Pacto x Ames esixirá por escrito e no vindeiro pleno do día 31 responsabilidades ao goberno de Ames por tinguir de azul o entorno do pedregal e non facer un mínimo control das actuacións que se fan nas propias instalacións deportivas do concello.
O vertido ven motivado por unha actuación que se está a realizar na pista de tenis da zona deportiva de Bertamiráns, onde tamén está o pavillón, a piscina e o campo de fútbol.
Como se pode apreciar nas fotografías tomadas no dia de onte e hoxe (21 e 22 de marzo) pódese apreciar o regueiro dunha sustancia azul que foi a desembocar ao río do Pedregal.
PxA considera lamentable a pouca sensibilidade do tripartito polo medio ambiente ao non poñer os medios preventivos para evitar esta contaminación que se leva facendo al menos, dende hai 3 días.
Pacto X Ames pedirá responsabilidades ao Alcalde como responsable da delegación de deportes no próximo pleno e esixirá unha investigación a fondo sobre este vertido continuado para que se tomen as medidas legais oportunas e para dirimir responsabilidades a este atentado ecolóxico nunha zona especialmente sensible como é o Pedregal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario