arte e Humanidades, premiáronse os traballos ‘Os dicionarios toponímicos: caracterización, análise crítica e proposta’ e ‘Conceptualización da loucura na linguaxe figurada medieval galega’ de Sandra Beis (Libngística Aplicada) e Verónica Pousada (Estudos da Literatura e da Cultura), respectivamente.

Traballos académicos

Por último, recibiron os premios á calidade na modalidade de traballos académicos Alberto Liñares Lamas, de Enxeñaría Química, polo traballo ‘Aproveitamento de materias primas. Petróleo e biomasa’ e Adela Estévez, María Gonález, Estefanía López e Tamara Rial, todas do grao en Linguas Modernas especialidade francés, por ‘A cortesía nas peticións, o proceso de adquisión nos nenos. Pragmática e análise do discurso’.

Lalín - Traslado de día do mercado ecolóxico dos sábados

O mercado de produtos ecolóxicos e de horta -que se viña celebrando cada sábado na rúa Matemático Rodríguez, no entorno da estatua de Loriga- trasladarase de maneira definitiva ás rúas peonís tras o éxito da experiencia piloto desenvolvida durante a pasada fin de semana. Os vendedores comunicáronlle esta mesma mañá ao alcalde a decisión de cambiar o seu emprazamento habitual, despois de comprobar aos bos resultados que tivo o traslado puntual realizado o pasado sábado. 

O alcalde de Lalín felicitouse pola boa acollida deste cambio de ubicación, “que foi beneficioso para comerciantes e clientes”. Ademais, Rafael Cuíña apunta que o traslado tamén vai favorecer unha maior actividade e maior presenza de xente nas rúas que se pechan ao tráfico durante a fin de semana. Este feito permitirá avanzar nas accións de dinamización complementarias ao proceso de peonalización e dar resposta á demanda de veciños, comerciantes e hostaleiros. “Desta maneira”, di o rexedor, “crearase unha sinerxia positiva que permitirá sumar os efectos positivos destas dúas medidas complementarias: o peche das rúas ao tráfico durante as fins de semana e o cambio de lugar deste mercado”. 

Por outra banda, Cuíña anunciou que o Concello está traballando para incrementar o número de postos que participan nesta actividade. O alcalde explica que “estamos falando con diferentes vendedores para coñecer o seu interese por sumarse ao mercadiño dos sábados, sempre coa intención de que as actividades que veñan sexan complementarias á venda de produtos ecolóxicos e de horta”. Neste sentido, o rexedor confía en incorporar varios postos de venda de artesanía, o que permitirá diversificar o tipo de produtos que se ofrecen e atraer a máis xente a esta iniciativa. 

Veciños, comerciantes e hostaleiros das rúas peonalizadas xa suxeriran en varias ocasións a posibilidade de que o mercado semanal se celebrase nesta zona para incrementar a presenza de público e dinamizar a actividade no centro da vila, co conseguinte beneficio que isto vai xerar para os establecementos. A decisión de instalar os postos de venda na rúa Joaquín Loriga tomouse logo de consultar cos vendedores, que agora, despois de comprobar os bos resultados do cambio, deciden realizar o traslado de xeito permanente.

Santiago Futsal - Record de asistencia nun partido do Santiago Futsal

Como se adoita dicir, ‘unha imaxe vale máis que mil palabras’, e esa frase vén perfecta para definir o ambiente que se vivíu no Fontes do Sar na tarde do sábado. Miles de seguidores do fútbol sala déronse cita no pavillón da capital galega para vibrar co equipo da entrega e o sacrificio, dous valores recoñecidos polos aproximadamente 4500 asistentes que encheron o Multiusos.

Desde todos os recunchos de Galicia chegaron amantes do fútbol sala para lograr a que ata o momento é a mellor entrada a un partido do Santiago Futsal en toda a súa traxectoria nos seus 13 anos Primeira División. O Fontes do Sar non rexistraba unha entrada así en partido de fútbol sala desde a Final de Copa de España do ano 2010 na que o, por aquel entón, Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago mediuse a El Pozo Murcia nun partido que se decantou para o lado murciano por 3-2.

Ademais, a iniciativa que o club santiagués promove coa invitación e colaboración cos clubs de fútbol sala de toda Galicia aos encontros do primeiro equipo, é xa todo un éxito. No partido do sábado puideronse ver as bancadas lucindo gran diversidade de cores de equipamentos e chandals dos máis de 20 equipos que asistiron ao encontro por medio da colaboración co Santiago Futsal. 

Pero o mérito do club santiagués é aínda maior se se ten en conta que ao mesmo que tempo que se disputaba o encontro Santiago Futsal vs FC Barcelona Lassa, na cidade veciña da Coruña celebrábase o evento de maior reclamo do baloncesto español, a Copa de SM O Rei.

Con todo, detrás deste partido, que pasará á historia do club celeste, hai moito traballo. Todos os traballadores e colaboradores do club participaron na organización do encontro e axudaron a que todo saíse ben e que os asistentes puidesen gozar do mellor ambiente de fútbol sala.

Silleda - Celebración do Día de Rosalía

O Concello de Silleda sumarase mañá mércores 24 á celebración do Día de Rosalía. Ademais de editar uns carteis conmemorativos que xa están distribuídos polos centros educativos e colocados nas dependencias municipais, ese mesmo día, pola tarde, as Concellerías de Cultura e de Xuventude, organizan a actividade “Achegándonos a Rosalía”, un obradoiro de chapas e outro consistente na creación dun libro que recolla partes da vida e obra da autora de Cantares Gallegos.

Estas actividades, indicadas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, terán lugar na Casa da Xuventude en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Santiago - O concello promociónase en Corea do Sur

Turismo de Santiago e Turkish Airlines organizan conxuntamente unhas xornadas de traballo en Seul para presentar a cidade ás principais empresas do sector turístico coreano que traballan no turismo cultural. Nestas xornadas, que se celebrarán de martes a xoves desta semana, participarán arredor de 100 das principais empresas do sector turístico do país, entre axencias de viaxes, turoperadores e medios de comunicación.

Nestas xornadas participarán representantes de Turismo de Santiago e de Turkish Ailines, tanto das súas delegacións en Santiago como en Seul. Pero ademais, tamén participarán representantes dalgunhas das empresas galegas máis importantes do sector que xa traballan con mercados asiáticos ou que están interesados en facelo. O obxecto da viaxe así é triplo: amosar de primeira man os atractivos da cidade, detallar as posibilidades de conexión aérea entre Corea e Santiago a través de Turkish Airlines, e permitir que podan abrirse vías de traballo directas entre as empresas emisoras coreanas e as empresas de receptivo galegas.

O programa comezará hoxe, cunha visita porta a porta dos membros do grupo a empresas emisoras coreanas, para coñecer de primeira man as súas instalacións e os xeitos de traballar. O mércores haberá unha presentación de Santiago e un workshop no que participarán as empresas galegas e máis de sesenta empresas coreanas. O xoves haberá de novo unha visita porta a porta.

A acción de promoción conxunta no mercado coreano entre Turismo de Santiago e Turkish Airlines enmárcase no convenio de colaboración que ambas entidades asinaron o pasado martes no Pazo de Raxoi. Esta acción terá continuidade cunha visita dun grupo de profesionais coreanos a Santiago para coñecer a cidade e continuar definindo proxectos de traballo conxunto entre as empresas emisoras coreanas e as empresas locais de receptivo.

O mercado coreano é un mercado en crecemento que cada ten maior presenza na cidade. No ano 2004, Corea tivo apenas 18 peregrinos e non aparecía entre os primeiros países con maior número de Compostelas entregadas. Non obstante, na última década houbo un grande aumento do fenómeno peregrino no país. No 2015 houbo 4.072 peregrinos de Corea. Foi o noveno mercado internacional con maior número de peregrinos.

Frades - Charlas sobre habilidades sociais no CPI Ponte Carreira

Alumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira participarán durante esta semana nunha serie de charlas sobre habilidades sociais e educación, organizadas en virtude do acordo de colaboración que mantén o Concello de Frades co centro escolar para cooperar nunha mellor formación do alumnado. As sesións están dirixidas a rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e comezaron a impartirse esta mañá, cunha charla relacionada cos sentimentos.

O concelleiro de Ensino de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu a esta primeira charla na que “o alumnado aprendeu a importancia tanto de expresar os seus sentimentos como de comprender os dos demais” e destacou a importante colaboración ofrecida dende o CPI Ponte Carreira. Deste xeito, o Concello de Frades dá continuidade ás charlas celebradas en anos anteriores, que xiraron sobre educación sexual, hixiene e alimentación.

Catro sesións

Ata este venres, os rapaces e rapazas asistirán a catro sesións, tres sobre habilidades sociais e unha sobre educación emocional, que terán unha duración de unha hora cada unha. A próxima charla xirará sobre “As alternativas á agresión” e nela o alumnado aprenderá métodos de negociación e autocontrol, así como consellos para defender os seus dereitos, responder ás bromas e evitar os problemas cos demais. A terceira sesión, “Facer fronte ao stress”, explicará ao alumnado do CPI Ponte Carreira como responder ate o fracaso, unha queixa, unha acusación ou as presións dun grupo.

Ames - Éxito das probas de reorganización do tráfico nos accesos aos centros escolares de Bertamiráns

Onte desenvolveuse con éxito a segunda proba para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil no CEIP da Maía e no IES de Ames, ambos os centros situados na localidade de Bertamiráns. Deste xeito, desenvolvéronse unha serie de accións puntuais como foron habilitar unha beirarrúa na dársena de autobuses e establecer unha fila única de autobuses en vez das dúas que existen actualmente. A principal diferencia respecto á primeira proba, que se realizou no pasado mes de novembro, foi que agora todos os alumnos/as do CEIP A Maía entraron ao colexio pola porta principal do centro. Esta iniciativa foi posta en marcha entre os departamentos de Educación, Urbanismo e a Policía Local de Ames. 

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, e mailo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, achegáronse esta mañá ata a contorna do CEIP da Maía e do IES de Ames para ver de primeira man como se desenvolvía a proba de reorganización e mellora da seguridade peonil nesta zona. Os concelleiros do goberno municipal estiveron acompañados de técnicos da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, destacou que “a fórmula que se puxo en marcha, a través desta segunda proba, é a máis axeitada para primar a seguridade dos rapaces e rapazas”. A través desta proba desenvolvéronse unha serie de accións puntuais como foron habilitar unha beirarrúa na dársena de autobuses e establecer unha fila única de autobuses, en vez das dúas que existen actualmente. Asemade, habilitouse unha beirarrúa provisional na actual dársena para o paso dos alumnos/as do instituto, que ata o de agora accedían polo medio dos autobuses.

A principal diferencia respecto á primeira proba, que se realizou no pasado mes de novembro, foi que agora todos os alumnos/as do CEIP A Maía entraron ao colexio pola porta principal do centro. Santomil incidiu en que “esta é a mellor opción para a entrada e saída do alumnado do CEIP A Maía”.

O concelleiro de Educación e Cultura agradeceu “a colaboración de todas as partes implicadas nesta proba como son as ANPAS, as directoras dos centros escolares, a empresa de autobuses encargada do servizo de transporte escolar, a Policía Local, a patrulla escolar e aos técnicos da consellería de Infraestruturas, que hoxe asistiron a esta proba temporal de reorganización do tráfico e mellora da seguridade peonil nesta zona Ademais, hai que agradecerlle aos pais e nais a súa responsabilidade e comprensión para poder realizar esta proba”. 

Ampliación das beirarrúas

O obxectivo do goberno municipal é primar a seguridade do alumnado e despois reorganizar a dársena de autobuses do transporte escolar. Con esta finalidade preténdese ampliar as beirarrúas da devandita dársena de autobuses. Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, “os técnicos da Consellería de Infraestruturas que asistiron a esta proba manifestaron que ven factible a proposta de ampliar as beirarrúas da dársena para mellorar a seguridade peonil do alumnado destes centros”.

Para ampliar as beirarrúas preténdese reducir a mediana que está pintada no medio da AC-544, e deste xeito, gañar espazo para poder darlle maior amplitude as devanditas beirarrúas. Para iso hai que facer un repintado de toda a dársena e da AC-544. Isto xa estará incluído dentro do plan que presentou a semana pasada en Bertamiráns a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para mellorar o firme dun tramo de 1.100 metros da estrada AC-544 que une Bertamiráns e Negreira.

Outras medidas a adoptar

Durante a xornada de hoxe o Concello habilitou a explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns, que está situado a 200 metros destes centros escolares e conectada a través dunha beirarrúa, para que todas as familias puidesen aparcar o seus vehículos neste lugar. 

Outras medidas que está estudando realizar o goberno municipal é habilitar varias prazas de estacionamento, para persoas con mobilidade reducida, preto do paso de peóns situado diante da entrada do CEIP A Maía. Habilitaranse tamén zonas de parada rápida para os vehículos que só realicen paradas dun máximo de 10 minutos. Ademais, reorganizarase o horario do vehículo de transporte de comida da Rede Municipal de Comedores Escolares, para que non coincida co horario de entrada e saída dos autobuses de transporte escolar.

Oroso - O concello ten unha presión fiscal un 41% máis baixa ca media nacional

O Concello de Oroso ten unha das presións fiscais máis baixas de toda España: 304,5 euros por habitante, fronte á media nacional (516,32 euros) e galega (386,13 euros), segundo os datos da Conta Xeral de 2014. Isto supón que os veciños e veciñas de Oroso gozan dunha presión fiscal un 41% máis baixa que o resto de veciños de España e dun 21% menor con respecto á media de Galicia.

“Estes son os datos, por moito que lle doan ao señor Doval e ao PP de Oroso, que teñen o malo costume de dicir na prensa o que non se atreven a dicir nos Plenos, porque son conscientes de que só din mentiras e improperios que se desmontan sós”, lamenta Antonio Leira, concelleiro de Seguridade Cidadá e voceiro do Grupo de Goberno no pleno orosán. “Dicir que o orzamento medra sangrando aos veciños demostra que o señor Doval ou non entendeu as contas ou volve intentar confundir aos cidadáns”, continúa Leira Piñeiro quen se pregunta “se iso fose certo, por que non o denunciou no pleno? Porque a única proposta que fixo durante o Pleno foi que deixaramos de facer obras para os veciños e lles deramos eses cartos aos bancos”.

O concelleiro amósase convencido de que o voceiro do PP “nin sequera se molestou en estudialos porque, se o fixera, vería que gran parte dos recursos son froito das xestións feitas por este Goberno diante doutras administracións e da boa xestión que facemos no Concello”. Así, as transferencias de capital doutras Administracións medrarán en 2016 un 46,89%, dos 960.822 euros contemplados en 2015 aos 1.411.365 euros incluidos nos orzamentos para 2016. “Eu pediríalle ao señor Doval que se aclare, porque non é normal dicir no Pleno que lle parecen un orzamentos equilibrados e logo lanzar esas acusacións. Está claro que unha desas declaracións non é máis que para a galería”, conclúe Antonio Leira.

Non suba de impostos

O concelleiro asegura que “os veciños e veciñas de Oroso saben ben que non subimos os impostos nos últimos catro anos e que tampouco os imos subir nesta lexislatura, pois foi o noso compromiso con eles durante a campaña electoral”. De feito, os orzamentos municipais de 2016 recollen un descenso de 17.350 euros nas previsións de ingresos en concepto de taxas e outros ingresos: 669.900 euros en 2016 fronte aos 687.250 euros de 2015. 

Antonio Leira critica “a oposición irresponsable e incoherente do señor Doval, que dende que é concelleiro non fai máis que demostrar que non lle importan os veciños e só lle interesa saír nos medios contando mentiras, como fixo coa paralización da AP-9 ou cos asfaltados no polígono”. Un claro exemplo é que o PP non apoiou en decembro a bonificación do 50% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, que saíu adiante grazas ao voto favorable de PSOE e BNG.



Finalmente, Leira Piñeiro considera que “o que máis lle molesta ao señor Doval e ao Partido Popular é que o Concello de Oroso funcione ben, sexa económicamente sostible e saiba administrar ben os seus recursos para facer moitas cousas”. Neste sentido, lembra o acontecido durante o debate plenario da Conta Xeral de 2014, na que o PP criticou o grado de autonomía fiscal do Concello e se escudou no Informe de Intervención para pedir unha suba das taxas e do prezo das actividades á veciñanza. “En outubro, o PP pedía que lles subiramos as taxas e o prezo das actividades aos veciños baixo a bandeira da autonomía fiscal. Non o fixemos e agora nos acusan de sangrar aos veciños con impostos. Esa é a oposición irresponsable do señor Doval”, conclúe Antonio Leira.

Asociacións de veciños

Sobre as queixas do PP sobre a escasa cuantía destinada a emerxencia social e ás asociacións de veciños, Leira Piñeiro remítese á resposta que lle ofreceu ao voceiro do PP durante o pleno de orzamentos. “As partidas ás asociacións d eveciños se manteñen con respecto aos exercicios anteriores. Ademais, seguimos comprometidos con levar as actividades ás parroquias, sempre que así o demanden as asociacións, e seguimos mellorando os locais socias das parroquias. Incluso nestes orzamentos contémplanse 120.000 euros para a construción do centro cívico de Oroso”, explicou Leira Piñeiro, quen concluíu lembrando ás imporantes achegas que o Concello de Oroso fai á Mancomunidade de Ordes en materia de servizos sociais e dicindo que “no caso de emerxencia social, falamos dunha cantidade inicial e dende o Concello estamos atentos por se fose necesario incrementala”.

Ordes - Comeza o obradoiro de fotografía dixital

O Concello de Ordes vén de iniciar as clases de fotografía dixital incluídas no seu programa cultural e deportivo deste trimestre. 

O fotógrafo e artista visual Xosé Rivera é o encargado de levar a cabo esta iniciativa formativa na que participan preto dunha trintena de persoas. 

Na primeira das sesións, que teñen lugar os sábados en horario de mañá, abordáronse conceptos básicos da composición fotográfica. Como primeira práctica relaizouse a toma dunha fotografía cunha cámara estonospeica, construída cunha simple caixa metálica.