Brion – aprobadas as novas tasas no pleno

BRIÓN ACTUALIZA AS SÚAS TAXAS E IMPOSTOS PARA 2012 DE ACORDO CO CONTEMPLADO NO PLAN DE SANEAMENTO FINANCEIRO APROBADO EN XUÑO DE 2009

3 de novembro de 2011. O pleno municipal de Brión, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, aprobou a actualización de seis taxas e impostos de acordo co contemplado no Plan de Saneamento Financeiro aprobado por unanimidade en xuño de 2009. Un plan que fora aprobado ao abeiro do Real Decreto Ley 5/2009, de 24 de abril, de medidas extraordinarias e urxentes para facilitar ás entidades locais o saneamento das débedas pendentes de pago con empresas e autónomos e que deixou fixadas unhas actualizacións anuais de taxas entre os anos 2010 e 2015.

Se o devandito Plan de Saneamento Financeiro foi aprobado pola unanimidade dos grupos, a súa aplicación non conseguíu hoxe o mesmo respaldo. Así, mentres PSOE e BNG mantiveron o seu voto a favor, dende o grupo popular optouse pola abstención en todos os puntos (salvo no caso da taxa da recollida do lixo no que o voto foi en contra).BRION - PLENO NOVEMBRO

A voceira económica do PP brionés, Mercedes Gloria Vázquez, xustificou o cambio do sentido do voto da súa formación na situación de crise económica e en criticar unha suba de impostos. Unha actitude que foi cualificada como “demagóxica” polo alcalde brionés, Xosé Luís García, quen amosou a súa sorpresa polo feito de que o PP “vote contra o seu propio compromiso adquirido neste pleno. Non hai subida de impostos, é aplicar o que aprobamos neste mesmo pleno”. Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xesús Pena, xustificou o voto favorable do seu grupo no feito de que “son subidas moderadas, dentro do que aprobamos no seu momento” e recordou que en todo caso “debe prevalecer o bo servizo que se dá á cidadanía”.

Actualización de impostos e taxas

Deste xeito, o tipo impositivo sobre bens inmobles de natureza urbana será do 0,43% en 2012 (un 0,01% máis que en 2011) e o coeficiente a aplicar sobre as cuotas dos tipos impositivos sobre vehículos de tracción mecánica pasará do 1,12 ao 1,13. Finalmente, no caso do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana mantense a comprometida suba dun 2% anual ata o 2015.

No caso das taxas de subministro de auga e saneamento-depuración de augas residuais, as actualizacións realizaranse de acordo co IPC interanual entre agosto de 2010 e agosto de 2011, é dicir, dun 3%. Asemade, no caso da ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana (taxa pola recollida do lixo), ésta incrementarase de acordo co IPC interanual e cun 2% adicional para que as cuotas se acheguen ao coste do servizo, que tivo un custe adicional de 20.000 euros para o Concello de Brión no exercicio anterior.

Oroso – aprobadas as novas tasas no pleno

MANUEL MIRÁS DESTACA QUE OROSO TEN O METRO CÚBICO DE AUGA MÁIS BARATO DA SÚA CONTORNA

O pleno aproba a actualización das taxas de sumidoiros e de auga potable de acordo co 3,1% do IPC interanual

3 de novembro de 2011.- O pleno municipal do Concello de Oroso aprobou esta mañá en sesión extraordinaria unha actualización das taxas polos servizos de sumidoiros e abastecemento de auga potable de acordo co IPC interanual publicado polo INE a data 31 de outubro: o 3,1%. Unhas modificacións que se realizan co fin de manter o equilibrio económico-financeiro de ambos servizos e que foron aprobadas cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno, os 4 votos en contra do PP e a abstención do Partido Galeguista (o representante do BNG non asistiu á sesión).

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que “en Oroso fixemos unha boa xestión co auga e en 2003 adxudicamos a concesión nunhas boas condicións e temos a auga más barata da comarca”. Diante ao desacordo amosado polo PP sobre a modificación das taxas, Mirás Franqueira explicou que fronte a medias do 0,44 euros/m3 na contorna, en Oroso o prezo é de 0,36 euros/m3. “Isto quere dicir que por cada 10 m3, que dan para unha familia de 3 membros, custa 3,63 euros/mes ou 10,89 euros/trimestre. No saneamento o prezo é de 9,51 euros/trimestre, polo que sumado danos 20,4 euros por trimestre. Non estamos metendo a ninguén en ningún problema coa subida do 3,1%”, exemplificou Mirás Franqueira. Unha actualización que, seguindo co exemplo dunha familia de 3 membros, sería de 0,62 euros/trimestre.OROSO - PLENO NOBVEMBRO 2011

Tarifas de auga e saneamento

Deste xeito, as tarifas polo servizo de abastecemento de auga para aboados domésticos quedan fixadas en 0,362587974 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3/mes) e de 0,457005326 €/m3 (para consumos superiores). No caso dos aboados industriais, as tarifas serán de 0,362587974 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3/mes) e de 0,533172879 €/mes (para consumos superiores).

No caso da taxa polo servizo de sumidoiros e depuración, os aboados só ao servizo de saneamento deberán aboar unha cota trimestral de 9,50510247 €/m3. No caso da limpeza de fosas sépticas, a taxa será de 38,0204098 € por limpeza. Finalmente, no caso dos aboados domésticos ao servizo de auga, as tarifas serán de 0,31658328 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3) e de 0,39896083 €/m3 (para consumos superiores). Finalmente, no caso dos aboados industriais ao servizo de auga, as tarifas serán de 0,31658328 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3) e de 0,46613024 €/m3 (para consumos superiores). En ambos casos, estas tarifas entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2012.

Servizos sociais

Por último, o pleno municipal aprobou unha proposta da Alcaldía para instar á Xunta de Galicia a que incremente as partidas destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais pola Mancomunidade de Municipios de Ordes en concepto de Axuda no Fogar (prestación básica) e Axuda no Fogar a Dependentes. Unha proposta que contou cos 8 votos a favor do Grupo de Goberno (PSOE) e Partido Galeguista, e coas 4 abstencións do PP.

Manuel Mirás denunciou que “en marzo a Xunta comprometeuse a aportar a mesma cantidade á Mancomunidade e agora, cando faltan dous meses para a finalización do exercicio, coas partidas esgotadas e o gasto contraído, a subvención pasa dos 90.401 euros a 9.757 euros para Oroso, Ordes e Frades. É unha cantidade ridícula”. Mirás lembrou que a Lei de Bases de Réxime Local non obriga aos concellos a prestar estes servizos e sinalou “espero que se rectifique”.

Por iso, o pleno municipal instará á Consellería de Traballo e Benestar a que incremente de forma significativa a súas subvencións para axuda no fogar, tanto a prestación básica como a dependentes, para manter o importe concedido dende o ano 2008. Ademais, solicitaralle que a partida de 2012 non sufra unha nova redución que afecte ao mantemento dos programas, así como ao persoal adscrito aos servizos sociais comunitarios. Unhas peticións que tamén se lle farán chegar ao presidente da Xunta e da FEGAMP.

A proposta contou co apoio do Partido Galeguista, cuxo voceiro Siverio Mirás sinalou: “apoio totalmente o aprobado pola Mancomunidade. Non se pode estar a apretar o cinto aos máis débiles”. Pola súa banda, o voceiro do PSOE, Antonio Leira, asegurou que con estes recurtes “a Xunta está a hipotecar aos Concellos e ás familias” e lembrou que “en Oroso hai 24 persoas no servizo de Axuda a Domicilio, 15 baixo o sistema de dependencia e 9 baixo o de libre concorrencia. Dende 2008 non hai casos de nova concorrencia porque a Xunta prioriza a opción da dependencia e iso obriga a que os servizos sociais sexan cada vez máis sanitarios”.

Finalmente, o voceiro do PP, José Manuel Balado, xustificou a abstención do PP culpando dos desequilibrios en materia de servizos sociais aos incumprimentos do Goberno Zapatero: “se alguén se compromete a invertir e logo non o fai, estache enganando. O Goberno débelle 805 millóns á Xunta, que ten que suspender algunhas actividades. Non nos poden responsabilizar a nós porque de onde non hai non se pode sacar”.

Unhas afirmacións que foron cualificadas de “demagóxicas” por parte do alcalde orosán. Manuel Mirás aseguroulle a Balado que “a súa preocupación é defender á Xunta, non a Oroso nin aos desfavorecidos” e lembrou que o PP “leva dous anos gobernando e hai que saber xestionar e investir nas necesidades de Galicia, non deixar aos máis desfavorecidos ao pairo, que é o que se está facendo. Espero realmente que rectifiquen, porque a Xunta vai deixar desamparadas a máis de sesenta familias de tres concellos”.

Santiago – axenda municipal venres 4 outubro

AXENDA MUNICIPAL

Venres 4

11.00 h

Na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), presentación da XII edición do Premio Manuel Beiras. Asisten: Ángel Currás, concelleiro de Cultura, e Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago.

11.30 h.

Na Alameda, inauguración da exposición “ATALANTAR: da cultura rural ao desenvolvemento sostible” a cargo do concelleiro de Educación, Ángel Currás, e Joaquim Corbera, da Editorial Lunwerg. Participarán escolares do CEIP López Ferreiro, IES Rosalía de Castro e do centro de estudos FESAN.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para presentar a XXV edición de Cineuropa, que se celebra do 9 de novembro ao 2 de decembro. Na rolda estará tamén o director do festival, José Luis Losa.

13.00 h

No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, clausura a I Feira Internacional de Emprego.

16.30 h

Na Escola Municipal de Música de Santiago (rúa Betanzos, 55. A Almáciga), III Xornadas Galegas do Ensino Musical, convocadas pola Asociación do Profesorado de Música de Secundaria de Galicia, ASOMÚSICA, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

19.00 h

No Museo do Pobo Galego, o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, inaugura a exposición 'Praga, cidade da música' do fotógrafo Jiri Vsetecka, dentro do festival 'Soños de Chequia'.

20.30 h

Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presenta os libros “Historia do Concello de Enfesta”, “San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá de Lavacolla” e “Santa Cristina de Fecha”, a iniciativa da asociación de veciños Ruta Jacobea.

21.00 h

No Teatro Principal, concerto do Zuzana Lapcíková Quinteto baixo o título 'A fusión do jazz e a música popular morava' dentro do festival 'Soños de Chequia'.

23.00 h

No Club Dado Dada, Jam Session con Felipe Villar Trío (anfitrións) e membros do Zuzana Lapcíková Quinteto dentro do festival 'Soños de Chequia'.

Teo – guia multimedia sobre o San Martiño

O CONCELLO EDITA UNHA GUÍA MULTIMEDIA SOBRE A FEIRA DO SAN MARTIÑO PARA TRABALLAR NOS COLEXIOS DE TEO

· A edil de Educación, María Álvarez Garea, presentou esta novedosa iniciativa, co alumnado da escola unitaria de Recesende

· Esta iniciativa enmárcase dentro das medidas para promover a feira do San Martiño dende a institución local

03 de novembro de 2011. A concelleira de Educación do Concello de Teo, María Álvarez Garea, presentou esta mañá na escola unitaria de Recesende a primeira guía multimedia para traballar nos colexios, chamada EducateoI. Trátase dunha guía didáctica e un cd-Rom sobre a feira do San Martiño que servirá para traballar co alumnado dos tres ciclos de primaria. O Concello de Teo edita 150 exemplares desta guía que se distribuirán entre os CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa e as escolas do CRA que teñan unidades con nenos/as de primaria. TEO - GUIA MULTIMEDIA SAN MARTIÑO

A concelleira de Educación explica que esta iniciativa “xurde dentro das medidas que se están adoptando dende o Concello para promover a feira do San Martiño”. A unidade didáctica e o material multimedia foron elaborados e coordinados pola edil de Educación, que contou coa colaboración de mestres do CEIP da Ramallosa, do arquiveiro municipal para a labor de documentación histórica e de Carme Hermida, concelleira de Cultura para a supervisión lingüística.

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, que acompañou á concelleira na escola de Recesende, destacou que “nestes momentos cómpre imaxinación para con poucos recursos artellar iniciativas con forte impacto, contando ademais coa colaboración desinteresada da comunidade educativa”.

Álvarez Garea destaca ademais que se quere “iniciar unha nova andaina coa publicación de materiais específicos para o aproveitamento didáctico do contorno”. Esto suporá que o San Martiño é o primeiro elemento patrimonial que dispón desta guía pero non será o último. Trátase de fomentar “unha acción educativa concibida como coñecemento e transformación dinámica das tradicións populares, recollendo a súa historia, reconstruíndo as súas vivencias e revitalizando a súa celebración”.

O material que se está entregando xa nos centros escolares teenses componse dunha guía didáctica na que se explican os obxectivos desta iniciativa, os contidos de cada un dos ciclos ós que vai dirixido o cd-rom, as actividades da guía multimedia, ademais de incluír datos sobre a celebración do San Martiño ou a súa contorna.

Pola súa banda, o cd-rom é o máis novidoso, e a peza de máis interese para o alumnado. A través dun sofware libre o alumnado de primaria usará os ordenadores para achegarse a un dos elementos culturais máis tradicionais do seu Concello, a feira do San Martiño. As actividades de cada curso adáptase a cada idade indo dende a iniciación no uso básico do ordenador ata o uso das tecnoloxías da información para informarse sobre aspectos da súa contorna. En cada ciclo o/a neno/a pode achegarse ó Concello, á feira do San Martiño ou ó contorno.

As actividades coas que traballará o alumnado tamén varían de dificultade segundo o ciclo e van dende ordenar frases, facer quebracabezas, emparellar imaxes, arrastar imaxes e textos, facer sopas de letras, respostar preguntas sobre o municipio, buscar a palabra escondida... E todo isto sobre a feira do San Martiño que se celebra todos os 11 de novembro, na carballeira de Francos e a un só clic de rato.

Dende a concellería de Educación búscase con este material fomentar a concienciación da comunidade educativa da riqueza que supón posuír unha cultura do noso, coñecer, valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego, lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, ademais de coñecer e pór en valor a feira do San Martiño como unha das principais tradicións do noso Concello.

O Concello de Teo traballa na difusión desta feira. No pleno do mes de setembro aprobouse por unanimidade solicitar que a Xunta de Galicia declare esta festa como festa de interese turístico galego.

Ames – alfabetización dixital

A aula CeMIT do Concello de Ames organiza un curso de alfabetización dixital entre o 15 de novembro e o 22 de decembro

A aula volveu abrir as súas portas despois dun ano no que non se prestou este servizo en Bertamiráns

Ames 3 de novembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames organiza un curso de alfabetización dixital que se desenvolverá entre o 15 de novembro e o 22 de decembro. Esta aula de informática, que depende da Xunta de Galicia, ofrece obradoiros que están dirixidos a veciñanza amiense. A aula CeMIT abriu as súas portas o 2 de novembro despois de que deixara de funcionar durante un período aproximado dun ano. Antes de volver abrir o Concello de Ames desenvolveu un proceso selectivo para a contratación dun axente de tecnoloxías da información e comunicación (Axente TIC). A través deste servizo preténdese que todos os amienses coñezan as nocións básicas da informática e das novas tecnoloxías.

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ames, e a través da aula de informática da Casa da Cultura de Bertamiráns volve a organizar obradoiros e actividades para que todos os veciños e veciñas amienses poidan manexar as novas tecnoloxías e a informática. AMES - CEMIT BERTAMIRÁNS

Así, durante o mes de novembro e decembro desenvolverase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á informática e internet”, co que se pretende acercar a toda a poboación interesada ás destrezas básicas no uso dun equipo informática. Este obradoiro realizarase entre o 15 de novembro e o 22 de decembro, en horario de tarde, de 19:00 h a 20:30 horas. As clases impartiranse os martes e xoves na Aula CeMIT de Bertamiráns, agás os días 6 e o 8 de decembro por ser festivos. Ofértanse un total de 13 prazas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como

obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a

cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 14 de novembro. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre esta actividade poden dirixirse ao Aula CeMIT

de Ames sito Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), a través da páxina web http://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981884085, ou enviar un correo electrónico

ao enderezo cemit.ames@xunta.es

A Aula de Informática de Bertamiráns tamén ofrece o servizo de Aula Aberta, en horario partido, pola mañá de 9:30 h a 11:30 h e pola tarde de 16:30 h a 20:30 horas.

Esta iniciativa consiste en deixar a aula de informática libre para todas aquelas persoas que queiran usar os computadores, tanto para buscar información como para

calquera outra utilidade, sempre cunha persoa encargada, tanto para resolver as dúbidas que puideran ter o/as usuarios/as como para solucionar as incidencias que

poidan xurdir.

Ordes – inspección técnica de vehiculos en Mesón do Vento

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores, motos e quads estará o vindeiro día 23 en Mesón do Vento

Asignarase a cita directamente na unidade móbil á súa chegada a Mesón

Ordes, 3 de novembro de 2011: A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores, motos e quads prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento o vindeiro 23 de novembro.

Inspeccionaranse ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade e motos e quads de máis de catro anos de antigüidade.

A data na que a unidade móbil estará no Mesón do Vento será o 23 de novembro en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:30 a 18 horas.

Asignarase a cita de atención ao público directamente na unidade móbil dende a súa chegada a Mesón.

Santiago – III xornadas galegas de ensino musical

image

Tordoia – mes da corresponsabilidade

TORDOIA INICIA O PRIMEIRO MES DA CORRESPONSABILIDADE CON OBRADOIROS INFANTÍS DIRIXIDOS A FOMENTAR A IGUALDADE

A iniciativa desenvolverase ata o 25 de novembro cun total de sete obradoiros co obxectivo de traballar a corresponsabilidade nos nenos

O programa encádrase no marco do Plan de Igualdade de Mulleres e Homes que o Concello de Tordoia puxo en marcha o ano pasado

3 de novembro de 2011.- Co obxectivo de sensibilizar tanto a pais e nais como ao profesorado e corrixir estereotipos sexistas, o Concello de Tordoia ven de iniciar o I Mes da Corresponsabilidade, centrado na poboación en idade escolar. Durante este mes de novembro, o CIP Pecalama acollerá un total de sete obradoiros diferentes coa finalidade de traballar o incremento da corresponsabilidade no traballo doméstico e coidado dos nenos, no caso dos pais, ao tempo que se fomenta a igualdade dos sexos, no caso dos nenos. Este programa, que se extenderá ata o 25 de novembro, encádrase no marco do Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia posto en marcha o ano pasado.

A primeira das actividades, que se desenvolverá hoxe, será o obradoiro “Cambiemos os Contos”, dirixido aos 33 nenos e nenas de menor idade, e no que, a través da estimulación da imaxinación se lles ofrecerá a posibilidade de superar os roles tradicionalmente asumidos por nenos e nenas nos contos infantís clásicos a través de modelos de conduta baseados nos valores igualitarios. Nesta mesma dinámica tamén irán os obradoiros que se desenvolverán ao longo da vindeira semana: “O amo da casa”; “Vaia canción” ou “Qué cantamos”, estarán orientadas a traballar as dinámicas de igualdade en función da idade dos nenos e nenas.

A análise de anuncios de xoguetes, o estudo da linguaxe sexista en colaboración cos pais e nais e co profesorado, a análise dos comportamentos no fogar, ... serán algúns dos piares nos que se apoiarán as actividades que desenvolverá o Concello de Tordoia a través deste completo programa, que conta co apoio da Deputación da Coruña. “Continuamos a traballar na posta en positivo do rol da muller e neste ano centrámonos nas novas xeracións, que teñen a oportunidade de formarse nunha serie de valores de igualdade e de corresponsabilidade que contribuirán a ir derrubando os vellos prexuizos que xiran arredor da muller”, explicou o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro.

Silleda – intervencións da policia local polo temporal

Protección Civil e Policía Local de Silleda realizaron esta mañá varias intervencións por mor do temporal

Silleda, 2 de novembro de 2011. Os efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Silleda, realizaron esta mañá varias saídas a distintos puntos do municipio para participar en intervencións relacionadas co temporal que atravesa na xornada de hoxe a Comunidade galega.

En A Bandeira retiraron unha árbore que caeu preto dunha vivenda e outra no lugar de A Casela (Lamela). Tamén foi preciso realizar intervencións na rúa da Estación de Silleda, onde o forte vento derribou unha valla metálica dunha obra. Ao longo da mañá rexistraronse outras incidencias polo mal tempo, como a retirada de contenedores que foran arrastrados polo vento. Ademais, axentes da Policía Local de Silleda participaron na regulación do tráfico na rúa Trasdeza, onde se rexistraron retencións polas tarefas de retirada das planchas dunha fachada.

O incidente rexistrouse no edificio da citada rúa que fai esquina coa rúa Venezuela, onde foi precisa a intervención dos efectivos do Parque Intercomarcal de Bombeiros de Deza Tabeirós-Montes, que retiraron as placas que ameazaban con desplomarse á beirarúa.

Os efectivos do Grumir seguen atentos ás incidencias nesta xornada, donde se declarou a alerta naranxa en toda a provincia por choiva e fortes refachos de vento.

Fundación Araguaney – valoración festival AMAL 2011

Xurdiu o amor no Festival Amal

- Dous membros do xurado anuncian a súa voda en Amal e casan ao día seguinte da Gala de Clausura

- Máis de 5.000 persoas asistiron ao Festival Amal.

Santiago de Compostela, Mércores 2 de Novembro de 2011.

VODA EN AMAL

Se o Festival Amal caracterízase por ese achegamento das culturas árabe e europea, nesta edición tamén destaca por unir corazóns. Michael Desante, actor, produtor e escritor palestino e Yasmine Ao Massri, actriz franco-palestina, nacida en Beirut, casáronse en Madrid, o día despois da gala de clausura de Amal, onde participaron como membros do xurado desta edición. O embaixador de Palestina en España, Musa Amer Odeh, que tamén estivo estes días en Santiago de Compostela como convidado o Festival Amal, foi o encargado de oficiar a cerimonia en Madrid.

Yasmine Ao Massri é a actriz protagonista da película Miral, dirixida por Julian Schnabel. Tamén fai o papel de Nisrine na película libanesa Caramel dirixida por Nadine Labaki, recoñecida pola crítica no Festival de Cannes de 2007.

Michael Desante deuse a coñecer ao gran público grazas á súa interpretación na galardoada longametraxe “En Terra Hostil”, da directora americana Kathryn Bigelow, que obtivo varios premios entre os cales 6 Oscars da Academia de Cinema Americano. Na actualidade está a producir a súa segunda longametraxe, unha adaptación das novelas de suspense británicas de Matt Rees.

VALORACIÓN DA ORGANIZACIÓN

Clausurada, un ano máis, a IX edición do Festival Internacional de Cinema Euroárabe Amal, a organización quere agradecer a todo o mundo a súa participación en tan importante certame.

Desde o sábado 22 de Outubro, data en que comezaron as actividades (cos talleres de danza e cociña árabes) e até o sábado 29, data na que se clausurou Amal cunha gala no Teatro Principal onde se entregaron os premios a directores e actores, pasaron miles de persoas por Amal. Cinema, música, danza, caligrafía, cociña… todas estas artes uníronse para ofrecer ao público unha semana cargada de cultura.

Todo empezaba a mañá do sábado 22 coa organización dos talleres de danza e cociña. Continuaba o domingo 23 co concerto de Le Trio Joubran no Teatro Principal. O luns comezaban as proxeccións das cintas, que se prolongaban até o venres con sesións pola mañá, tarde e noite. Ademais, o Restaurante Caney acolleu a uns 1.500 comensais que non se quixeron perder as xornadas de cociña árabe.

Entre as proxeccións, as actividades paralelas, o concerto de apertura e a gala de clausura, foron unhas 5.000 persoas as que participaron en Amal. Sen todas elas non sería posible que este Festival levase a cabo. Grazas.

Mancomunidade de Ordes – peche do servizo de axuda no fogar

O RECORTE DA XUNTA DO 89% NO PLAN CONCERTADO PROVOCARÁ O PECHE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR QUE PRESTA A MANCOMUNIDADE DE ORDES

O pleno da Mancomunidade solicítalle á Consellería de Traballo e Benestar que incremente a subvención de acordo co recibido nos últimos anos

No caso de que a Xunta non atenda as peticións da Mancomunidade, o servizo deixará de prestarse con data 1 de xaneiro de 2012

2 de novembro de 2011.- “Se a Xunta de Galicia non incrementa a súa parte na cofinanciación dos servizos sociais, cuxa subvención diminuíu nun 89% este ano, o vindeiro 1 de xaneiro a Mancomunidade de Ordes verase obrigada a deixar de prestar o servizo de Axuda no Fogar (prestación básica)”. Así de contundente se amosou esta mañá o presidente da Mancomunidade de Ordes, e alcalde de Ordes, Manuel Regos, durante a celebración dun pleno extraordinario e urxente da Mancomunidade para analizar os recurtes realizados nas axudas da Consellería de Traballo e Benestar para 2011.

Uns recortes que no exercicio de 2011 serán do 89% con respecto ás cantidades recibidas dende o ano 2008. Así, durante os últimos tres anos a Mancomunidade de Municipios de Ordes puido prestar o servizo de Axuda no Fogar grazas a unha subvención de 90.401,74 euros/anuais por parte da Xunta de Galicia e a unha aportación de 53.914,3 euros por parte dos propios concellos. Unha aportación que agora a Consellería de Traballo e Benestar recurtou ata tan só 9.757,05 euros, é dicir, seis veces menos que as propias aportacións que fan os sete concellos da comarca de Ordes.

Petición unánime

Por iso, a unanimidade caracterizou a sesión plenaria extraordinaria e urxente desta mañá en Ordes, na que participaron os alcaldes de Cerceda, Xosé García Liñares; Frades, Miguel Prado Patiño; Mesía, Mariano Iglesias Castro; Ordes, Manuel Regos; Oroso, Manuel Mirás Franqueira; e Trazo, Xosé Dafonte Varela. O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, excusou finalmente a súa presenza.

Todos eles aprobaron por unanimidade dirixirse inmediatamente á Consellería de Traballo e Benestar para, apelando á cooperación interadministrativa, tratar de resolver a difícil situación na que se deixa este recurte do 89% das aportacións da Xunta. Así, os alcaldes da comarca de Ordes solicitan un incremento significativo da financiación dos servizos e que non se produza unha nova reducción no ano 2012. Unha petición que trasladarán tamén ao presidente da Xunta de Galicia e ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

No caso de que a Consellería de Traballo e Benestar non atenda as xustas peticións da Mancomunidade de Ordes e dos Concellos que a integran, diante do desequilibrio orzamentario ocasionado pola decisión da Xunta, a Mancomunidade de Ordes non podería prestar o servizo de Axuda no Fogar nas condicións actuais. Os alcaldes da Mancomunidade de Ordes lamentan que os recurtes da Xunta deixen ás persoas beneficiarias actualmente deste servizo nunha situación de total vulnerabilidade, xusto nuns tempos nos que se fai máis precisa unha protección social.

De feito, aseguran que, como o anuncio da concesión se levou a cabo tan tardíamente, xerou uns gastos á Mancomunidade que serán imposibles de financiar polos concellos, xa que os seus orzamentos respectivos están practicamente executados na súa totalidade. Por iso, os alcaldes que integran a Mancomunidade de Ordes consideran que esta non é a mellor maneira de fomentar o asociacionismo municipal, tal e como pretenden impulsar dende o Goberno da Xunta de Galicia, xa que se está perxudicando a unha mancomunidade que é a que presta un maior número de servizos en materia de asistencia social básica de entre todas as existentes na actualidade.

Finalmente, lembran que de acordo coa lexislación vixente (tanto no recollido no Estatuto de Autonomía como na Lei 7/1985 reguladora das bases de Réxime Local, entre outras) os concellos non están obrigados a prestar estes servizos, senón que son competencia autonómica, aínda que moitos municipios achegan fondos municipais para poder prestar servizos ás persoas máis necesitadas. Unhas aportacións que se recoñecen como “servizos impropios” municipais.

Servizo de axuda no fogar

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes presta actualmente o servizo de axuda a domicilio a través dunha empresa concesionaria. Un servizo que atende a 64 familias dos municipios de Ordes, Oroso e Frades e que pretende facilitar a permanencia dese veciño/a no seu propio entorno de convivencia mentras iso sexa posible e convinte.

Uns servizos que inclúen atencións de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales coma asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, contro do réxime alimentario e axuda para alimentarse (se fose preciso), supervisión das rutinas de administración dos medicamentos prescritos polos médicos, apoios para cambios posturais...

Santiago – Compostela Fashion Night

Setenta e tres tendas participan na primeira Compostela Fashion Night

02/11/2011 A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou no Hostal dos Reis Católicos a primeira Compostela Fashion Night, actividade incluida no programa da Galicia Fashion Week.

A concelleira estivo acompañada do director da Galicia Fashion Week, Jose Matteos, e os representantes das tres asociacións comerciais da cidade, José Antonio López, vicepresidente de Acotés, José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental, e José María Fernández, presidente de Santiago Centro.
A primeira Compostela Fashion Night celebrarase o venres 4 de novembro, entre as 20.30 e as 24.00 horas. Setenta e tres tendas da cidade abrirán as súas portas ao público neste horario pouco habitual, nunha xornada de compras nocturnas, na que cada establecemento decidiu unha promoción ou actividade específica, que van dende descontos ata degustacións, co obxecto de presentar os seus productos e incentivar as vendas.
A Compostela Fashion Night, patrocinada pola Concellería de Comercion e coa colaboración de Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro, é o xeito de unir a moda galega e o comercio compostelán a través da plataforma de promoción que é a Galicia Fashion Week. Trátase ademais dunha acción que ten coma un obxectivo concreto dinamizar o comercio da cidade, permitindo que teña maior coñecemento entre os propios composteláns e galegos e incentivar as ventas.
A Galicia Fashion Week, que se celebra no Hostal dos Reis Católicos entre o 1 e o 7 de novembro, cun amplo abano de desfiles e exposicións. Pese a súa xuventude, o evento tense consolidado como a plataforma para a presentación das últimas tendencias de autor dos sectores da moda e dos complementos de Galicia. Nesta edición participan 35 deseñadores galegos.
A información coas tendas participantes e a súas accións concretas pode consultarse en:
www.fashionnightsantiagodecompostela.com

Ames – nova seda para a escola de música municipal

A Escola Municipal de Música de Ames estrea sede permanente no edificio de usos múltiples de Aldea Nova

A EMMA, que estaba sen rexistrar, rexistrarase para facilitar así a posibilidade de que reciba subvencións doutras institucións distintas ao Concello

Os pais e nais dos alumnos da EMMA levaban máis de seis anos pedindo ter unha sede fixa e acondicionada para impartir clases de música

A semana pasada remataron as obras de acondicionamento de aulas e hoxe comezan as clases de música no edificio de usos múltiples de Aldea Nova

Ames, 2 de outubro de 2011. O actual goberno local de Ames dotou á Escola Municipal de Música dunha sede fixa e está tramitando o seu rexistro. A EMMA estaba sen rexistrar e non contaba cun local propio polo que ata o de agora non optaba a ningunha subvención doutra institución distinta ao Concello, algo que cambiará coa nova situación da Escola. Dende a Concellería de Cultura fixéronse as xestións necesarias para que a EMMA non dependa de locais alugados que ademais non estaban acondicionados de xeito óptimo para desenvolver esta actividade. AMES - SEDE ESCOLA MUSICA

A ubicación definitiva que elixiron dende o goberno de Santiago Amor é o edificio de usos múltiples de Aldea Nova, que “se escolleu despois de barallar varias propostas, co aval técnico e a recomendación dos profesores e da nova dirección da Escola así coma da gran maioría dos pais e nais que estaban agardando por unha sede definitiva dende hai anos” afirmou o concelleiro de Cultura Alfonso Rey, quen tamén dixo que con esta xestión “os costes de mantemento das instalacións proporcionarán agora un beneficio posto que estas instalacións serán empregadas a diario polo alumnado da Escola Municipal de Música”.

Catro aulas foron acondicionadas previamente ao inicio das clases

O Edificio de usos múltiples de Aldea Nova foi acondicionado para as clases que ata o de agora se estiveron impartindo no IES de Bertamiráns. As principais actuacións que se levaron a cabo nas aulas foi a insonorización do teito e a cobertura das paredes con paneis acústicos. O Concello ademais dotou ás catro aulas que se empregarán para dar clases de diverso material musical que o anterior goberno tiña abandonado nun almacén nos baixos do local do departamento de Educación. Segundo o concelleiro de Cultura, Alfonso Rey, había dous pianos, unha batería, un amplificador, cables para micro, soportes de micros, pes de mesa, cascos e incluso unha mesa de son que estaban sen utilizar, e agora se poñen a disposición da EMMA.

As instalacións que albergarán a Escola Municipal de Música atópanse na urbanización de Aldea Nova, a pouca distancia do núcleo de Bertamiráns e a tan só seis quilómetros do Milladoiro. O edificio de usos múltiples de Aldea Nova estaba ata o de agora “infrautilizado” segundo Alfonso Rey, e é unha “boa opción para reubicar actividades polas que se estaba pagando alugueiros como é o caso da EMMA”.

As clases na Emma comezan esta tarde para arredor de 140 rapaces e rapazas que empregarán as instalacións de Aldea Nova. Os luns a partir das seis e media impártense na sede da EMMA en Aldea Nova clases de piano e pintura, os mércores ás catro da tarde hai clases de saxofón, percusión e canto; e ás catro e media impártese música en movemento. O xoves ás catro e media hai clases de violín, guitarra, linguaxe musical, e piano. E os venres impartirase ás catro da tarde piano, e a partir das catro e media música en movemento.

Oroso – pleno municipal actualización de tasas

O PLENO DO CONCELLO DE OROSO APROBARÁ HOXE XOVES UNHA ACTUALIZACIÓN DAS TAXAS DE SUMIDOIROS E AUGA POTABLE DE ACORDO CO IPC

O pleno tamén debaterá unha proposta da Alcaldía para solicitar a revisión das subvencións da Xunta aos servizos de Axuda no Fogar

2 de novembro de 2011.- O Concello de Oroso celebrará mañá xoves 3 de novembro, ás 12:00 horas, unha sesión extraordinaria na que se proporán unhas actualizacións das taxas de sumidoiros e de abastecemento de auga potable de acordo co IPC interanual e na que se tomará un posicionamento sobre a diminución das subvencións do Plan Concertado para servizos sociais concedido pola Xunta de Galicia.

O pleno municipal aprobará unhas modificacións das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polos servizos de sumidoiros e abastecemento de auga potable, que se actualizarán nun 3,1% de acordo co IPC interanual publicado polo INE a data 31 de outubro. Unhas modificacións que se realizan co fin de manter o equilibrio económico-financeiro do servizo.

Deste xeito, as tarifas polo servizo de abastecemento de auga para aboados domésticos quedarán fixadas en 0,362587974 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3/mes) e de 0,457005326 €/m3 (para consumos superiores). No caso dos aboados industriais, as tarifas serán de 0,362587974 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3/mes) e de 0,533172879 €/mes (para consumos superiores). Unhas tarifas que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2012.

No caso da taxa polo servizo de sumidoiros e depuración, os aboados só ao servizo de saneamento deberán aboar unha cota trimestral de 9,50510247 €/m3. No caso da limpeza de fosas sépticas, a taxa será de 38,0204098 € por limpeza. Finalmente, no caso dos aboados domésticos ao servizo de auga, as tarifas serán de 0,31658328 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3) e de 0,39896083 €/m3 (para consumos superiores). Finalmente, no caso dos aboados industriais ao servizo de auga, as tarifas serán de 0,31658328 €/m3 (para consumos de 0 a 10 m3) e de 0,46613024 €/m3 (para consumos superiores).

Servizos sociais

Por último, o pleno municipal debaterá unha proposta da Alcaldía para instar á Xunta de Galicia a que incremente as partidas destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais pola Mancomunidade de Municipios de Ordes en concepto de Axuda no Fogar (prestación básica) e Axuda no Fogar a Dependentes de acordo coas cantidades recibidas dende o ano 2008. Ademais, solicitarán que nos orzamentos de 2012 non se volva a experimentar unha nova reducción das subvencións aos servizos sociais.

O pleno desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

1- Ratificación da urxencia da convocatoria

2- Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros

3- Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo abastecemento de auga potable

4- Posicionamento do Concello de Oroso sobre a diminución da subvención do Plan Concertado para servizos sociais concedido pola Xunta de Galicia

Ames – mostra de teatro afeccionado

Este venres comeza a V Mostra de Teatro Afeccionado de Ames

Un ano máis, e xa van cinco, o Concello de Ames organiza unha mostra de teatro afeccionado. Este festival xa se está convertendo nunha referencia para todos os grupos de teatro afeccionado da comarca e de parte de Galicia e pouco a pouco vai espertando o interese de todas as persoas que gozan vendo este tipo de espectáculos. Esta mostra permite que todos os grupos que actúan sen ánimo de lucro poidan dispoñer dun escenario para representar as obras que preparan con tanto interese e esforzo. Ademais esta mostra sérvelle de promoción e axuda para darse a coñecer. Os auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán catro obras de teatro durante todo o mes de novembro.AMES - MOSTRA TEATRO 2011

A quinta edición da mostra de teatro afeccionado comeza este venres, 4 de novembro, e desenvolverase ao longo de todo o mes de novembro. Este ano, participarán catro grupos de teatro dos municipios de Ames, Vedra, Narón e Muros, que contarán cos auditorios das Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro para poder desenvolver as súas representacións. Deste xeito, a mostra de teatro afeccionado organizada pola Concellería de Cultura, Educación e Patrimonio bota a andar un ano máis demostrando así o compromiso do Concello co desenvolvemento de actividades culturais de marcado carácter participativo.

A través deste pequeno festival a Concellaría de Cultura pretende promocionar, dar a coñecer e darlles aos grupos de teatro afeccionado un escenario onde poidan expresarse e representar as súas pezas teatrais. Ao mesmo tempo achégase aos amienses espectáculos que están fóra dos circuítos comerciais pero que teñen un gran interese.
Os encargados de abrir a mostra serán os integrantes do grupo municipal de teatro de Vedra. A compañía Andaravía teatro que interpretará a peza teatral A cantante calva. A sinopse da obra di “Londres... son as nove. Un tren sae ás oito e cuarto e chega ás cinco. Mentres, unha cobra zóscalle a un raposo e o defunto Bobby Watson le o xornal despois de beber augardente e leite co vicario de Wakefield...” A cita teatral terá lugar este venres, 4 de novembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta obra está dirixida a todos os públicos e ten unha duración de 60 minutos.

Grupo municipal de teatro de Ames
Na segunda xornada da mostra de teatro afeccionado, que se celebrará o vindeiro 11 de novembro, os protagonistas serán os membros do grupo municipal de teatro de Ames. O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o venres 11 de novembro, ás 21:00 horas, a última montaxe do grupo municipal de teatro de Ames. O porvir está nos ovos é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro afeccionado, que naceu hai oito anos en forma dun obradoiro de interpretación.

Despois de representar a obra do italiano Goldoni, indagar no absurdo da man do alemán Karl Valentín, atreverse con "Nunca nada de ninguén" da autora portuguesa Luísa Costa Gomes, agora o grupo municipal de teatro representa O porvir está nos ovos, de Eugéne Ionesco. Esta peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O vestiario e a escenografía correu a cargo dos propios actores e o deseño de iluminación ten a firma de Ze Paredes quen xa preparou as tres últimas montaxes do grupo.

O venres 18 de novembro, ás 21:00 horas, será a quenda para o grupo Carrachanacacha procedente de Narón, que porá en escena a obra Comendo pementos de Padrón con Tarantino. Trátase dunha comedia surrealista chea de humor e de sátira na que os protagonistas desenvolven varias historias cos seus desexos e anhelos máis íntimos. Esta comedia narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ata a fama en todo o mundo. A representación terá lugar no auditorio da Casa de Cultura do Milladoiro a partir das 21:00 horas. Esta obra de teatro está recomendada para persoas maiores de 14 anos e ten unha duración de 85 minutos.

A V Mostra de teatro afeccionado pecharase o venres 25 de novembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa actuación da Escola de Teatro Municipal de Muros, que representará a peza Ceg@s. A sinopse desta obra di “en realidade era un día como outro calquera, rostros amargos, outros alegres, uns indiferentes, outros educados... O de sempre, a rutina de todos os días naquela praza da vila. Pero hoxe todo se parou, todo se transformou, a mirada daquela muller xa nunca lle esquecería a ninguén dos presentes. Desde aquel día xa non somos tan ceg@s”. Esta obra tamén se encadra dentro dos actos do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A peza está recomendada para persoas maiores de 13 anos e ten unha duración de 70 minutos.

Todos os espectáculos terán lugar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. A entrada é de balde para os catro espectáculos. Catro días cheos de citas teatrais para rir, divertirse e pasalo ben.

Santiago – presentación de libro sobre as parroquias

A Casa das Asociacións acolle a presentación de tres libros sobre as parroquias de Enfesta, Sabugueira e Fecha

A cita será o venres 4 de novembro ás 20.30 horas e contará coa presenza do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya.

A Casa das Asociacións de Cornes acollerá a presentación este venres de tres libros sobre outras tantas parroquias compostelás. O primeiro deles, “Historia do Concello de Enfesta”, céntrase na evolución desta zona, que se mantivo como municipio entre 1835 e 1962 e é obra de Henrique Neira Pereira e Juan Lema Negrillo.

Henrique Neira tamén asina outro dos volumes: “San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá de Lavacolla”. Finalmente, tamén se presenta “Santa Cristina de Fecha”, de Manuel Pontes García.

O acto celébrase a iniciativa da asociación de veciños “Ruta Jacobea” e todos os que asistan serán agasallados cun facsímil do antigo mapa municipal de Enfesta.

Santiago – axenda 3 de outubro 2011

Xoves 3

10.45 h

No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura e visita a I Feira Internacional de Emprego, xunto coa concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado del Río, e a directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, sobre Nadalxogo.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, e do director xeral de Xuventude da Xunta, Ovidio Rodeiro, para presentar o programa “Outono Fotográfico”.

19.00 h

No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Programa Pedalea que organizan conxuntamente co Club Ciclista Aquagest.

Silleda – recollida plásticos usados

Mañá comeza a recollida de plásticos agrícolas en varias parroquias de Silleda

-A segunda campaña de 2011 supón todo un éxito con preto de 80 solicitudes recibidas

Silleda, 1 de novembro de 2011. O programa de recollida e reciclaxe de plásticos segue a despertar o interese entre os gandeiros e agricultores do municipio de Silleda. Na segunda campaña de 2011, posta en marcha hai escasas semanas recibíronse preto de 80 avisos para recollida en distintas zonas do territorio municipal, superando as cifras da primeira quenda. O proceso para a retirada de plásticos agrícolas e de invernadoiro comeza mañá mércores día 2 e continuará os días 3, 4 7 e 8 deste mes nas parroquias de Vilar, Taboada, Siador, Cortegada, Oleiros, Laro, Parada e Refoxos.

O calendario de recollida estableceuse con percorridos por zonas en función dos avisos recibidos. Así, nunha segunda quenda, os días 9, 10 e 11 o transporte de recollida achegarase ata as parroquias de Escuadro, Rellas, Margaride, Fiestas, Graba e Xestoso para continuar co proceso.

Para facilitar as tarefas de recollida os gandeiros e agricultores que solicitan este servizo, sen custes para os usuarios, deben de dobrar e empacar os materiais da mellor forma. Ademais, os plásticos deben de ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica. Tamén deben de situarse nun lugar que facilite a operación de carga por parte do camión que efectúe a recollida.

O servizo ofertado dende a Concellería de Medio Rural, que dirixe Antonio Couso, púxose en marcha en Silleda no ano 2008 e dende aquela foron xa máis de 148 as toneladas recollidas que puideron ser recicladas grazas a esta iniciativa.

BNG A Estrada – implantación e-administración

O Alcalde utiliza unha cortina de fume para eludir a súa responsabilidade e a do PP na adxudicación e implantación da e-Administración
O BNG si se preocupou pola implantación da e-Administración ao longo destes cinco anos, cousa que non se pode dicir nin do PP nin do PSOE, quen non só presidía a Fundación, senón que tiña todas as competencias no eido das novas tecnoloxías no mandato 2007-2011

A Estrada, 1 de novembro de 2011: Logo das declaracións feitas por Xosé Magariños a respecto da administración electrónica, o Alcalde da Estrada, na vez de asumir responsabilidades verteu unha serie de acusacións, cal cortina de fume, ás que o portavoz municipal non quixo deixar de responder.
“En primeiro lugar,” empezou dicindo Magariños “cómpre lembrarlle dúas cuestións ao alcalde: que o BNG non entrou a formar parte do goberno municipal até outubro de 2007 e que dentro das áreas da súa competencia non se atopaban as novas tecnoloxías, como moi ben sabe o alcalde”.
“En segundo lugar,” engadiu o portavoz municipal do BNG, “a e-Administración foi adxudicada polo Partido Popular o 30 de novembro de 2006 (hai cinco anos) á empresa Coremain de Santiago de Compostela, cun custe de 129.000 euros, e cun prazo de execución máximo, segundo se desprendía dos pregos técnico e administrativo, de 8 meses”.
“En terceiro lugar”, explicou o concelleiro nacionalista “o noso representante na Fundación Cultural, Xosé Manuel Baños, preguntou en múltiples ocasións pola implantación da e-Administración, mesmo con declaracións públicas aos medios, cousa da que o Alcalde debería saber, porque non só figura nas actas da Fundación da que o Sr. López Campos tamén formaba parte representando ao Partido Popular.” “E por certo,” matizou Xosé Magariños, “en todo ese período ao agora alcalde non lle interesou o máis mínimo nin a e-Administración nin a situación do portal municipal, que custou 247.000 euros e que foi substituído en 2010”.
“E en cuarto lugar,” engadiu o portavoz do BNG, “en relación á suposta fractura interna, xa lle dixen no último pleno que eu respaldo o traballo feito polos meus compañeiros no anterior mandato.” E engadiu “eu non fago como Vostede que espalla unha cortina de fume para tapar a súa incompetencia e a súa responsabilidade a respecto da e-Administración, que, repito, foi adxudicada polo PP en novembro de 2006 e ao PP lle correspondía poñela en marcha, xa que tiña un prazo de execución de 8 meses.”
“Por outra banda,” matizou o concelleiro nacionalista, “como ben sabe, xa que así figura nas actas da Fundación, o BNG si se preocupou pola implantación da e-Administración ao longo destes cinco anos, cousa que non se pode dicir nin do PP nin do PSOE, quen non só presidía a Fundación, senón que tiña todas as competencias no eido das novas tecnoloxías no mandato 2007-2011.”
“En todo caso, declarou Magariños, pídolle un pouco de seriedade e responsabilidade ao Alcalde, que preside agora a Fundación Cultural, que foi quen realizou as contratacións, e conta con persoal propio encargado do seguimento destas, e a quen se lle deben pedir tamén responsabilidades. Non se pode gastar un euro máis até saber porqué non está en funcionamento a e-administración no noso concello contratado e pagado en 2006."

Galería Caroni – inauguración de “Miradas· de Rudy Daini


A Galería Caroní inaugura “Miradas”, exposición do pintor venezolano Rudy Daini
DATA: Xoves 3 de Novembro de 2011
HORA: 20,00 horas
LUGAR: Galería Caroní da Fundación Araguaney, Rúa do Vilar 21. Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, Luns 31 de Outubro de 2011. Unha exposición cuxos protagonistas son os ollos, inaugúrase este xoves día 3 de Novembro na Galería Caroní da Fundación Araguaney. “Miradas” é unha recompilación de 20 obras de gran colorido onde o eixo central sobre o que viran é o ollo humano. E é que o tema recorrente das obras de Daini son os ollos. “Ollos que observan, que reaccionan, que nos contan historias e inquiétannos. Miradas que fan parte de personaxes imaxinarios e simples, capaces de pornos en contacto cos nosos propios recordos e vivencias. Ollos con vida propia que reflicten existencias alleas capaces de inquietar a nosa”. GALERIA CARONI - MIRADAS DE RUDY DAINI
SOBRE RUDY DAINI
De orixe italiana, naceu en Caracas, Venezuela, o 21 de Xuño de 1951.
O seu pai, o escultor Hugo Daini, realizador de importantes obras monumentais e pequeno formato, sempre tivo o seu atelier e fundición artística adxacente á vivenda. Este feito, ao dicir do artista, permite que el e dúas irmás poidan vivir e desenvolverse no mundo da arte desde moi temperá idade. No seu caso, o pai ensínalle a debuxar, a modelar o barro e o traballo da fundición en bronce.
Un amigo e veciño do pai, o pintor español Lucio Rivas, encárgase de introducilo no oficio da pintura.
En 1969 participa na súa primeira exposición colectiva de esculturas en bronce de pequeno formato. En 1972, faio nunha mostra colectiva de pinturas.
En 1970 ten a ocasión de incursionar no mundo da escenografía no Caracas Theater Club de Caracas. En 1971 inicia os seus estudos de Arquitectura e en 1974 pasa a estudar a carreira de psicoloxía. En 1975 realiza algúns traballos en ourivaría e publica o seu primeiro libro de caricaturas “Onde estás ti”.
En 1976 morre o seu pai e faise cargo da fundición artística. A súa segunda publicación “Rejas” chega en 1981, cando deixa de traballar para o Ministerio de Xustiza de Venezuela na área penal. O terceiro libro, “O corazón roto”, aparece en 1987.
En 1990 encárganlle a restauración das esculturas e fontes do Paseo dos Próceres realizadas polo pai en 1957. En 1996 elabora por encargo o busto en bronce de Giuseppe Garibaldi. En 1995 e 1999 participa no Ankara International Cartoon Festival, Turquía. Nesta última data, colabora como caricaturista para a revista da empresa TOTAL.
En New York, 1998, ten a súa primeira mostra colectiva de pinturas. Séguenlle a de 2001, 2002, 2003 en Caracas, Venezuela, e no 2008 na Coruña, España.
En España, país de residencia actual, dúas exposicións individuais, unha no 2006 e a outra no 2008, xunto ao nacemento do seu fillo Fabio no 2009, márcanlle o inicio dunha nova etapa creativa.
Participa en diferentes feiras de arte internacionais nos Estados Unidos de América e en Europa ao longo dos anos 1999, 2000 e 2001. Nalgunhas destas feiras, á cabeza do “Grupo Venezuela”, proponse facilitarlle a un grupo de artistas venezolanos a súa promoción no mercado de arte estranxeira.
Entre os anos 2003 e 2006 realiza unha serie de vídeos institucionais e de corte cultural. Destes últimos, figura: “Frida Kahlo - Una visión - 55 artistas”.
Na actualidade traballa en Santiago de Compostela, España.

Silleda – obras, exposición e cea magosto

As obras de mellora e humanización na rúa Cartaxena darán comezo o vindeiro mércores día 2

-O tramo quedará pechado ao tráfico dende esta data e ata o remate dos traballos

Silleda, 31 de outubro de 2011. O vindeiro mércores día 2 de novembro quedará pechada ao tráfico a rúa Cartaxena de Silleda, por mor das obras de mellora e humanización neste tramo. Así se informa nos bandos que foron colocados hoxe comunicando o inicio dos traballos. Esta obra enmárcase na segunda fase do proxecto, adxudicado á empresa Transportes e Maquinaria CP, en no que se investirán 180.000 euros, contando cunha subvención da Consellería de Economía e Industria.

A obra da rúa Cartaxena é a actuación máis ambiciosa do proxecto, que inclue tamén melloras nas rúas Alfonso Trabazo, Braña do Medio e Morón, e na rúa do Parque na Bandeira. Estas últimas xa foron reasfaltadas nunha primeira fase dos traballos.

Semipeatonilización

Cos traballos na céntrica rúa de Cartaxena, este tramo verá cambiada a súa estética. Logo de exponer a veciños, comerciantes e hostaleiros as tres propostas posibles foi elixida nunha votación a opción intermedia, deixando o carril de circulación en hormigón impreso e ampliando as beirarrúas, sen zona de estacionamento. As obras tamén incluirán a reubicación de puntos de luz, rede de sumidoiros e distinto mobiliario urbano. Na nova fase dos traballos, para a que o goberno apela á comprensión veciñal ante as posibles molestias do corte da rúa, figura tamén o pintado e sinalización no resto das rúas.

 

A Casa da Cultura de Silleda acolle unha exposición de pintura do artista local Francisco Alén Pena

-A mostra, cunha ollada retrospectiva á súa obra, inaugurase o mércores día 2 ás 21.00 horas, e estará aberta ata o vindeiro día 25 de novembro

Silleda, 31 de outubro de 2011. O artista silledense Francisco Alén Pena será o protagonista da exposición que acollerá a Casa da Cultura de Silleda a partir do mércores día 2. A mostra é unha mirada retrospectiva dunha obra que se inspira e basea en elementos naturais, cos que dialoga o autor.

A pintura figurativa de Alén Pena, tamén coñecido co alcume de Picho, convida tamén á reflexión a través dos interrogantes que gardan algunha das súas creacións, froito de profundos estudos e análises de diferentes momentos da vida. A inauguración da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 25 de novembro, terá lugar pasado mañá mércores día 2 ás 21.00 horas. Esta mostra enmárcase no programa de exposicións para a promoción dos artistas silledenses que se está a levar a cabo dende a Concellería de Cultura, que dirixe Matías Rodríguez da Torre.

Alén Pena, que cursou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, imparte cursos de debuxo e pintura en diferentes localidades da comarca de Deza. Entre as exposicións que ten realizado destacan o Certame de artistas noveis en Caixa Aforros Municipal de Vigo; na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa (por dous anos consecutivos); Na I e II Mostra de Artes Plásticas do Concello de Silleda; Fundación Semana Verde de Galicia; no Café Bohemio de Ourense; Centro Cultural Vistalegre da Bandeira ou na sala de exposicións Paco Lare de Vila de Cruces.

 

A tradicional cea –baile de magosto para a Terceira Idade celebrarase en Silleda o vindeiro día 10 de novembro

-A cita será no restaurante Coteliño a partir das 19.30 horas

Silleda, 31 de outubro de 2011. O vindeiro xoves día 10 de novembro celebrarase no restaurante Coteliño de Silleda unha nova edición da tradicional cea baile de magosto para os maiores. A cita terá lugar a partir das 19.30 horas cun menú no que ademais das castañas asadas típicas desta época de outono, os asistentes poderán degustar merluza con ensalada, carne con guarnición, postre, viño, cafés e refrescos. O prezo por persoa é de 12 euros e os interesados poden anotarse ata o mércores día 9 chamando ao centro social de Silleda (nos número de 986 592037 ou 986 581694).

Ao remate da cena haberá actuación musical animando a sesión de baile ata a medianoite.

Por outra banda, o venres día 4 celebrase o magosto no centro social da Bandeira, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O prezo para participar na sesión, con degustación de castañas en música en directo é de 3 euros por persoa. Os interesados poden anotarse no propio centro ou chamando ao 986 58 00000.

Asociación xuvenil Muiños - intercambio

A asociación Xuvenil Muiños do Concello de Boqueixón ven e rematar a realización dun proxecto de intercambio dentro do Programa Xuventude en Acción. Baixo o título Cli-Mate Change este proxecto reuneu dende o 22 ó 29 de outubro a 30 mozos e mozas de Portugal, Grecia, Bulgaria, Hungría e España para debater e tratar o tema do cambio climático e do papel que os mozos e mozas europeos temos ante este reto. BOQUEIXON - ASOCIACION CULTURAL MUIÑOS INTERCAMBIO

Durante a semana realizáronse toda unha serie de actividades encamiñadas a concienciar e analizar a problemática do cambio climático, fixéronse obradoiros, video fórums, unha campaña de concienciación así como visitas a entidades como Meteogalicia ou a planta de SOGAMA.

Tamén foron recibidos polo Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio, que lles deu a benvida e lles desexou o mellor durante a estancia na nosa comunidade.

Tordoia – a deputación subvenciona o mobiliario do centro multiusos

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA SUBVENCIONARÁ CON 20.000 EUROS A ADQUISICIÓN DO MOBILIARIO PARA O CENTRO MULTIUSOS DO CONCELLO DE TORDOIA

O pleno da Deputación tamén aprobou a mellora da estrada DP 1914 entre Carballo e Portomouro

31 de outubro de 2011.- A Deputación da Coruña acordou na súa última sesión plenaria, celebrada o pasado venres, a aprobación dun orzamento destinado á dotación de equipamento para o Centro Multiusos do Concello de Tordoia. Cun presupuesto total de 37.000 euros, a Deputación Provincial asumirá o 54%, isto é, 20.000 euros mentres que o resto estará a cargo do Concello de Tordoia. O alcalde de Tordoia e deputado provincial, Antonio Pereiro, amosouse moi satisfeito ao coñecer a decisión da Deputación, “que nos permitirá ver moi pronto a posta en funcionamento deste centro deportivo posto que a disposición do mobiliario, xunto co remate das obras para mellorar os accesos ao recinto e que xa están moi avanzadas, farán posible que poidamos trasladar moitas das actividades deportivas e de lecer que ata o de agora se desenvolvían noutros puntos, centralizando este tipo de actividades no Centro Multiusos”, explicou o rexedor tordoiés, quen se amosaba moi agradecido pola contribución que a Deputación vai facer para esta obra.

A esta subvención únese, ademais, a posta en coñecemento doutra decisión do pleno da Deputación, esta vez relativa ás infraestruturas do municipio. Trátase do arranxo cunha mistura de vituminosa en quente da estrada DP 1914 que discorre por Carballo, Tordoia e Val do Dubra. Esta mellora encádrase no marco da cuarta fase do plan de vías provinciais no que se inclúen estes 29 quilómetros da DP 1914 Carballo-Portomouro con un investimento de 343.842,24 euros, no que se inclúe a execución da sinalización horizontal de beiravías e a liña do eixo do viario.

Pereiro Liñares explicou que ambas subvencións encándranse no seu programa de actuacións no Concello de Tordoia, orientado a mellorar as infraestruturas viarias e os servizos aos veciños.

Andaina pro saude mental – escola de pais

UNHA TRINTENA DE VECIÑOS E VECIÑAS DE OROSO PARTICIPAN NA PRIMEIRA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS E NAIS DA ASOCIACIÓN ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Reuniranse nas mañáns dos últimos sábados de cada mes no centro cultural de Sigüeiro

31 de outubro de 2011.- Unha trintena de veciños e veciñas de Oroso participaron esta fin de semana na primeira sesión da Escola de Pais e Nais posta en marcha pola asociación Andaina pro saúde mental en colaboración co Concello de Oroso. Unha sesión celebrada no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e que foi dirixida pola presidenta desta ONG, Omaira Tuirán Ruíz, e pola psicóloga Laura Vázquez.

Omaira Tuirán explica que o obxectivo desta Escola de Pais e Nais é converterse “en una red de apoyo de padres y de amigos que sirva para ayudarse a soportar el dolor y para saber que no estás solo, sino que formas parte de un grupo importante”. Neste sentido, esta inicaitiva funciona como unha terapia, no sentido más amplo do termo, para as familias de persoas que sufren dalgún trastorno de saúde mental.OROSO - ANDAINA PRO SAUDE MENTAL - escola de pais

Nestes sentido, o concelleiro de Familia, Antonio Leira, lembra que “a sáude mental non ningún problema, é unha cuestión social que se pode dar en calquera fogar e á que temos que dar resposta, tanto para esas persoas como para as súas familias, que así poden descargar libremente as tensións e resolver as dúbidas do día a día, o que ao final lles dará unha mellor calidade de vida”. Unha terapia grupal que se vai complementar tamén cunha atención personalizada todos os venres dende o Departamento de Servizos Sociais de Oroso, onde profesionais de Andaina Pro Saúde Mental atenderán casos e cuestión específicas de cada familia.

Andaina

Andaina pro saúde mental é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en 2010. Con sede social en Porto Avieira (Sigüeiro-Oroso), pretende colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias nas comarcas da área sanitaria de Compostela. Na actualidade contan con 70 socios, que aboan unha cota anual de 40 euros, e desenvolven as súas actividades no municipio de Dodro, onde levan traballando dende hai un ano.

Andaina escolleu Oroso como punto de entrada para a comarca de Ordes onde, segundo datos da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), un 13,78% da poboación, é dicir, 5.310 familias, sufre algún tipo de trastorno mental. Os veciños e veciñas que desexen contactar con Andaina ou obter máis información poden chamar ao 650 270 824 ou enviar un correo electrónico a andainapsm@gmail.com.

Ames – apertura inscrición nadal lúdico

Ábrese o prazo para inscribirse no programa de conciliación Nadal lúdico

O Concello de Ames oferta un ano máis o programa de conciliación Nadal lúdico. Deste xeito o Departamento de Educación do Concello abre o prazo para inscribirse neste programa co que ofrece unha alternativa que ademais de ocupar o tempo libre dos rapaces e rapazas dun xeito divertido e educativo, permita a nais e pais conciliar o seu traballo coas vacacións dos cativos. O prazo para apuntarse está aberto dende o día 1 ata o día 15 de novembro.

Co tempo de Nadal comezan as vacacións para os máis cativos, pero moitos pais e nais seguen traballando, polo que dende o Concello se leva a cabo unha clara aposta polos lúdicos para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Na páxina web do Concello de Ames están a disposición de todos os usuarios que desexen inscribirse no Nadal Lúdico as bases de funcionamento dos programas lúdicos, o impreso de inscrición, e a documentación e achegar para a bonificación das taxas. Os interesados tamén poden recoller esta documentación no Departamento de Educación en Bertamiráns, e na Oficina Municipal do Milladoiro. A entrega da documentación deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns e na Oficina Municipal do Milladoiro en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo en conta tamén que o Rexistro Xeral do Concello abre de luns a sábado e as Oficinas Municipais do Milladoiro, abren de luns a venres.

Os lúdicos de Nadal desenvolveranse os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30, de decembro de 2011, e os días 2, 3, 4, 5 de xaneiro de 2012. Nestas xornadas faranse diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e a aprendizaxe dos máis pequenos. O horario deste programa será dende as 7.30 ás 16.00 horas. Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro.

Para máis información:

web: www.concellodeames.org

correo electrónico:educacion@concellodeames.org

Teléfono da Concellería de Educación: 981 891 476

Psoe A Baña – festa outubro 2011

image

PSOE A BAÑA - FESTA OUTUBRO 2011

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PSOE A BAÑA - FESTA OUTUBRO 2011 DOS

Ordes – exposición do PXOM desde mañán

O Concello de Ordes exporá ao público o documento do PXOM dende o 2 ao 30 de novembro

O documento estará exposto antes da súa aprobación inicial para que os veciños poidan consultalo e facer suxerencias

Ordes, 31 de outubro de 2011: O Concello de Ordes exporá ao público o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal antes de que se leve a cabo a súa aprobación inicial. O alcalde, Manuel Regos, anunciou que o documento estará exposto no departamento de Urbanismo do Concello, situado no 3º andar da Casa Consistorial, dende o día 2 ata o 30 de novembro.

Durante este período estará aberto o prazo para que os veciños e veciñas do municipio realicen consultas e presenten as súas suxerencias. Tal e como explicaron dende o Concello, co fin de facilitar o labor de localización das fincas é preciso que os propietarios, na medida do posible, acheguen algún documento no que conste a referencia catastral das mesmas, documentos como o recibo do imposto de bens inmobles, fichas ou planos da concentración parcelaria, planos con referencias catastrais, etc.

Ordes – voluntarios verdes

Os voluntarios verdes de Ordes completaron esta fin de semana a limpeza do roteiro do río Mercurín

Con esta iniciativa o programa municipal de Voluntariado Verde segue a velar pola preservación do medio ambiente no municipio

Ordes, 31 de outubro de 2011: O Concello de Ordes, a través do programa Voluntariado Verde segue adiante cunha serie de iniciativas a través das que se pretende preservar o medio ambiente no municipio.

Así, o grupo de voluntarios que participan neste programa municipal, posto en marcha polo departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, completaron este sábado unha das actividades que desenvolveron durante as derradeiras fins de semana, a limpeza do roterio do río Mercurín.ORDES - VOLUNTARIOS VERDES

Esta iniciativa sumouse así a outras levadas a cabo xa por este grupo de voluntarios que utilizan o seu tempo libre durante as fins de semana para coidar o seu entorno. Actividades como a limpeza do río Mercurín o pasado 2 de outubro, enmarcada nunha iniciativa promovida por Adega dentro do Proxecto Ríos, e na que se recolleron máis de 200 kg de lixo.

Todos aqueles que estean interesados en participar no Voluntariado Verde de Ordes, todavía están a tempo de facelo, o único requisito, ter máis de 14 anos, debendo presentar os menores de idade unha autorización dos seus pais ou titores. As inscricións neste programa poden realizarse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello de Ordes, situado no primeiro andar da Casa Consistorial, ou ben chamando ao 981680002, ou a través do perfil de facebook “Voluntariado Verde Ordes”.

Santiago – axenda 2 de outubro

Mércores 2

11.30 h

No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presenta a Compostela Fashion Night. Estará acompañada de Jose Matteos, director da Galicia Fashion Week; José Antonio López, vicepresidente de Acotes; José Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental; e José María Fernández, presidente de Santiago Centro.

Federación galega de comercio – remate da campaña de compras no Milladoiro

Continúa en Milladoiro a campaña “As compras na túa vila teñen premio”

A Federación Galega de Comercio, e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais de Milladoiro (AEMI) continúan a desenvolver a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, ten lugar en Milladoiro dende o pasado día 24 de outubro e ata o venres 4 de novembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.

Os consumidores de Milladoiro están a mostrar un gran interese por esta campaña, presentando os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Manuel Murguía ou ás promotoras que se atopan polas rúas da vila, quenes lles entregan boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o vindeiro venres, 4 de novembro, na mesma Praza Manuel Murguía, dentro do programa dun Acto Final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademáis que os clientes que aportan ás promotoras o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e a Tarxeta Comercio, de Novagalicia Banco, duplican a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña está a ser publicitada nos establecementos de Milladoiro, que contan con carteis e reparten entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Este ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Milladoiro, contando para elo coa colaboración de AEMI, que preside Carlos Neira.

PROGRAMA FESTA FINAL DE CAMPAÑA

Venres, 4 de novembro. Praza Manuel Murguía- Milladoiro


12.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

 

17.00 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

18.30 h. Espectáculo de Maxia cómica “ Rey Midas “

 

19.30 h. Actuación Musical a cargo de Mariana.

 

20.00 h. Sorteo e entrega de 3.000 euros en premios.

Santiago - corte de tráfico na rúa Monte dos Postes

Con motivo das obras que se están a realizar na avenida do Camiño Francés para a construción dun túnel á altura da rúa Monte dos Postes, ésta terá cortado o acceso ao Camiño Francés, dende o día 2 ao 7 de novembro.

O tráfico será desviado pola rúa das Fontiñas e pola avenida Rodríguez de Viguri. Permitirase a circulación de vehículos e peóns entre estas dúas rúas.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiagoycomarca – obradoiro de caligrafía árabe no festival Amal

Onte tivo lugar no Hotel Araguaney un obradoiro de caligrafía árabe programado dentro do Festival Amal, impartido polo especialista en caligrafía e arqueólogo Dr. Thab Al Oumani.

O profesor insistiu na idea da caligrafía como unha arte abstracta, na que se poden comunicar emocións e sentimentos empregando os diversos estilos de escritura, o tempo que se busca un xeito propio de expresarse usando o que o Dr. Thab denominou frases sentimiento.FUNDACION ARAGUANEY - dr THab CALIGRAFIA ARABE con logo

Os orixes da caligrafía árabe remontaseo segundo milenio e situase en Siria. Os símbolos escribíanse de xeito vertical en tabletas de barro que logo se cocían. Os fenicios, comerciantes, modificaron o estilo pola dificultad que tiña usar ese método nos barcos que usaban. Foi nese intre cando pasouse a unha escritura lineal na que cada pobo engadiu ou quitou simbolos, segundo as suas necesidades das suas falas, xa que os fenicios non usaban das vogais.

Pouco a pouco apareceron sistemas de puntuación como o punto, a coma e os primeiros guions para chegar a unha escritura conectada.

Hoxe a Cufi e a caligrafía máis usada, aparece xa en algunas follas do Coran e mostrase en armonía cos elementos arquitectónicos nos que se representa.

A Cufi adoita usar distintos estilos como o Thulut, Nasj, Nasta Leeq, Diwani, Ruq áa, ainda que cada un deles usa unha escala na que se toma coma unidade de media o punto, o rombo que se dibuxa co Qalam, segundo o seu grosor. O corte do Qualam, utensilio usado no obradoiro para facer as prácticas, e importante xa que ten que estar acorde co tamaño da man que o use, e co grosor do estilo que se use- A estas características hai que engadir o papel, tratado especialmente con elementos naturáis como a clara de ovo, mezclada con alumbre para conservar a albúmina, e a tinta con mezclas de varias texturas para conseguir un suave deslizamento no papel; ferramentas que fan da caligrafía árabe un xeito de realizar fermosas obras de arte. FUNDACION ARAGUANEY - COLLAGE TALLER CALIGRAFIA ARABE con logo

A caligrafia árabe e un acto de meditación, na que se busca a armonía usando a simetría do espello, a medida do perfecto e as diversas técnicas da que dispon pero sobor de todo e un acto de paciencia na sua aprendizaxe.

O Dr. Thab transmitiu a sua pasión pola caligrafía árabe incidindo na sua faciana máis artística, a mesma que a leva a ser conocida en todo o mundo e a ser usada por tódalas culturas. Esa pasión axudou a crear un ambiente tranquilo e relaxado entre os asistentes; con distintas motivación para acudir o taller e distintos graso de coñecementos os alumnos poideron regresar a un tempo sen ordenadores, onde a expresión dos xestos humans sobre o papel era unha das cousas máis fermosas coas que transmitir as ideas, as emocions, ou os sentimentos, sensacions todas que permanecen ainda hoxe en día

Melide – reunión con tratantes e gandeiros

Ánxeles Vázquez mantén unha reunión in situ con tratantes e gandeiros para impulsar o mercado do gando en Melide.

 

  • A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, previa reunión cos gandeiros e tratantes da zona, trasmite as necesidades dos mesmos e das instalacións de venda de gando melidenses a Medio Rural.
  • A feira do gando, que actualmente se celebra o último domingo de cada mes rexistrou un aumento no número de cabezas de gando vendidas, o que leva a conclusión da importancia económica da cría de gando na economía de Melide e dos seus arredores.

Melide, 29 de outubro de 2011.- A alcaldesa de Melide, manterá unha reunión in situ cos empresarios agrarios que venden o seu gando na feira de Melide co fin de estes lle trasmita á rexidora o estado do negocio de venda de cabezas de gando na comarca de Melide. Así mesmo, debido a recuperación que está a experimentar este tipo de comercio gandeiro, Ánxeles Vázquez informará igualmente a autoridade competente na materia das posibilidades de mellora que se barallan para os pavillóns onde actualmente se realiza a feira do ganado. Igualmente, debido ao auxe deste comercio, estudase a opción de recuperar o mercado do gando tamén a primeira quincena de cada mes, como tradicionalmente se viña facendo anos atrás, ademais dos tres mercados maila feira grande. Segundo palabras da alcaldesa de Melide, a importancia económica do agro no noso concello é unha alternativa de vida que non pode deixarse esmorecer; de aí o compromiso firme polo impulso do comercio gandeiro melidense como pulmón económico da comarca.

Fundación Araguaney – palmarés festival AMAL

Palmarés do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011

Santiago de Compostela, Sábado 29 de Outubro de 2011. Tras unha semana de proxeccións exhibidas na Galería Caroní da Fundación Araguaney e o Teatro Principal, en sesión diarias de 12,00; 18,00; 20,00; 22,00 e 00,00 horas, podemos dicir que o Festival Amal foi todo un éxito. Con algo máis de 3.500 espectadores en total, o que fai una media de 700 asistentes diarios, a organización está máis que satisfeita pola participación do público. Participación á que habería que engadir o elevado número de persoas que formaron parte do festival dende outros puntos, coma foron os obradoiros de cociña, danza e caligrafía; o concurso de curtas Amal Express ou o Concurso Dar no Cravo.

Pasamos a comentar o palmarés do festival.

En Santiago de Compostela, o día 27 de outubro de 2011 reuniuse no Hotel Araguaney, o xurado da IX Edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, composto por:

- Dna. Yasmine Al Massri, Presidenta do xurado

- D. Haizam Amirah Fernández

- Dna. Najla Said

- D. Michael Desante

- Dna. Montse Besada

-Dna. Emma Lustres

-D. Abdulhamid Juma

e Coralie Yap-Chine, Coordinadora do Festival, presente como secretaria do xurado na reunión, con voz pero sen voto. O xurado reunido para a ocasión, procedeu a decidir ós premiados correspondentes a esta IX Edición nas seguintes categorías:

Mellor longametraxe de ficción: 5.000 € e trofeo.
Mellor longametraxe documental: 3.500 € e trofeo.
Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 € e trofeo.
Mellor curtametraxe documental: 1.200 € e trofeo.
Mellor director: 4.000 € e trofeo.
Mellor actriz: Trofeo
Mellor actor: Trofeo

- Mellores longametraxes de ficción ex aequo as películas “Cairo exit”, de Hessham Issawi (“A Saída do Cairo”) e “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.

- Mellor longametraxe documental a película “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”), de Giulia Amati y Stephen Natanson.

- Mellor curtametraxe de ficción: “Courte Vie” (Unha vida curta), de Adil El Fadili.

- Mellor curtametraxe documental: “Al Madina”, de Gonzalo Ballester.

- Mellor Actor: Yasser Taleeb pola súa interpretación en “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.

- Mellor atriz: Marhyam pola súa interpretación en “Cairo Exit” (“A Saída do Cairo”), de Hessham Issawi.

- Mellor director: Mohamed Al-Daradji por “Son of Babylon”.

- Premio da TVG: “Todos vós sodes capitáns”, de Oliver Laxe.

- Premio do público: “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”) , de Giulia Amati y Stephen Natanson.

- Premio “Amal Express”: “(S)alas de revolución”, de Carlota Mosquera Rodríguez.


Palmarés del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011

Santiago de Compostela, Sábado 29 de Octubro de 2011. Tras una semana de proyecciones exhibidas en la Galería Caroní de la Fundación Araguaney y el Teatro Principal, en sesiones diarias de 12,00; 18,00; 20,00; 22,00 y 00,00 horas, podemos decir que el Festival Amal fue todo un éxito. Con algo más de 3.500 espectadores en total, lo que hace una promedio de 700 asistentes diarios, la organización está más que satisfecha por la participación del público. Participación a la que habría que añadir el elevado número de personas que formaron parte del festival desde otros puntos, como fueron los talleres de cocina, danza y caligrafía; el concurso de cortos Amal Express o el Concurso Dar no Cravo.

Pasamos a comentar el palmarés del festival.

En Santiago de Compostela, a día 27 de octubre de 2011, se reunió en el Hotel Araguaney, el jurado de la IX Edición del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, compuesto por:

- Dña. Yasmine Al Massri, Presidenta del jurado

- D. Haizam Amirah Fernández

- Dña. Najla Said

- D. Michael Desante

- Dña. Montse Besada

-Dña. Emma Lustres

-D. Abdulhamid Juma

y Coralie Yap-Chine, Coordinadora del Festival, presente como secretaria del jurado en la reunión, con voz pero sin voto. El jurado, reunido para la ocasión, procedió a decidir los premiados correspondientes a la IX Edición en las siguientes categorías:

Mejor largometraje de ficción: 5.000 euros y trofeo.

Mejor largometraje documental: 3.500 euros y trofeo.

Mejor cortometraje de ficción: 1.200 euros y trofeo.

Mejor cortometraje documental: 1.200 euros y trofeo.

Mejor director: 4.000 euros y trofeo.

Mejor actriz: Trofeo

Mejor actor: Trofeo

- Mejores largometrajes de ficción ex aequo: las películas “Cairo exit”, Hesham Issawi (“La Salida de El Cairo”) y “Son of Babylon”, Mohamed Al Daradji.

- Mejor largometraje documental: la película “This is my land, Hebrón” (“Esta es mi tierra, Hebrón”), de Giulia Amati y Stephen Nathanson.

- Mejor cortometraje de ficción: “Courte Vie” (“Una vida corta”), de Adil Al Fadili.

- Mejor cortometraje documental: “Al Madina”, de Gonzalo Ballester.

- Mejor Actor: Yasser Taleeb por su interpretación en “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.

- Mejor atriz: Marhyam por su interpretación en “Cairo Exit” (“La Salida de El Cairo”), de Hesham Issawi.

- Mejor director: Mohamed Al-Daradji por “Son of Babylon”.

- Premio de la TVG: “Todos vosotros sois capitanes”, de Oliver Laxe.

- Premio del público: “This is my land, Hebrón” (“Esta es mi tierra, Hebrón”), de Giulia Amati y Stephen Nathanson.

- Premio “Amal Express”: (S)alas de revolución, de Carlota Mosquera Rodríguez.

BNG A Estrada – o pp tira o lixo 129.000 euros

O PP tira ao lixo 129.000 € do aplicativo de administración electrónica que contratou en 2006
En 2005 o PP tamén contratara por 247.000 euros o portal municipal, que foi substituído en 2010 por un libre e gratuíto, e o goberno popular  xa está pensando en cambialo, evidentemente por outro privativo e caro de manter
O PP ameaza con recortes nos servizos sociais, na recollida do lixo, etc, para subir a contribución un 60% para a continuación deixar tirado nun caixón o aplicativo de administración electrónica que custou 129.000 euros en 2006

A Estrada, 29 de outubro de 2011: Segundo noticias aparecidas onte na prensa o alcalde da Estrada, o popular José López ten dentro dos seus obxectivos a implantación da administración electrónica, que segundo o mandatario local, diminuiría “notablemente o consumo de papel”.
A este respecto o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, declarou aos medios da localidade que “o aforro en papel paréceme correcto, todo o que se aforre é benvido, é paréceme unha boa media a implantación da administración electrónica, algo que o BNG demandou en múltiples ocasións no seo da Fundación Cultural A Estrada encargada da súa implantación”.
“Pero o que é de escándalo”, engadiu Xosé Magariños, “é que despois de case 5 anos da adxudicación do contrato de administración electrónica feita polo Partido Popular en 2006, un proxecto que custou 129.000 euros, se veña agora a dicir que a implantación está a anos luz, e que se barallan outras alternativas”.
“Pero non se queda aí a cousa”, explicou o concelleiro nacionalista, “en 2005 o PP tamén contratou por 247.000 euros o portal municipal, que foi substituído en 2010 por un libre e gratuíto, e o goberno municipal xa está pensando en cambialo, evidentemente por un privativo e cun mantemento caro”.
“O PP ameaza con recortes nos servizos sociais, na recollida do lixo, etc, para subir a contribución un 60% para a continuación deixar tirado nun caixón o aplicativo de administración electrónica que custou 129.000 euros en 2006”, explicou Xosé Magariños.
“O alcalde e o PP falan de austeridade, pero son os campións do despilfarro“, explicou Magariños, "porque os estradenses deben saber que o proxecto A Estrada Dixital custou ás arcas públicas máis de 4 millóns de euros, e despois desta enxurrada de cartos gastados en trebellos electrónicos de todo tipo, hoxe, en 2011, non queda practicamente nada en pé, coa única excepción da rede wifi”.
O concelleiro do BNG rematou as súas declaracións aos medios pedindo unha explicación do alcalde das razóns pola que se desbota o aplicativo da administración electrónica contratado en 2006.
“Aquí hai dirimir responsabilidades, porque non é de recibo tirar cos cartos, nun contexto de crise económica e máis cando se acaba de aprobar subir os impostos aos veciños e veciñas da Estrada” rematou dicindo o portavoz do BNG.

Santiago – ampliación do horario do cemiterio polo día de difuntos

Ampliación do horario de apertura do cemiterio e reforzo do transporte urbano con motivo de Todos os Santos e Defuntos

A concelleira de Sanidade, María Castelao, visitou o cemiterio de Boisaca

29/10/2011 Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o horario de apertura do cemiterio de Boisaca será de 9.00 a 19.00 horas ata o 2 de novembro. Ademais, polo notable incremento de visitantes deste cemiterio nestas datas, reforzarase o servizo de transporte urbano.

Nos nove primeiros meses de 2011, o cemiterio de Boisaca rexistrou un total de 291 inhumacións e 61 incineracións. Na totalidade do 2010 realizáranse 391 inhumacións e 63 incineracións.
Os datos xerais do cemiterio indican que na actualidade conta con 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos. Ata o 30 de setembro, houbo un total de 61 novas ocupacións: 31 nichos en aluguer, 3 nichos en concesión, 22 sepulturas en concesión e 5 cinerarios en concesión. En todo 2010 foran 69 as novas ocupacións.
Nestes intres están libres 25 nichos, 365 nichos cinerarios e 125 sepulturas a construír. O cemiterio de Boisaca ten unha superficie total de 66.000 metros cadrados, dos cales 2.800 son terreo propio.
Tarifas
Na actualidade, as taxas pola utilización do cemiterio son as seguintes:
- Concesións de terreo, para construción de mausoleos, criptas e panteóns: 625,20 €
- Concesión de nichos por 99 anos:
Primeira clase: 817,30 €
Segunda clase: 775,70 €
- Concesións de nichos cinerarios por 99 anos: 148,10 €
- Concesións de sepulturas por 99 anos: 240,30 €
- Aluguer de nichos segunda clase:
Ocupación polos cinco primeiros anos: 27,80 €
Prórroga anual de aluguer que exceda de cinco anos: 27,80 €
- Construción de mausoleos, panteóns, criptas sepulturas baixo terra.
Por permiso e metro cadrados ou fracción de superficie delimitada
por perímetro de zócolo: 36,80 €
Autobuses
Con motivo da festividade de Todos os Santos e Defuntos, a liña 1 do transporte urbano verá reforzados os seus servizos no horario de apertura do Cemiterio de Boisaca.
• Luns día 31 de outubro: a frecuencia da liña será de 16 minutos.
• Martes 1 de novembro: a frecuencia da liña será de 16 minutos entre as 09:00 h. e as 20:00 h.; O resto do día os horarios serán como un día festivo.