Dende Pacto X Ames apostamos por unha dinamización comercial 2.0, coa creación dunha plataforma enlazada á web municipal como guía comercial constantemente actualizada, en colaboración e apoio ás asociacións de empresarios e comerciantes.
Co propósito de apoiar ó comercio amiense, dende o Concello ofreceremos unha colaboración máxima nos eventos propostos por ditas asociacións,
como é o caso da Feria do Comercio.
Esta actividade podería complementarse con feiras sectoriais e mostras específicas, potenciación da gastronomía e hostalería… e todo tipo de actos desta índole, que teñen un gran poder de dinamización e repercuten nun aumento do consumo e un relanzamento do comercio.
Tamén favorecemos a realización de ciclos ou concertos en cafés de grupos locais, de nova creación, monólogos, etc, para promocionar o talento local ó tempo que se potencia o consumo nos lugares que os acollan, que recibirían apoio por parte do Concello.
Asesoramiento profesional a negocios e tendas
Dende Pacto x Ames ofreceremos asesoramento profesional ós negocios e tendas de Ames, para potenciar a súa viabilidade económica e financieira.
Prestaremos un servizo acompañado por unha plataforma on-line, un teléfono dispoñible, e un servizo de asistencia para dar o apoio necesario nas áreas imprescindibles dun pequeno negocio.
Impulsaremos tamén as subvencións nominativas para axudar ás asociacións de comerciantes e empresarios na súa tarefa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario