Pacto X Ames en contra da renovación das escolas deportivas a empresa EULEN

Ames, 22/07/2016 - En pouco máis de un ano de goberno o tripartito pasou de promover a reprobación da anterior concelleira de deportes, a ser o máximo valedor da empresa Eulen, a concesionaria das escolas deportivas de Ames. Ese ó o viraxe de 180 grados que o alcalde socialista, José Miñones, realizou en pouco máis de un ano de goberno.
Na páxina web dos socialistas de Ames en Xaneiro de 2014 titularon textualmente “Cualifican de estafa aos amienses a adxudicación das escolas deportivas municipais” Pacto X Ames considera unha absoluta falta de respecto as persoas de Ames a actuación inmoral do goberno tripartito que dicía unha cousa na oposición e agora fai a contraria.

Ademais, o goberno tripartito, sobe os prezo das escolas deportivas entre un 185% e un 234% segundo sexan maior ou menor de 18 anos. No apartado económico tamén é especialmente rechamante ver como o Alcalde Miñones, cando estaba na oposición, criticaba duramente o aumento de prezos das escolas deportivas así como a xestión de Eulen e agora son eles os que eleva entre un 185% e un 234% o prezo. 

Cando estaban na oposición foron os promotores da reprobación á anterior concelleira pola deficiente xestión de Eulen ao fronte das escolas deportivas e como consecuencia Eulen foi sancionada con 4.500€ e agora o tripartito convertese no seu máximo valedor prorrogando 1 ano máis a concesión a esta empresa.

A falta de ética política queda de manifesto tanto por parte do tripartito como do actual alcalde de Ames José Miñones, xa que fan todo o contrario do que prometeron na oposición, onde criticaron duramente a subida de 16 a 32€ e agora elevan os prezos entre un 185% e un 234% segundo sexas maior ou menor de 18 anos (75€ ou 60€ respectivamente), o que demostra que unha cousa é predicar e outra ben distinta, dar trigo.

Pacto X Ames considera que o goberno tripartito está perdendo o rumbo nos últimos tempos. Prometeron a municipalización dos servizos como a xestión do saneamento e abastecemento, a limpeza viaria e fixeron todo o contrario.

Prometeron uns orzamentos con participación cidadá e co máximo consenso entre os grupos municipais e fixeron todo o contrario, e aínda non foron capaces de sacalos adiante.

Prometeron o máximo consenso nas decisións importantes que afectaran ao concello aprobando unha RPT sen consenso dos sindicatos, sen consenso dos grupos políticos e suprimindo postos de traballo á vez que crean unha praza máis de arquitecto e unha habilitación nacional, cun custe de 60.000€ ao ano.

A nova xestión das escolas deportivas proposta por Miñones será unha mestura complexa de xestionar xa que, por un lado convenia con 7 clubs e por outro segue a xestión do concello. 

Por se isto foran poucos despropósitos, tamén anulan as bonificacións ao segundo fillo e terceiro e sucesivos. Cando antes o segundo fillo pagaba case a metade e o terceiro e sucesivos o 75% menos, agora fan táboa rasa e pagan todos os membros a mesma cantidade, salvo as familias numerosas que teñen unha pequena bonificación.

Ningún comentario: