Ames, 05/08/2016 - Pacto X Ames presentou esta mañá por rexistro o documento coas alegacións á RPT aprobada cos votos en solitario de PSOE-BNG-PODEMOS. Un documento no seu primeiro punto solicita a anulación completa.
A anulación ben motivada porque a modificación aprobada en pleno supón unha porta aberta aos conflitos xurídicos e como consecuencia a elevadas indemnizacións, supón a creación dun posto de traballo de alto nivel como é a praza de Secretaría Adxunta con un importe anual de 60.000 € a costa de amortizar dou postos de traballo da brigada municipal e do servizo de limpeza.
Ademais xa está provocando danos colaterais como o problema do conserxe de Ventín e a rebaixa salarial de, al menos, dous traballadores, incumprindo así o precepto da anterior RPT no seu punto 5 que di textualmente “Non obstante, a RPT garantirá o mantemento do nivel retributivo de tódolos traballadores do Concello de Ames, así, no suposto de que as retribucións dun posto de traballo (o complemento de destino ou complemento específico) sufran unha minoración como consecuencia da aprobación da RPT, asignaráselle ó traballador que o veña ocupando un Complemento Persoal Transitorio (CPT) nos termos que prevé a Disposición Transitoria de LMRFP.”
Esta modificación supón ademais que os colectivos de traballadores como os da Escola Municipal de Música, os dos Comedores Escolares, os da Biblioteca, ou os de departamentos como Intervención, Contratación, Secretaría e outros, non figuren na RPT. Supón tamén unha maior carga de traballo para a Policía Local que terá que realizar, a maiores, labores de inspección urbanística. Se temos en conta que Ames está lonxe da ratio de un policía cada 1.000 habitantes (nestes momentos supera o 1 a 1.200), o servizo resentirase necesariamente.
A RPT aprobada esquécese da carreira profesional, non fai unha valoración axeitadas dos postos de traballo e omite a promoción interna, cuestión que dende PxA considérase que debería ser anterior.
De igual xeito, o tripartito utilizou como escusa a adaptación da RPT á Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia que esixe que todos os postos de traballo teñan dotación orzamentaria para non aprobar os orzamentos e resulta que o informe de intervención sinala claramente que hai postos sen dotación orzamentaria, cuestión irregular e que demostra que se non sacan os orzamentos é por outros motivos que nada teñen que ver coa aprobación dunha RPT, que ademais, non cumpre coa Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia.
PxA fai un chamamento ao resto dos partidos da oposición, que coa súa abstención facilitaron a aprobación desta RPT, para que rectifiquen, e no pleno correspondente á resolución das alegacións se manifesten en contra dun documento que non cumpre, nin de lonxe, as espectativas dun concello como o de Ames.
Ningún comentario:
Publicar un comentario